abril 26, 2018

AÍ VÉN O MAIO : ENCONTRO COS NOSOS MAIORES

En Mugardos celebrábase a festa dos Maios? Pois quen mellor que os nosos maiores para contalo.

O xoves 26 de abril tivemos o gusto de contar na nosas biblioteca coa visita de cinco persoas maiores, algunhas delas avós e avoas de alumnas do cole, para contarnos como celebraban elas de nenas a festa dos Maios. Ademais contáronnos como era o colexio da súa nenez e a que xogos xogaban na escola e nas rúas.

Queremos agradecer á Asociación Cultural Apelón que fixeran posible este entrañable, interesante e enriquecedor encontro.
Esperamos que non sexa o último.

Moitísimas grazas a todos e todas.

abril 25, 2018

AÍ VÉN O MAIO : Na procura de información

Que son os Maios? Cando se celebran os Maios? Dende cando existe esta festa? En Mugardos tamén se celebraba?...
Todas estas preguntas e moitas máis andan estes días de abril percorrendo todas as aulas do noso colexio.
Na biblioteca temos na mesa de exposicións unha selección de material relacionado cos Maios para encontrar respostas a todas esas preguntas que roldan nas nosas cabezas sobre esta celebración.

abril 24, 2018

DÍA DO LIBRO : APADRIÑAMENTOS LECTORES

Un ano máis sacamos os libros ó patio e disfrutamos dun espectacular día cos nosos compañeiros e compañeiras e dunhas fantásticas historias.

Ademais contamos cunha sorpresa....un agasallo mooooi especial!!!!

Feliz día a todos e todas!!!!

abril 23, 2018

ENCONTROS NA BIBLIOTECA : BEATRIZ MACEDA

Hoxe , día do libro, contamos na nosa biblioteca coa visita da escritora e antiga mestra deste colexio, Beatriz Maceda.
Beatriz estivo cos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria para charlar sobre o seu libro "O album de Garrincha" que tanto gustou a todo o noso alumnado.
Neste encontro tivemos a oportunidade de coñecer mellor a Beatriz na súa faceta de escritora así como ós personaxes do seu libro.

Grazas, Beatriz ,
por compartir con todos nós un día tan especial na nosa biblioteca que sempre será tamén un pouquiño túa.

abril 22, 2018

DÍA DO LIBRO 2018 : MANIFESTO POR FRAN ALONSO

Díptico enviado pola Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia

abril 12, 2018

POEMANDO : POEMAS E ROBÓTICA

Temos na biblioteca novas plantillas para os nosos robots; desta volta a temática son.... OS POEMAS 

                                                                                               ...anímaste ?
     
                              ....pois pásate pola biblio e proba!!!!

abril 10, 2018

POEMANDO : MÚSICA E POESÍA

Hoxe o noso tendal poético converteuse nun escenario de luces, sombras e música en directo a cargo dos nosos alumnos para acompañar o recital de poesía.

FERMOSO, MOI FERMOSO....!!!!