mayo 26, 2020

SOFÁ E MANTA. ENREDOS DE PRIMAVERA

Seguimos xogando a facer teatro!!!!
Hoxe temos unha obra moi especial ; unha obra musical na que os personaxes falan a través dos seus movementos .
Atentos e atentas a ver que nos contan!!!!!

mayo 20, 2020

SOFÁ E MANTA. TEATRO DE MONICREQUES CON LOIS

Hoxe a compañía de monicreques Cururucho, formada por Lois e a súa familia, vannos representar a obra "Os tres porcos "



Se entre toda a nosa Comunidade Educativa temos algunha outra compañía teatral que nos queira enviar as súas producións estariamos encantadas de publicalas.
Moitísimas grazas a Cucurucho por colaborar hoxe no noso Sofá e Manta e en especial  a Lois.

mayo 19, 2020

SOFÁ E MANTA. AS PITAS BAIXO A CHOIVA

Hoxe traemos unha representación moi orixinal da obra de Carvahlo Calero As pitas baixo a choiva .
As personaxes están feitas con follas e herbas da horta  e as pitas son de papel. Así de doado e divertido e representar un conto ou unha obra de teatro.
E tí, anímaste?


Vídeo de Nerea Paz

mayo 18, 2020

SOFÁ E MANTA . A FARSA DAS ZOCAS

Seguimos coa nosa homenaxe a Carvahlo Calero. 
Hoxe traemos unha adaptación que fixeron da súa obra teatral "A farsa das zocas" o Obradoiro de Teatro do IES Mugardos .

 Pois.... ARRIBA O TELÓN !!!

 

mayo 15, 2020

SOFÁ E MANTA . VENRES POÉTICO CON DIEGO

Hoxe no noso Sofá e Manta acompáñanos Diego.
Diego é un gran amante da poesía e encántalle sobre todo recitala.
Escoitade este poema sobre o toxo e...
... veredes que ben o fai!!!

Grazas Diego.

mayo 14, 2020

SOFÁ E MANTA. A FLOR DE GALICIA, A CHORIMA



Non podía faltar dentro das plantas galegas a máis famosa:

     O TOXO









En  galego toxo,  toixo,  árgoma,  touxo,  toxo  bravo,  toxo albar árgoma,   cachal tox branco,   tox macho toxo arnelo tox arnio toxo   cachas,   tox cachudo   o toxo común. etc


É un arbusto común á Europa atlántica desde Gran Bretaña ata o sur de Portugal. Está considerado a planta nacional da Bretaña Francesa e quizais tamén a nosa, xa que lle damos unha importancia singular e a consideramos un símbolo.

A importancia do toxo nas casas dos galegos ata non hai tanto vén xustificada pola súa funcionalidade. O toxo servía como alimento para o gando, para estrar as cortes, como combustible para a lareira e para roxar o forno para cocer. A flor do toxo, a chorima, ten unha intensa cor amarela que pon a nota cromática nos montes, practicamente todo o ano, porque as distintas especies de toxos non florean ao mesmo tempo.
Arde moi doadamente, pero medra moi pronto despois dun incendio, polo que son das primeiras plantas en ocupar un terreo que ardeu. As sementes poden xerminar mesmo se se viron algo afectadas polo lume. O seu uso tradicional é como estrume para as cortes, aínda que a finais do século XX coñeceuse unha proposta por parte dunha empresa xaponesa para aproveitar os restos da roza para a súa utilización como biomasa.


A FLOR DE GALICIA : A CHORIMA




O toxo: bon ou malvado?. Pois depende...
Aínda que na nosa terra é un símbolo, noutras zonas onde foi trasladada compórtase como unha especie exótica invasora, e que isto?:

Pois as especies invasoras son animais, plantas ou outros organismos transportados e introducidos polo ser humano en lugares fóra da súa área de distribución natural e que conseguiron establecerse e dispersarse na nova rexión onde resultan daniños, poñendo en en perigo a diversidade biolóxica (dos seres vivos) desa zona.
O toxo, está incluído na lista das 100 especies invasoras máis daniñas do mundo da IUCN (Unión Internacional da Conservación da Natureza).

SOFÁ E MANTA . CONTACONTOS CON CHARO PITA



Publicado no Salón do Libro na súa sección Salón virtual.

mayo 13, 2020

SOFÁ E MANTA. CONTACONTOS CON DAVID

Antón , si tal! é o conto que nos vai ler David no noso Sofá e manta de hoxe.
 Moitas grazas  David!!



mayo 12, 2020

SOFÁ E MANTA. CONTACONTOS CON JIMENA

 E nesta semana seguimos falando de bicos.
A semana pasada Adriana ,Martina e Paula facíannos a pregunta : De que cor son os bicos? e hoxe Jimena vainos recitar un anaquiño dun poema do libro "Bicos de música".







mayo 09, 2020

SOFÁ E MANTA. LETRAS GALEGAS 2020 : APRENDE XOGANDO

CANTO SABES SOBRE AS LETRAS GALEGAS 2020?

 NIVEL FÁCIL/MEDIO



NIVEL FÁCIL/MEDIO



NIVEL FÁCIL


SOFÁ E MANTA .RETO DÍA DAS LETRAS GALEGAS







mayo 08, 2020

SOFÁ E MANTA . A flor dos mil nomes

       A flor dos mil nomes


O   nome   de   Digitalis   purpurea debe  á  forma  e  cor  das  flores.  O nome xenérico de Digitalis proven da  palabra   latina   digitus,  que significa  dedo,  e  purpúrea,  que significa lila ou purpúreo.


Unha planta saudable que se converteu en velenosa.

Moitos dos medicamentos actuais, son obtidos grazas a plantas e dende tempos remotos. Nalgúns casos, os seus usos perduran dende a primeira descrición, pero noutros, o coñecemento evoluciona e o que era unha planta considerada “saudable”, pasou a converterse en planta velenosa. Este é o caso da nosa dedaleira.
Os estalotes son unha planta que tradicionalmente veuse empregando como
medicación contra deficiencias cardíacas dende o século XVIII, cando William Withering descubriu os efectos da Digitalis sobre o organismo, onde xa se tiñan en conta análises clínicas e se observaban e describían os efectos así como a súa posible toxicidade, aínda que non foi ate 1850 cando Traube, describiu os efectos sobre o músculo cardíaco observando que pequenas doses estimulaban o corazón, aínda que  cando se excedía na dose, podía provocar a paralización do músculo
A toma das follas de xeito ocasional era indicado para a regulación do pulso, ou o tratamento da epilepsia e incluso as infusións de follas estaban indicadas contra os resfriados, de xeito que se soia recomendar como “saudable” para o organismo e o doente.
Da aceptación ao rexeitamento.
Non foi ate hai unhas cantas décadas, cando este uso tradicional na medicina se comezou a rexeitar, ate que actualmente soe considerarse como planta velenosa polos efectos sobre o organismo humano.
A mediados do século pasado, xa se alertaba dos perigos do emprego e dita planta e conforme as primeiras alertas ían chegando á comunidade médica, comezáronse a facer análise para comprobar que había de certo.
Os estudios revelaron que dependendo da hora do día e incluso da terra onde nacese, unhas tres follas eran suficientes para ser mortais, de aí que estean amplamente documentados casos de envelenamentos producidos pola planta e tanto en televisión como en literatura foi unha planta con certo recoñecemento para o crime.
Más información






SOFÁ E MANTA . A CARÓN DA NATUREZA



...

Un día de nadal, ollando unha paisaxe que imitaba un nacemento, decateime de que hai máis fermosura nas froliñas dos campos que nas froles de xardín. As froliñas ventureiras que nacen nos campos parecen creadas polo Bosco ou por Breughel “o vello”, nametras que as flores foulentas de xardín semellan os encoiros manteigosos de Rubéns. Dende entón eu quixen ser un ventureiro das letras.
Cousas. Castelao.



Nós como Castelao, queremos comezar hoxe un pequeno percorrido polas floriñas do campo, esas que alegran os nosos paseos todas as primavera, e aínda que quedamos sempre engaioladas coa súa beleza, non reparamos en todas as cousas que nos contan.
Non imos percorrer un camiño extenso, 
nin profundo, 
pero se serve para compartir o noso, aprender algunha cousiña, e prender o lume da curiosidade,
 dámonos por satisfeitas.



mayo 07, 2020

SOFÁ E MANTA. LECTURAS COMPARTIDAS CON ALICIA

Hoxe Alicia quere compartir con nós un anaquiño dun libro que lle gustou moito

Un cole horripilante, de Francesca Simon 

Compartimos con Alicia este ratiño de lectura ?






mayo 06, 2020

SOFÁ E MANTA . CONTACONTOS CON PAULA CARBALLEIRA

Hoxe compartimos con vós o videoconto " O pequeno morcego "a cargo dunha contacontos moi especial, Paula Carballeira.

Publicado no Salón do Libro na súa sección Salón virtual.



mayo 05, 2020

SOFÁ E MANTA. OS NOSOS MAIOS



SOFÁ E MANTA .CONTACONTOS CON MARTINA, ADRIANA E PAULA

De que cor é un bico? 
Non coñeces a resposta?
Pois escoita o conto de hoxe que nos traen
      Martina, Adriana e Paula.


mayo 04, 2020

SOFÁ E MANTA. CONTACONTOS CON LÍA E CAROLINA

Hoxe Lía e Carolina vannos contar un conto moi especial de Pepa Bellón titulado MAMÁ.  Nós queremos aproveitar a ocasión para adicarlle este conto  a todas as nais.
Moitíiiiiiisimos bicos para elas!!!

Grazas Lía e Carolina por enviarnos este vídeo.
E tí , queres contarnos un conto? Pois anímate ,estamos esperándote.

mayo 03, 2020

SOFÁ E MANTA . OS MAIOS


OS MAIOS    
Tastarabás. Enciclopedia dos brinquedos tradicionais. Antón Cortizas.



  DESCRICIÓN
A construción dos Maios é unha vivencia lúdica que se celebra co gallo da floración luxuriosa da primavera. Ao longo do país constrúense diferentes tipos de Maios, entre os que citamos:
Maio humano. Unha persoa é cuberta totalmente con ramalleira de xestas e flores silvestres de todo tipo.
Maio cónico ou piramidal. Constrúese unha sorte de cono ou pirámide florida, que se circunda con rosarios feitos de carrabouxos, laranxas ou ovos. Nalgúns lugares, no seu interior vai un neno que fai de Maio.
Maio arbóreo: Outras veces o Maio é unha árbore que se tala do monte e lévase ao lugar máis céntrico da parroquia ou lugar.
Maios de altar. Os Maios son tamén unha sorte de altares floridos situados sobre unha caixa ou unha mesa, cuberta cunha saba ou mantel. Sobre ela ármase calquera ornamentación floral, combinando flores, cores e tamaños. Úsanse para estes Maios elementos auxiliares como poden ser xarros para colocar neles as flores.
Pratos do maio. Os maios máis sinxelos fanse cun pratiño pequeno, de louza, no que se coloca unha imaxe, quer tradicionalmente era unha estampa, e sobre ela unhas poliñas de fiúncho e algunhas flores miúdas. Con este prato os cativos piden o Maio polas casas da veciñanza.
Maios artísticos: Modernamente realízanse Maios máis complicados, dándolles formas variadas, que poden atinxir mesmo verdadeiras escenificacións floridas.
Maios protectores. Aínda hai Maios, que sen case chegaren a selo, son sinxelas pólas floridas de xestas e outras especies que se colgan das portas e xanelas como elemento protector.