mayo 15, 2013

17 DE MAIO : DÍA DAS LETRAS GALEGAS


E... seguimos co teatro!!!! Este ano a Real Academia Galega acordou adicarlle  o Día das Letras Galegas 2013 a Roberto Vidal  Bolaño figura imprescindible no teatro galego. Na biblioteca tedes unha exposición dalgunha das súas obras así como dos datos máis significativos da súa vida e obra.
A continuación vos deixo unha presentación feita por Xoaquín  Freixeiro  e un enlace a unha recopilación de recursos elaborada por Asunción García Álvarez.
Grazas compañeiros  por compartilo con todos nós!!!

mayo 10, 2013

7 de maio : " O GATO SOL"

O  Gran Teatro Dominicus preséntanos neste día unha fantástica historia  co Kamishibai que prepararon os nenos e nenas de 4º de primaria e que leva por título " O gato Sol".

mayo 02, 2013

2 de maio : "OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE"

Seguindo a carteleira do Gran Teatro Dominicus , temos o gusto hoxe de disfrutar dun fragmento da obra de Castelao "Os vellos non deben de namorase" representada por un grupo de nenos e nenas de sexto. Prepara a túa invitación e disponte a pasar un rato moi divertido con esta obra.