mayo 30, 2018

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

Durante esta semana temos contacontos na biblioteca. 
Lola e Elena vannos representar a obra de Carlos Labraña "O Valo" gañadora do IX Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2016
A obra está protagonizada por dous personaxes únicos Soldadiño e Sahara e é unha homenaxe a todas as nenas e nenos vítimas dos desprazamentos causados polas guerras, guerras como a de Siria e as inxustizas daqueles lugares onde os nenos e as nenas medran sendo soldados.

mayo 25, 2018

Celebramos "As Nosas Letras"





  • Aprendimos a ler e escribir en Braille







  • Completamos o cómic que fixeron os compañeiros e compañeiras de 1º e 2º. Colocamos os bocadillos!!!!






  •  Realizamos a nosa popular" Xincana das Letras Galegas" 

  • Escribimos e ilustramos poemas de Mª Victoria e colgámolos polas árbores, farolas, roseiras... do exterior do colexio e invitamos a todos os viandantes a levar os nosos agasallos por todo o pobo ou incluso máis aló.

mayo 21, 2018

CONTACONTOS NA BIBLIO

Flora ten un segredo!!!!!!!!
Un segredo que coñecen mooooi ben os nenos e nenas de 2º de Ed. Primaria.
Ti queres coñecelo? Pois esta semana na biblio vánnolo contar.
Os nenos e nenas de 1º xa o coñecen!!!!!

mayo 09, 2018

LETRAS GALEGAS 2018

                                                                                                                                                                    LETRAS GALEGAS 2018                        MARÍA VICTORIA MORENO       


mayo 04, 2018

Un curso máis, Plan Director na biblioteca

Un curso máis o noso centro e a nosa biblioteca acolle o Plan Director  para 5º e 6º de Educación Primaria e un ano máis abordamos o tema do acoso escolar.
Este é un dos vídeos que comentamos na sesión  e que queremos compartir  con todos vós.


mayo 03, 2018

AÍ VÉN O MAIO: CONTAMOS O QUE INVESTIGAMOS

O alumnado de sexto de Ed. Primaria escolleu a biblioteca para contarnos a todos e todas o que estiveron investigando acerca da festa dos Maios.
Formularon todas as preguntas que querían investigar; fixeron unha listaxe de posibles fontes de información, ademais das facilitadas na biblioteca; elaboraron un informe e finalmente fixeron unha exposición en formato mural.


Parabéns a todo o alumnado polo traballo ben feito!!