septiembre 29, 2020

CHOVE EN GALICIA

Arroiada, ballón, basto, bátega, bategada, cebra, cebrina, chaparrada, chuvascada, chuvasco, chuvieira, cifra, ciobra, dioivo, treixada, xistra, zarracina, zorregar, ...

Con todas estas palabras os galegos e as galegas falamos da choiva , igual que fai Magín Blanco na canción desta semana , Chove en Galicia.

Pois imos desfrutar desta canción e ...

                                             tranquilos e tranquilas que

                                                      NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA!!!




septiembre 24, 2020

TOCANDO EMOCIÓNS, SENTINDO CANCIÓNS

 

Leandro Lamas

    Un curso cunhas peculiaridades como o presente,   fai difícil deseñar un proxecto que cohesione o  cole, que xere vínculos emocionais entre o    alumnado de distintas aulas, e cree así mesmo comunidade educativa, implicando ás familias no  proceso. 

Por iso pensamos na música como eixo central do noso proxecto, a música móvenos, emociónanos, axúdanos a aprender, a crear, a imaxinar e a xogar. A nosa música, a música en galego, é o detonante perfecto para ler, escribir, coñecer, crear, e gozar do cole xunt@s.

Comezamos así , con música, este novo camiño...

...ESTE NOVO PROXECTO:

TOCANDO EMOCIÓNS, SENTINDO CANCIÓNS