enero 23, 2014

DAMOS A LATA POLA PAZ

Durante a vindeira semana celebraremos no cole a Semana pola Paz e a non Violencia. A programación será a seguinte:
"HORA DE LER" POLA PAZ 
   . O luns Lola de 2º contará o conto "O segredo de Flora"
   . O martes os nenos e nenas de 5º e 6º , despois de ver un video sobre a figura de  Ana Frank , farán unha lectura colectiva dun fragmento do "Diario de Ana Frank".
   . O mércores os nenos e nenas de 3º e 4º recitarán poemas sobre a paz.
   . O xoves  6º de Ed. Infantil contará aos seus compañeiros e compañeiras de Infantil quen foi Mahatma Gandhi.
"CAIXAS DE AULA"  con libros sobre a paz para ler nas aulas e EXPOSICIÓN na biblioteca.
"MURAIS SOBRE A PAZ"
"DAMOS A LATA POLA PAZ"
Durante o luns e o martes decoraremos latas de refresco con frases, debuxos...alusivos á paz. Faremos unha EXPOSICIÓN  de todas elas na entrada do colexio.
O día 30 no patio cantaremos a canción "Latas pola paz" acompañandoa das nosas lata-maraca.
Representaremos os símbolos da paz cos nosos corpos e para rematar faremos un intercambio de latas que levaremos de recordo para as nosas casas.

Para ir quentando motores aquí vos deixo unha presentación  realizado polos nosos compañeiros e compañeiras do Ceip de Ponzos de Ferrol ...


 

...e o video da canción "Latas pola Paz"( da  ONG ADMUNDI) para ir afinando.


.... e en versión Karaoke polo cole Barrié de La Maza de Santa Comba.


GRAZAS a todos eles por compartir os seus traballos.

ANO NOVO, CONTOS NOVOS

"Había otra vez...La fea durmiente", este foi o conto que nos contou Ariadna de 6º o pasado xoves. Gustounos moito esta nova versión deste clásico e disfrutamos sobre todo moito con Ariadna e coa súa facilidade  para contar historia.
Grazas Ariadna e esperamos verte de novo na túa nova faceta de contacontos.

Se queres ler mais contos ó revés, na biblio temos a colección de "Había otra vez..." con títulos como "Blancanieves y los siete gigantones" o "Caperucita descolorida".