diciembre 11, 2014

PODCAST : O MAGOSTO


Como ben sabedes o proxecto no que nos embarcamos con moitísima ilusión  este curso xira entorno ó mundo da radio.
Tomamos como punto de partida unha das celebracións máis emblemáticas da nosa terra , o magosto.
Visitamos a nosa biblio, preguntamos ás nosas familias....e recopilamos unha morea de información sobre as castañas, os castiñeiros, refráns, cantigas, lendas... Traballamos con toda esa información nas aulas coordinados/as polas  mestras ; seleccionamos, recortamos engadimos, opinamos...e elaboramos uns completos traballos que expuxemos na biblioteca o Día do Magosto e que estarán expostos nas corcheiras dos corredores do cole durante este curso.
 Un grupo de alumnos e alumnas de 3ª, 4º, 5º e 6º coordinados por Tonecho e Iván ( o presidente do ANPA) refundiron todo este traballo nun formato de guión radiofónico.
O resultado xa o temos aquí neste podcast.

octubre 30, 2014

Arranca a primeira Mochila Viaxeira

Os nenos e nenas de primeiro de primaria recibiron hoxe a mochila viaxeira para este curso. Unha mochila cargada de novidades e por suposto sorpresas sobre todo para as familia.Este ano a mochila recolle os libros feitos polos nenos e nenas na súa etapa de Ed. Infantil: "A pedra do cú da raíña" e "O libro das flores". Ademáis dun libro de aventuras con Pupi,  un libro para os maiores da casa,unha peli moi divertida sobre o ratiño Pérez, o libro de animais "Camuflajes" e como non podía ser menos este curso un libro relacionado coas matemáticas.
Na mochila aparece unha enquisa para saber a vosa opinión sobre o material.
Esperamos que vos guste!



octubre 24, 2014

DÍA DAS BIBLIOTECAS ... MATEMÁTICO

                                                     

"Biblioteca escolar...matemático" é o lema elixido   para o cartel da campaña de comezos deste curso 2014-2015 nas bibliotecas escolares galegas e como fío condutor durante este mes de outubro ás actividades programadas na nosa biblio.
Sofía, gañadora do concurso
Durante toda a semana preparamos unha exposición de libros coa temática das matemáticas que ollamos,limos,manipulamos...nos recreos,na hora da biblioteca ou na Hora de Ler.

Hoxe 24 de outubro Dia das Bibliotecas Escolares resolvimos as preguntas do concurso :Que é un tangram? De que país é orixinario?. Despois da posta en común fixemos uns fermosos marcapáxinas con figuras do tangram.
Ahh e a gañadora do concurso foi Sofía de 4º de primaria que levou como agasallo o novo libro do Diario de Greg.



octubre 20, 2014

ATENCIOOOON.....CONCURSO!!!!!!!!!

Primeiro concurso do ano.
                   Que hai que facer?
                                       Pois moi doado .
Na entrada da biblio atoparás as tarxetas para participar neste concurso. Terás que cubrilas coa resposta acertada e os teus datos persoais.
Que non sabes a resposta? Non hai ningún problema .Na biblioteca están toooodas as respostas.

 Anímate a participar e moita sorte.

octubre 19, 2014

NOVIDADES

As primeiras novidades que traemos este curso son algúns dos libros que recomendabades mercar nas enquisas de xuño. Durante esta semana o expositor percorrerá as clases e a finais de mes xa estarán nos andeis da biblioteca para que os poidades levar para casa, para clase ou para ler na biblio.
Aquí vos deixamos unha referencia a algúns deles e...
.... esperamos as vosas novas suxerencias!!!!!




octubre 05, 2014

2014-2015 :COMEZAMOS UN NOVO CURSO

Xa estamos de volta ...
Tempo de recreo
Benvidos a todos e a todas a este novo curso.
Benvidos sobre todo ós nenos e nenas de primeiro e benvidos ós profes e as profes novas.
Tempo de recreo
As nosas portas xa están abertas dende este mes de outubro cunha acollida moi calorosa .



junio 13, 2014

CONTACONTOS EN FAMILIA

Xa estamos rematando o curso, pero temos a sorte de que vos seguides animando a vir ao cole a contarnos contos. Así, a nai de Eneas veunos contar
varios contos: uns contos que inventa, xunto con Eneas, para a noite (un do Samaín e outro duns nenos que caeron por un túnel do tempo e que ademais Eneas ilustrou), e os contos "A vella na botella" e "Orellas de bolboreta".

Tamén contamos coa visita de Paula, unha curmá de Xoel que nos contou o conto de  "Se me mueve un diente".

Pero ademais de contarnos un conto, agasallounos cun "dente" chulísimo onde gardar os dentes cada vez que nos caen e non perdelos pola cama cando os deixamos debaixo da almofada para o rato Pérez.


MOITIIIIIISIMAS GRAZAS!!!!!!!

junio 08, 2014

PROXECTO DOCUMENTAL DE ED. INFANTIL : OS DINOSAURIOS

NORABOA , UN TRABALLO FANTÁSTICO!!!!

PROXECTO DOCUMENTAL : OS IRMANDIÑOS

Os alumnos e alumnas de sexto curso de primaria traballaron durante o terceiro trimestre nun proxecto documental sobre os irmandiños. Aquí tedes o resultado.
Noraboa rapaces/as polo traballo ben feito!!

mayo 27, 2014

Contacontos bilingüe

Que che gustaría ser? Foi o conto que nos contaron hoxe os rapaces e rapazas de 5º. 

Un conto que escoitamos en inglés e en galego
                                              E que entendimos perfectamente!!


mayo 18, 2014

OS NOSOS LIBROS VOADORES

Libros voadores!!!!!  O soño do Sr.Lesmore feito realidade na nosa biblioeca.
Soños de princesas e de cabaleiros...
Soños de amor e desamor.
Soños longos e soños curtos.
Soños fantásticos e de todos os días.
Soños, moitos soños!!!!
Pois con todos estes soños imos disfrutar durante as vindeiras semanas.
Temos agochados nestes fermosos globos moitas actividades coas que difrutaremos da nosa biblioteca.

mayo 12, 2014

Contacontos na biblio: Qué desastre de flautista!!!!

Hoxe os encargados de contarnos un conto foron un grupo de nenas e nenos de cuarto.
 Contáronnos unha divertida historia sobre un flautista que non coñecía as normas de circulación. 
Entre os seus veciños do pobo e todos nós fumos ensinándolle os principais sinais.Claro que para todos nós foi moi doado xa que recordabamos a charla sobre Educación Vial que recibimos aquí na biblio a cargo do xefe da Policía Municipal.

mayo 03, 2014

NAVEGA SEGURO POR INTERNET

No mes de febreiro os rapaces e rapazas do terceiro ciclo participaron no proxecto da Xunta e do CEPEIG" Navega con Rumbo".
Participaron nunha xornada na que coñeceron os riscos de navegar pola internet e como facelo de forma segura.
A partir desta charla organizamos na biblio varias sesións durante todo o trimestre nas que fumos analizando mais polo miúdo os aspectos mais significativos dos que temos que ter  conta cando navegamos pola rede.
Fixemos un resumo e selecionamos os videos mais significativos que aquí vos deixamos.

abril 27, 2014

RECOMENDACIÓNS LECTORAS : DE EIRUGA A BOLBORETA


UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA

"Unha eiruga moi larpeira" foi o libro escollido por Clara de 2º para contárllelo ós seus compañeiros e compañeiras de ciclo. Ademais estivemos moi ben acompañados polas novas mascotas do cole.
GRAZAS, CLARA!!!!!!!
                                                                                                                

abril 23, 2014

DÍA DO LIBRO 2014

Comezamos a celebración do Día do Libro cunha  fermosa historia na que os libros teñen ás e fan que todos aqueles que os lean poidan tamén  voar. Unha homenaxe para todos os que disfrutamos da lectura e amamos os libros.




Gañador do Oscar ó mellor corto animado en 2012.


abril 10, 2014

"UN PESADELO NO MEU ARMARIO" EN KAMISHIBAI

María e Paola
Un grupo de alumnas e profes colaboradoras da biblioteca, fixeron unha adaptación para o Kamishibai do texto e das ilustracións do conto "Un pesadelo no meu armario".
María e Paola de 6º foron as encargadas da montaxe da música, e da narración do conto ós nenos e nenas de Ed. Infantil.
Ademais repartiron un fermoso e útil "Espanta-soños" , elaborado polo equipo da biblio, para que todos os monstros que se acheguen ós nosos soños lisquen... axiña,axiña.

abril 03, 2014

O microscopio dixital na biblio

Esta semana comezaron a nacer os primeiros vermes de seda!! Para celebralo escoitamos na biblio a adaptación dunha antiga lenda China que a profe de 6º  fixo para nós.
 A lenda remóntase ó ano 2698 ac, á época do emperador Huang Ti, o famoso Emperador Amarelo, e de como descubriu a seda.

                                                                               
Despois co miscroscopio dixital vimos na pantalla , aumentados, os pequenos vermes comendo nas follas da moreira e os seus ovos que parecían fermosas pedras preciosas.
Este novo aparello deixounos completamente abraiados!!!!

abril 02, 2014

2 de abril, Dia do Libro Infantil :Contacontos en familia

Para celebrar este día contamos coa presenza de Bea, a nai de Saúl. Bea escolleu un dos libros preferidos do seu fillo" A figueira dos pelos tortos".
PelosTortos non quería compartir os figos da súa figueira, pero uns rapaces disfrazados de pantasmas, déronlle unha boa lección...
E gustounos tanto a historia, que Bea animouse e contounos outra máis dun neno que non quería aprender a ler.
¡Moitas grazas tamén a ti, Bea!¡ Encantounos que viñeras! Grazas por compartir con todos un conto tan especial para vós.

abril 01, 2014

En abril, contos mil : Contacontos en familia

Como non podía ser doutra maneira, comezamos o mes de abril con contos. Desta volta contamos coa colaboración da familia de Endika, concretamente con Nerea a súa irmá.Contounos unha historia"La mariquita de Apelón".Unha historia  moi bonita na que os protagonistas foron os nenos e nenas de 6º de Ed Infantil.
Resulta que esta xoaniña perdera todos os seus puntos durante o inverno: ¡claro, con tanto vento...! Pero deixounos un libro de pistas e entre todos tivemos que adiviñar a que neno/a correspondía cada punto para poder pegarllo novamente á xoaniña.
Ademais, Nerea agasallounos a todos/as cunha xoaniña: moitas grazas Nerea, encantounos a historia, o xogo de adiviñar as pistas,..., a verdade é que nos fixeches pasar unha mañá superentretida. ¡Grazas!

marzo 24, 2014

Máis manualidades da Mochila Viaxeira

Continuan chegando manualidades inspiradas nos libros das mochilas viaxeiras. Desta volta animáronse Martín Romero e Noela da clase de 6º de Ed. Infantil.
Fixádevos que animais máis fantásticos fixeron!!!!
Noraboa.
 


       

marzo 21, 2014

COMPARTIMOS POEMAS

Poemas seleccionados...
Poemas representados, ilustrados e  decorados...
Poemas compartidos nunha xornada conxunta no patio...
Hoxe, Día da poesía ....  
 AGASALLO: UN POEMA

marzo 10, 2014

8 DE MARZO : DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

CONTOS VELLOS, NOVOS FINAIS


Ademais hoxe contamos na nosa biblio coa visita da Garda Civil  cos que reflexionamos sobre moitos aspectos referidos á muller , prestando unha especial atención á violencia de xénero.

marzo 03, 2014

BUÑO máis preto de NÓS



O pasado xoves tivemos no cole un obradoiro de barro a cargo dun grupo de alfareiros de Buño. Durante toda a mañá os nenos e nenas de Ed. Infantil e Primaria disfrutaron moldeando as súas propias figuras coas máns, coa axuda de moldes e sobre todo co torno.
Queremos agradecer a ANPA a súa colaboración para realizar esta actividade e a este grupo de profesionais por compartir con todos nós todos os seus coñecementos.

Se queres coñecer máis sobre este fantástico pobo, Buño, ou sobre o  traballo e segredos dos alfareiros prema na imaxe.