septiembre 11, 2023

Benvidos e benvidas ao novo curso!

 Queridas amiguiñas e amiguiños:

Que tal de verán?

Sabedes que hoxe estarei no recreo orellando o que falades entre vós, se fostes á praia, se non fostes, se en Chanteiro vos picou un escarapote, se non vos gusta o churrasco e por iso o verán é un tormento, se preferides o churrasco, pero odiades o polbo á festa,  a cantas festas fostes, ...Aiiii! que interesantes son as conversas da volta do verán!, ás veces penso que o máis importante do verán é que nos da que falar.

Pois eu tamén teño cousas moi interesantes que contarvos, este verán coñecín a individuos certamente interesantes, e a verdade, é que nunca me fixara neles! Fíxenme amigo dunha araña máxica que me contou moitísimas cousas sobre ela e sobre os bechos que caen na súa arañeira.

Vós sabiades que a resistencia das teas de araña é comparable á do aceiro, é capaz de soportar unha grande forza antes de romper? Ou que hai máis de 40.000 especies de arañas, e que hai arañas en todo o mundo, incluso sobreviven no espazo? As arañas teñen de 6 a 8 ollos, e algunhas incluso comen a súa propia tea..., e podería seguir contándovos mil cousas máis sobre as arañas que me contou a miña amiga María moi orgullosa das de a súa especie.

Cada vez que penso que case a piso! Menos mal que é unha araña máxica e berrou NOOOOOOON! E deixoume sorprendido e desconcertado! Despois do susto, fixémonos amigos, porque eu estaba tan marabillado, que so puiden manter os oídos moi abertos para que non perderme nada do que me estaba contando. Que bonito ter alguén con que falar!

Tamén me contou cousas moi terribles, como que os humanos, si vós, estabades acabando co mundo dos seres diminutos coa contaminación, os insecticidas, herbicidas, a contaminación da auga, ...., e dixo que non vos entendía, porque sen os bichos pequenos, sen invertebrados non podemos vivir! As veces penso que as persoas están un pouco tolas!

Sen invertebrados, non desaparecerían as follas, nin a bosta das vacas ou a cacas das ovellas, imaxinádevos Mugardos cheo de excrementos de cans, gatos, ... .Posiblemente tamén desaparecerían as flores, moitos paxaros, réptiles e anfibios, e incluso persoas non terían comida. Habería moitas máis pragas, perderíamos materias primas: mel, cera, seda, ...., tantas cousas importantes...

Facédeme un favor ENOOORME: Parádevos un ratiño e mirade canta vida tedes arredor, coñecede aos meus amigos os invertebrados, dádelles unha oportunidade: Eles precísannos, e nós tamén a eles.

Despídome prometendo volver pronto. Eu tamén continúo coa miña investigación. Volverei para informarvos das miñas pescudas.

Seguro que traballando en equipo conseguimos un mundo mellor.

Bo comezo! Gozade aprendendo!