diciembre 21, 2019

EXPOSICIÓN DE ARTE DE EDUCACIÓN INFANTIL


Durante este primeiro trimestre unha seleción de libros relacionados coas artes plásticas viaxaron da biblio ao  ambiente de arte de Ed.Infantil.
Todos estes libros axudaron a todos os nenos e nenas a inspirarse para ...
Queredes ver para que lles serviron?
Pois ...dentro video!!!










diciembre 20, 2019

CONTACONTOS NA BIBLIO : ASOCIACIÓN APELÓN


A QUE SABE A LÚA?
"Había moito tempo que os animais andaban a matinar a que sabía a lúa. Era doce ou salgada?
Só querían probar una anco pequeno.Polas noites, miraban ansiosos para o ceo (...)




A HISTORIA DOS BONOBOS CON LENTES
(...) Os bonobos que quedaron continuaron lerianso e comendo froitas e bagas, noces e
sementes,  raíces e brotes que as bonobas recollían para eles" (...)





(...) Winnie the Witch looked out of her window and shivered. Heer garden was covered in snow" (...)



Pois sí, un curso máis tivemos a gran sorte de que a Asociación Apelón estivera na nosa biblioteca . Escoitamos o conto A que sabe a Lúa? que nos contou Aida , a nai de Xoel; Juan , o avó de Carlota e Adriana, contounos  a historia dos Bonobos e Victoria presentounos unha nova aventura de Winnie the Witch.
Moitísimas grazas aos tres e a todos e todas as persoas da Asociación que fan posible que se leven a cabo estas iniciativas.

diciembre 11, 2019

CHARLAS NA BIBLIO : PLAN PROXECTA

Como ben sabedes, este ano no noso colexio estamos a participar no “Plan Proxecta:
Recíclate con Sogama”. Por iso, dentro deste programa tivemos unha xornada de formación para o alumnado de 5º  e 6º de Ed. Primaria aquí na biblioteca.
Nesta sesión, Julia, recordounos cousas que xa coñeciamos e ensinounos outras que nos
sorprenderon moito. Por exemplo, que xa non falamos do 3R senón de 5R: Reducir, Reparar, Recuperar, Reutilizar e Reciclar, aínda que xa se está a falar de máis como o Recuperarenerxicamente a parte non reciclable.
Tamén nos resolveu moitas dúbidas que tiñamos con respecto ao que podemos tirar ou non no noso composteiro e nos diferentes contedores do lixo. E que pasa despois de que veña o camión a baleirar os contedores.
Por último, e non menos importante, aprendemos que hai moitos máis contedores dos que estamos acostumados a ver na rúa, temos o minicontedor das pilas (como o que hai no cole),o punto SIGRE (atopámolo nas farmacias), os puntos limpos...
FOI MOI INTERESANTE!!
 Se queredes ter máis información podedes entrar en
http://www.sogama.gal/es/info/reciclate-con-sogama

diciembre 06, 2019

CHARLA NA BIBLIO.DÍA DA DISCAPACIDADE

Onte na biblio conmemoramos o Día da Discapacidade, aproveitando a ocasión para tratar o tema da diversidade dunha maneira máis ampla.
Para isto, o Departamento de Orientación preparounos una charla cun obxectivo moi claro" visibilizar, concienciar, facer pensar e comezar unha serie de accións encamiñadas a aportar unha visión máis ampla do que é a discapacidade, necesidades educativas, empatía , respecto e comprensión"
A partir do visionados de diversos videos e  contos buscabase a implicación e
participación dos nenos e nenas , creando roldas de pregundas,pequenos debates e charlas.








noviembre 24, 2019

25 N


Aquí tedes o vídeo que fixeron o alumnado e profesorado do cole a partir do conto "Me llamo Pecas" de Raquel Díaz Reguera, co fin de eliminar estereotipos de xénero.

Despois de ler o libro e ver este vídeo, preguntámonos...
PERO...
Hai cortes de pelo de nena e cortes de pelo de neno??
Hai xoguetes de nena e xoguetes de neno??
Hai zapatos de nena e zapatos de neno??
...

Pois todas estas preguntas van ser motivo de debate nos faladoiros desta semana.
Estaremos moi atentos e atentas as conclusións.

noviembre 10, 2019

AMADRIÑAMENTOS E APADRIÑAMENTOS LECTORES ANUAIS

Non hai espectáculo máis fermoso
…………que a mirada dun nen@ que le ”
Günter Grass

Xa levamos varios anos no noso colexio facendo amadriñamentos e
apadriñamentos lectores. Este ano quixemos ir un paso máis alá e facer que
estas relación perduren no tempo ,todo o curso escolar. Para comezar esta
nova andaina todo o alumnado participante tivo que firmar un contrato de
compromiso lector. As madriñas e padriños comprométense a ler o mellor
que saben para que @s afillad@s entendan a lectura. E pola outra banda ,@s
afillad@s comprométense a escoitar con atención e sen interrupcións a
lectura .
O alumnado de 3º de EP amadriña e apadriña ao alumnado de 1ºEP.Todos os
xoves na hora de ler @s maiores len aos pequen@s/as lecturas científicas.
O alumnado de 1º de EP amadriña /apadriña ao alumnado de 6ºEI. Todos os
xoves ás 12:30 h. Neste caso @s maiores len contos aos máis pequen@s

Este programa favorece as relacións sociais entre nenas e nenos de
diferentes idades e mellora a convivencia no colexio,mellora o respecto hacia
o traballo d@s meus compañeir@s e fomenta a motivación e o hábito da
lectura como unha actividade de lecer e desfrute.

noviembre 05, 2019

ERA UNHA NOITE SEN LÚA...


O reloxo daba a UNHA… DONG!
De pronto, Mateo espertou asustado. Escoitara un ruído detrás da porta, onde estaban colgados os abrigos. Mirou cara a alí, pero só viu unha sombra… Abriu moito os ollos, sen pestanexar, e a sombra transformouse nun… MONSTRO!
A min non me comas! é o conto que a profe Pili escolleu para contarnos na festa do Magosto.
Primeiro contou o conto aos máis pequenos e pequenas nunha fermosa estancia do Mosteiro de Santa Catalina, onde desfrutamos dunha xornada de convivencia todo o cole.
Como o conto gustou tanto , tanto,  o resto da rapazada tamén quixo coñecer a historia de Mateo.
Desta volta o escenario foi a biblioteca do cole.
Aquí tedes un anaquiño do conto.


octubre 28, 2019

LECTURAS ARREPIANTES...

...Polo Samaín!!!

SAMAÍN 2019




O DÍA DAS BIBLIOTECAS...

...celebrámolo no noso cole co primeiro "Contacontos na Biblio". Da man das nenas de segundo de primaria coñecimos a Malena e a súa historia de superación

Se queres ler esta historia pásate pola biblioteca e pregunta polo libro "Malena Ballena" de Davide Cali.
Grazas a Nerea, Alba, Paula, Lía, Alicia, Valeria, Aldara, Mariña, Lucía, Noelia Dopico e Candela.


septiembre 27, 2019

INAUGURAMOS A BIBLIOTECA...

...hoxe 27 de setembro, día da Folga Mundial polo Clima, co video do Ceip Víctor Saenz de Mazaricos " Wangari e as árbores da paz" baseado no libro de Jeanette Winter. Ediciones Ekaré.
 Esta é a nosa primeira manifestación contra o Cambio Climático e sobre a importancia do coidado do Planeta.
Pero...haberá moitiiiisimas máis.
Estade moi atentas e atentos.

mayo 26, 2019

NOVOS ESPAZOS NA BIBLIOTECA

Este ano a nosa biblioteca recibíu unha dotación económica (PLAMBE) para mercar novo mobiliario . Cambiamos as mesas e as cadeiras, creamos un recuncho creativo con monicreques, pinturas, papeis decorados..., un espazo específico para robótica, unha zona para os xogos de construción , lóxico- matemáticos, de linguaxe..., novos ordenadores portátiles, zonas de lectura informal...










mayo 12, 2019

mayo 10, 2019

DÍA DAS ARTES GALEGAS

 
Este ano o día das Artes Galegas estivo adicado á figura de Luís Seoane. Para conmemorar esta data e homenaxear ao famoso artista, o alumnado de Educación Infantil preparounos unha actuación na biblioteca .
Se queres saber como foron os preparativos clica neste o seu blog :  Os Milicroques

febrero 08, 2019