marzo 31, 2020

SOFÁ E MANTA. FÁBRICA DE LUZ 1



PROPOSTA : DESFRUTA CON ESTES VIDEOS QUE XA COÑECES DO COLE




E...NON LLES PERDAS A PISTA...ESPERAMOS VOS GUSTEN

marzo 30, 2020

SOFÁ E MANTA . COCIÑA CON REBECA

Que imos comer mañá?
 A eterna pregunta que todas e todos nos facemos .Pois a comida de mañá xa está solucionada.
Presta moita atención ao vídeo que nos enviou Rebeca, segue as instrucións e....

                                BO PROVEITO


Grazas Rebeca .
Esperamos as vosas receitas en video ou en papel .
Animádevos.
O venres máis.

SOFÁ E MANTA. MÚSICA COMPARTIDA 1

Esta semana o SOFÁ E MANTA vai ser moi musical. 
Esta semana imos propoñervos...
             escoitar para cociñar
                           ou 
                             cociñar e escoitar. 
A nosa primeira proposta e dun grupo de música infantil galego que coñeceredes todos e todas vós , chámase 

MAMÁ CABRA.

Esta é a súa proposta musical para cociñar :




PROPOSTA : COCIÑAR PARA COMPARTIR

Queredes compartir as vosas receitas con nós?
MARTINA M. de 1º de Ed. Primaria xa nos mandou a súa .

Mandádeas ao correo  da biblio : bibliounionmugardesa@gmail.com, e o venres disfrutaremos de todas para poder practicar na casa.

marzo 29, 2020

SOFÁ E MANTA . GALICIALE EN ABERTO

SOFÁ E MANTA . DEBUXA A UNHA PROFE

DEBUXA A UNHA PROFE , esta era a proposta do pasado xoves de SOFÁ E MANTA.
Pois xa temos a primeira que nos enviou Bea.
Parabéns Bea , eres toda unha ARTISTA!!!!


Foto enviada por Bea
Anímate e envíanos a túa.

marzo 27, 2020

SOFÁ E MANTA. LECTURAS COMPARTIDAS 5

Hoxe o  noso espazo de Lecturas Compartidas  é moi especial. 
 Hoxe temos todas as vosas creacións que ao longo da semana fúchedes enviando ao correo da biblio ou aos comentarios do blog.
Pois imos disfrutar deste momento!!!!!!


ANA P.
REBECA REQUEJO 4ºE,P,

                                 

                                           
                                     VALENTE
                EMPONDERADA
                NECESARIA E
                UTIL
ASÍ É A  SABEDORÍA
                         Pili





             SEMPRE
             ARREDOR
             TODOS
             UNIDOS
             RESISTIREMOS
             NESTA
             ORBITA
                  Mónica 




TEMPO
ESPECIAL
RIES
RAPAZA
ALEGRE
                       Bea



Cuqui


CANDELA 2º E.P.

Buscan un fogar por entre as fragas e montes,
montes, camiños e leiras.
Ole a calor
o sol enche de alegría
ESTOU.
                       Cuqui


Rebeca Requejo 4º E.P.

Ás plantas que coida a nena,
lánzanse na procura de novos horizontes.
Tódalas plantas buscan un fogar por entre as fragas e montes.
Chega a luz e o caloriño,
nace unha flor.
Coa luz renacen as flores , 
ole a calor.
                                                  Bea

Adiviña,Adiviña


Leva unha rocha ás costas
disque se chama menhir,
non necesita de pócemas
e o seu can responde a Idefix.

Cuqui

marzo 26, 2020

SOFÁ E MANTA . LECTURAS COMPARTIDAS 4


Atención, atención!!!!
Hoxe temos Karaoke.
Todos e todas preparados e preparadas.
Afinade as vosas gorxas e ....3, 2, 1
            comezamos!!!!!




OBRADOIRO DE DEBUXO 

Leandro debuxou así a Dona Caterina,




serías quen de facelo ti?
 ou
 prefires debuxar a unha profe do cole ?
Esperamos os teus debuxos no correo da biblio : bibliounionmugardesa@gmail.com

marzo 25, 2020

SOFÁ E MANTA . LECTURAS COMPARTIDAS 3

25 de abril de 1927
24 de marzo de 2020









Hoxe o noso "Sofá e Manta" está adicado a Albert Uderzo  .  Gran debuxante e guionista de historietas francés . A súa serie máis coñecida é Ásterix , creada en 1959 xunto co guionista René Goscinny.







Queres coñecer aos personaxes principais que acompañan a Astérix na súas aventuras? Pois segue lendo ...




Astérix: é un dos protagonistas principais, caracterízase pola súa astucia e a súa baixa estatura. É o mellor amigo de Obélix e adquire unha forza sobrehumana ao inxerir a poción máxica.







Obélix: é repartidor de menhires e caracterízase por non necesitar a poción máxica debido a que caeu na marmita sendo un neno. Sempre vai acompañado do seu can Idefix.




Panorámix: o sabio e respectado druída da aldea gala, é o que prepara a poción que confire forza sobrehumana aos galos.




Abraracúrcix: é o xefe da aldea que adoita ser transportado sobre un escudo.





Asurancetúrix: o bardo da aldea, soada pola súa estridente forma de cantar. Tanto é así que é frecuentemente amordazado para que non cante.



Falbala: é unha gala que volve á aldea tras estar estudando en Condate. Obelix namórase dela.






Xulio César: principal antagonista, é o famoso xeneral romano aínda que representado cun toque humorístico.




OBRADOIRO DE ESCRITURA . ADIVIÑAS

Pois a proposta de hoxe e que inventes unha adiviña sobre un destes personaxes dos libros de Astérix.


Escríbeo nunha folla e mándao ao correo :  bibliouniomugardesa@gmail.com ou escríbeo aquí abaixo en comentarios.

marzo 24, 2020

SOFÁ E MANTA. LECTURAS COMPARTIDAS 2




Ábrese un gromo
nace unha flor
a primavera
ole a calor.
Tódalas plantas
falan
de amor.
Primaveiriña,
que ledo
  estou!!
ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO


Por terra, mar e aire as sementiñas viaxeiras
lánzanse na procura de novos horizontes.
Buscan un fogar por entre as fragas e montes,
búscano avanzando ben dispostas e lixeiras.
                                                          YOLANDA CASTAÑO


Baixou o sol raioleiro,
foise pousando nas tellas,
chega a luz e o caloriño
ás plantas que coida a nena,
porque do traballo sae
toda esta linda beleza.
Coa luz renacen as flores
e hai vida e amor na terra,
o sol enche de alegría
montes, camiños e leiras.
                                                 NEIRA VILAS


OBRADOIRO DE ESCRITURA .PROPOSTA:   Facer un centón
E preguntarédevos que é un centón ,  pois un centón según a RAG é "unha obra literaria ou musical constituída por fragmentos de distintos autores ou por distintos fragmentos dun mesmo autor"; ou dunha autora por suposto.
Pois entón mans á obra .Volve ler os tres poemas , selecciona os versos que máis che gusten dos tres poemas, ordeaos do xeito que ti queiras e xa estará feito o teu centón.
Escríbeo nunha folla e mándao ao correo da biblio bibliouniomugardesa@gmail.com ou escríbeo aquí abaixo en comentarios.

marzo 22, 2020

SOFÁ E MANTA .LECTURAS COMPARTIDAS 1

Un poema para ler, recitar, rapear, cantar, palmear...
disfrutar e compartir

UN VERSO PARA CANTAR
PEPE CÁCCAMO
A CANCIÓN DO UNIVERSO.
                   UN POEMA
PARA SOÑAR CO SISTEMA SOLAR.

SAÍRON OS PLANETAS
  DUNHA MALETA?

    NON. QUE NON.
        ELES SON
ANACOS DE EXPLOSIÓN
DUNHA NEBULOSA ROSA.

  OBRADOIRO DE ESCRITURA .PROPOSTA:   Facer un acróstico
 Lembra que un acróstico é  unha composición na que as letras iniciais, medias ou finais dos versos, lidas en sentido vertical forman unha palabra ou unha frase.Por exemplo:
Fermosas                   Perfecta                
Lilas                          Obra
Orquídeas e                Escrita
Rosas                        Solitaria
                                   Ideal
                                  Alegre
E agora serías quen de facer un acróstico co nome dun PLANETA?
Queres compartilo con todos nós? Envíao ao correo da biblio bibliouniomugardesa@gmail.com ou escríbeo aquí abaixo en comentarios.
Esperamos os teus acrósticos para publicar no blog.

5 motivos para ler POESÍA

Cinco motivos para ler poesía 
FRAN ALONSO


1.- A POESÍA É UNHA BARRICADA DE PALABRAS REBELDES que ilumina o camiño da vida e deita luz sobre o mundo. A poesía non morde, non manca e, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, nin cursi, nin difícil. E hai moitos tipos de poesía para que elixamos.


 2.- A POESÍA SERVE PARA LER, CANTAR, DISCREPAR, BERRAR, RECITAR, rapear, musicar, declararse, rebelarse contra o mundo ou unicamente para falar suave á orella. Tamén é un somnífero para durmir ben, unha pastilla sen química que mellora a saúde e o benestar e aguiza o pensamento. Serve, sobre todo, para explicar as razóns e as emocións que non veñen no dicionario.


 3 .-OS POEMAS SON COMO CAIXAS DE FERRAMENTAS, VALEN PARA TODO: para sentilos, manosealos, lelos, cheiralos, gardalos nun armario, ensucialos, para ligar, para poñelos enriba da cabeza, penduralos na parede, limpalos, recortalos, reescribilos, merendalos nun bocadillo de papel, ordenalos, metelos na neveira e lelos coa cabeza máis fría, ou deixalos sobre a cama para devoralos á noite, clandestinamente, cando todos se deitaron. A poesía cura enfermidades como a impaciencia, os nervios, os granos da cara, os pés planos, a dor de cabeza, as feridas imprevistas, as dores de amor, as indixestións, os enfados, a ansiedade e as gripes. 


4.- A POESÍA PODE ESTAR NAS COUSAS QUE NOS RODEAN A DIARIO, nas letras das cancións, no graffiti da parede do barrio, na soidade, no supermercado, nun sorriso inesperado, na moto, nas causas xustas, no váter, na esperanza, no calexón sen saída, no mar contaminado, na tristura, no ceo cuberto, no ordenador, nun berro, na paisaxe, na conversa e nas rúas. Onde ti queiras


5.- O IMPORTANTE DA POESÍA NON É OBSESIONARSE CON DESCIFRALA senón saber sentila, gozala e intuíla. Na poesía reconforta sentir a forza das súas palabras, o seu ritmo, a súa musica, a súa sonoridade, as chiscadelas que por veces nos deslumbran, as imaxes fascinantes que nos ofrece. E tamén os seus enigmas. Poetizarse. En definitiva, facer da poesía un pracer


Fran Alonso

marzo 06, 2020

MULLERES GAÑADORAS

O pasado mes de febreiro, as rapazas de 2º de Educación Primaria, no marco da materia “Valores sociais e cívicos” presentaron a súa obra “Mulleres gañadoras” como produto final dun proxecto cooperativista para traballar a igualdade no deporte. O mundo do deporte é un dos eidos onde máis se pon de manifesto a falta de igualdade entre homes e mulleres. A finalidade deste proxecto foi, dun lado, visibilizar ás mulleres deportistas e, por outro, aprender a traballar de xeito cooperativo, formando un único equipo durante todo o proceso de preparación, que pasamos a resumir agora.
Logo da lectura conxunta do libro, cada rapaza escolleu unha das protagonistas do mesmo. Resumida a súa historia, memorizamos un texto sobre cada unha delas, antes de traballar na posta en escena. Quixemos darlle especial énfase a este aspecto, para lograr maior impacto nos nosos espectadores.
Cada rapaza vestiríase caracterizada da súa personaxe. Para conseguir os disfraces, empregamos material do colexio pero tamén da propia casa, e compre salientar que unhas prestaron a outras o  que non tiñan.
A secuencia da obra era a seguinte: María, a mestra de Educación Física, está na súa casa lendo o libro das mulleres deportistas. Cada vez que pasa a páxina e cae nunha nova personaxe, a rapaza en cuestión aparece desde detrás do público, para causar efecto sorpresa. Logo de situarse diante dos espectadores, interpreta individualmente o seu papel: preséntase como a súa personaxe e fai un resumo dos seus logros.
Tivemos a sorte de contar con música en directo, grazas a colaboración de Paula, a mestra de música, e o alumnado de 6º de Primaria. Cada vez que entraba unha personaxe, soaba unha peza de música acorde o seu país de procedencia ou a súa actividade.
Só cabe felicitar as rapazas de 2º pola súa marabillosa actuación, e, por riba de todo, polo seu magnífico traballo durante todo o mes de preparación. Parabéns equipo!!!