abril 30, 2020

SOFÁ E MANTA . AS PRINCESAS QUE NON QUERÍAN SER PERFECTAS

A pasada semana disfrutamos dunha  sesión moi especial de contacontos con Pili.
 Pili contounos a historia de tres princesas que non querían ser perfectas. 
Hoxe traemos ao noso blog o conto en formato dixital que montamos coas ilustracións da gran pintora galega Maruja Mallo.
Esperamos que vos guste.


( clica na foto para ver o conto)

abril 29, 2020

SOFÁ E MANTA . CONTACONTOS CON YURI

O conto de hoxe titúlase  " Piñeiro , Piñeiro" 
 e o noso contaconto é  Yuri.
Moitísimas grazas Yuri por compartir con nós este interesante conto



abril 28, 2020

SOFÁ E MANTA . PREPARANDO A FESTA DOS MAIOS






SOFÁ E MANTA. ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

Daniela para celebrar o Día do libro escolleu un anaquiño do libro "O Principiño" e así quixo compartilo con todos nós


Pepe e Adriana tamén celebraron o día do libro nas súas casas .Fixeron uns fermosos carteis e prepararon uns ricos aperitivos Mmmmmmm!



Noa   enviounos tamén un video deste día . Como veredes , como contacontos, a Noa non lle falta detalle!!



Moitísimas grazas a todos e todas por participar !!!

abril 24, 2020

SOFÁ E MANTA .Contacontos con VALERIA

Hoxe na nosa sesión de contacontos temos a ....
VALERIA 
Valeria vainos ler a historia de amor entre Lolo, un bicho bóla,  e Rita , un lucecú.




Grazas Valeria por facernos pasar un rato tan entretido!!!

Queres ser a próxima ou o próximo contacontos? Pois envia o teu video ao correo : bibliounionmugardesa@gmail.com

abril 22, 2020

SOFÁ E MANTA . DÍA DO LIBRO 2020

Made with Padlet



GRAZAS POR PARTICIPAR A :  
Juan e familia , Martina M. e familia , Candela  López e familia , Lía e familia , Sofía e familia, Adriana e familia, Jimena e familia, Candela e familia ,  Alicia e familia ,  Rut e María , Ángeles, Pili, Elvira , Bea e Cuqui.



SOFÁ E MANTA . CONTACONTOS CON CAYETANA

Hoxe Cayetana vainos contar o conto "Sopra neste furadiño " de Antón Cortizas.


Moitíiiiisimas grazas Cayetana por compartir con todos nós este divertido conto de Antón Cortizas.
E mañá ....que será o ou a nosa contacontos?

abril 21, 2020

SOFÁ E MANTA . UN POZO DE LUZ

"Un pozo de Luz"  é a última homenaxe que os compañeiros e compañeiras da RAG rendiron á escritora Luz Pozo polo seu 95 aniversario.
Luz deixounos onte aos 97 anos tras case setenta adicados á literatura.
Aquí vos deixamos un anaquiño dun dos seus poemas  Far Blues ao que Uxía puxo voz "para agradecer tanta beleza, tanto verso iluminado"

Quería saber daquel río esvaído
do soño
tal unha despedida sen retorno,
do silencio curvado
nunha praza deserta e antiga.
Onde vai o primeiro poema de amor?
a materia sonora dun blues fuxidío
a inocencia primeira?


SOFÁ E MANTA . Sesión de contos con PILI

Comezamos a nosa primeira sesión de contacontos do noso Sofá e Manta con Pili que hoxe vainos contar unha historia de tres princesas un pouco diferentes; de tres princesas que non querían ser perfectas.

ESCOITA, ESCOITA ...( clica enriba da foto)





Queres participar na nosa seción de contacontos, pois grava un video e envíanolo ao correo da biblio ( bibliounionmugardesa@gmail.com).Pode ser unha lectura compartida coa túa familia.
Anímate!!!!!

Mañá outra contacontos, quen será?
Unha pista: é unha nena de primaria.








abril 20, 2020

SOFÁ E MANTA .SEMANA DO LIBRO 1



 As sesións de contacontos na biblio  é unha das actividades que ofrecemos que máis vos gusta. Esta semana co gallo da conmemoración do Día do Libro non podería ser menos.
Por eso a PROPOSTA DESTA SEMANA é que graves un video  lendo un conto, recitando unha poesía... ( bibliounionmugardesa@gmail.com)
 A partir de mañá todos e todas estades convidadas /os a escoitar o primeiro contacontos de SOFÁ E MANTA.

ANÍMATE!!!!!!

abril 19, 2020

SOFÁ E MANTA .Facemos plastilina caseira con Martina

Moitísimas graza Martina
Esta é a foto da plastilina caseira que fixo Martina Martínez na súa casa.
 Queres saber como a fixo?
Pois aquí mismiño tes a receita.




SOFÁ E MANTA . HOXE COCIÑAMOS CON...

Pois hoxe temos unha nova receita no blog. O Cheff Diego , vainos explicar como facer.....

                                     pan de molde !!!


Estade moi atentos e atentas , tomade boa nota e...
....mans a masa!!!!


Grazas Diego por participar!!!!

abril 16, 2020

SOFÁ E MANTA . O REGGEA DOS SENTIMENTOS

Made with Padlet

SOFÁ E MANTA . A ARTE DE LER 3

Pois aquí vos deixamos os últimos cadros de inspiración .
A vindeira semana co gallo da celebración do Día do Libro  publicaremos todas as vosas interpretacións.
Para participar , envia as túas fotos ao correo : bibliounionmugardesa@gmail.com .
Ahhh e podes participar cantas veces queiras.
Anímate que a xente que o probou cóntannos que é moooooiiiii divertido.

Made with Padlet

abril 15, 2020

SOFÁ E MANTA. A ARTE DE LER 2

Continuamos coa recreación de cadros e aquí vos deixamos novas propostas .
Hoxe incluimos tamén algún cadro de bodegón .Fíxate ben nos detalles e pon en marcha a tua creatividade!!!!
E para animarvos hoxe presentamos a recreación dunha obra de arte moi antiga que nos enviou Lúa , unha gran amante da poesía e dos libros e unha gran amiga da nosa biblio.


Recorda que para participar debes enviar a túa foto a bibliouniomugardesa@gmail.com 

Made with Padlet

abril 13, 2020

SOFÁ E MANTA. A ARTE DE LER 1


Comezamos unha nova semana e unha nova proposta : Recrea un cadro!!
E que tipo de cadro? Pois un que teña que ver cos libros e coa lectura . 
Con todas as vosas fotos faremos unha exposición especial neste blog para conmemorar o DÍA DO LIBRO.
Ao longo desta semana presentaremos distintos cadros de distintas épocas e estilos .
Cadros de mulleres, homes ,nenos e nenas lendo , bodegóns con libros, ou cadros nos que os libros sexan unha parte da obra.
Esperamos que   atopades algún que vos guste.
Podedes participar toda a familia e enviar,  ao correo da biblio bibliouniomugardesa@gmail.com , todas as creacións que queirades.

E para comezar e a modo de presentación aquí tedes a versión que fixo Pili do cadro de 
Frida Khalo : Autorretrato.




Made with Padlet





abril 03, 2020

SOFÁ E MANTA . AS VOSAS CREACIÓNS


DEBUXANDO CON LEANDRO



DEBUXOS ENVIADOS POR LÍA DE 2º DE E.P.


CALIGRAMAS PARA UN DÍA AZUL


Caligrama de MARTINA TÚÑEZ 1º E.P.

Caligrama de ADRIANA TÚÑEZ 4º E.P.

E así de chula teñen a xanela Adriana e Martina


Así luce a varanda da casa de Pedro, María , Carlos e Rut

Caligrama de Candela de 2º E.P.

E para rematar a semana que mellor que unha receita de...
                                                Un postre.
Rebeca enviounos outro vídeo para aprender a facer...


 Que boa pinta!! e Rebeca aseguroume que están boísimas!

                                    Mmmmmmmmm!!!

abril 02, 2020

SOFÁ E MANTA .DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

"As palabras, nos poemas e nos contos, son alimento. Non son alimento para o corpo, porque ninguén podería encher o estómago con elas. Son alimento para o espírito e para a alma.
Cando alguén ten fame e sede, o seu estómago encóllese e sécaselle a boca. Busca encontrar cando menos un codeliño de pan, unha cunca de arroz, un peixe ou unha froita. Canta máis fame, tanto máis se lle estreita a mirada, ata que xa non ve máis ca un bocado ou un grolo que o deixarían farto.
Pero a fame de palabras non se presenta deste xeito, senón que toma forma de abatemento, de apatía, de arrogancia. A xente que sofre deste tipo de fame non é consciente de que na súa alma reina o frío, non se decata de que está a pasar a carón de si mesma e non se ve. Unha parte do mundo váiselle das mans sen sequera notalo.
Esta fame unicamente poden saciala os poemas e os contos." (Fragmento)
Escrito por Peter Svetina

Ilustrado por Damijan Stepancic

Traducido por Héctor Cajaraville

Para saciar a túa fame aquí deixamos catro libros que Baía edicións cedeu para a súa lectura nestes días.

CLICA ENRIBA DO LIBRO 
LECTORES AUTÓNOMOS

PRIMEIROS LECTORES



SOFÁ E MANTA. HOXE É UN DÍA AZUL

Made with Padlet

abril 01, 2020

SOFÁ E MANTA . MÚSICA COMPARTIDA 2


QUÉROTE MÁIS, 
QUE A TORTILLA DE PATACAS CON XAMÓN !!!!!



Seguimos esperando as túas receitas

                                   ANÍMATE!!!!

bibliounionmugardesa@gmail.com