abril 21, 2016

"D QUIJOTE" EN REALIDADE AUMENTADA

REALIDADE AUMENTADA
CON AURASMA

Pois esta foi a sorpresa coa que nos atopamos na biblio despois da Lectura Compartida das Aventuras de D.Quijote. O libro do expositor agachaba unha sorpresa na súa portada : O episodio en debuxos animados da aventura dos muíños que acabábamos de ler.




abril 18, 2016

SEMANA DO LIBRO

Co gallo da celebración do Día do Libro durante esta semana realizaremos diversas actividades para conmemorar esta data.
Coñeceremos os aspectos máis relevantes da vida de Miguel de Cervantes a través de actividades Lim, lecturas na biblio e na aula, exposición de traballos, concursos...

Na "Hora de Ler" a través de lecturas compartidas , coñeceremos a figura e as aventuras e desventuras de "D. Quijote" , con sorpresa final!!!

O mércores, sesión de contacontos para todo o alumnado. A compañía "Os Sete Magníficos máis un" baixo a dirección de Avelino González achégase ata o noso cole co espectáculo "A Historia de Brancaflor", un conto máxico sobre a forza do amor.

O venres, actividades conxuntas para todos os nenos e nenas , na que realizaremos un taller cervantino onde elaboraremos unhas fantásticas gorgueras. Traballaremos en pequenos grupos mesturando as idades e nas que os maiores farán de guías ós máis pequenos/as.

E para o resto da comunidade educativa, estades todos e todas invitados a facer "Un selfie con D.Quijote" e que o compartades nas vosas redes sociais.

"El que lee mucho y anda mucho, ve mucho y sabe mucho" Miguel de Cervantes.

FELIZ SEMANA DO LIBRO

abril 15, 2016

Máis poemas en abril

Despois de escoitar ós compañeiros de 6º ler os seus poemas ,os nenos e nenas de 4º tamén quixeron facer as súas composicións e presentalas na biblio ó resto do cole. Prepararon a exposición e o resultado foi excelente.

Penso que aquí tamén hai grandes escritores e escritoras!!!
Parabéns!!!

abril 10, 2016

SEMANA DA PRENSA

Que é unha portada? e un pé de páxina ? unha editorial? e unha edición?

Estas e moitas preguntas máis tiveron que contestar durante esta semana os rapaces e rapazas sobre os xornais.
A partir dun caderniño, elaborado polo Equipo de Biblioteca , traballaron cos xornais e coñeceron un pouco máis a fondo o mundo do xornalismo.




abril 08, 2016

Lectura de Haikus na biblio




Despois da homenaxe a Lorena os seus compañeiros e compañeiras tamén quixeron ler as súas creacións a todo o cole.

PARABÉNS PARA TODOS E TODAS POLO BO TRABALLO.
   







                                                                                                                                                                                                                                                                 

abril 07, 2016

En abril, poemas mil

Pois si, en abril poemas mil e ademais estamos de celebración .Lorena Álvarez de 6º foi a gañadora do Certame de poesía do Concello de Mugardos e o pasado sábado 2 de abril recolleu o premio no Concello. Ó acto tamén asistiron moitos dos seus compañeiros e compañeiras a recoller o seu diploma por ter participado no concurso.
Pois como non íamos ser menos, no cole tamén tivo a súa homenaxe.
Escoitamos encantados o seu poema e recibiu as nosas felicitacións.

MOITÍSIMAS FELICIDADES LORENA E QUE SE CUMPLA O TEU SOÑO DE SER ESCRITORA. ESTE XA É UN BO COMEZO!!!!!!