Amosando publicacións coa etiqueta Cancións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cancións. Amosar todas as publicacións

setembro 28, 2026

decembro 02, 2024

Canción da semana: SE CHOVE

 Estades preparadas e preparados para cantar esta canción do grupo Treixadura ?

Pois afinade as vosas gorxas que comeza o karaoke!!!!!


novembro 18, 2024

Canción da semana : Nais e avoas

Clica na imaxe e escoita a canción

 Paula Chaves, coñecida polo seu nome artístico Pauliña, é unha cantante, compositora e actriz galega de Cambados ( Pontevedra )

Empezou a cantar e compoñer xa de nova en Cambados e arredores e despois marchou unha tempada a Inglaterra onde tamén continuou a súa carreira musical. Volveu tempo despois a Galicia onde se afincou en Santiago de Compostela. Na capital conseguiu subirse aos escenarios xunto a Vituco Neira (Ruxe Ruxe), Fosi (DeLombaos) ou Zënzar. Cando xa comezaba a ter éxito nas redes sociais a banda NAO propúxolle colaborar no seu disco Cartas no caderno que a levou a tocar con eles en grandes festivais. Despois de marchar a Ourense por motivos laborais, en 2018 lanzou o seu primeiro disco De -Xeneración coa discográfica Xonix Records e a finais dese mesmo ano lanzou o EP Decideu non ser de ninguén, no que colaborou con Valtònyc.

Tras o éxito dos primeiros proxectos, no 2020 lanzou o seu segundo disco A Malfalada, mesturando o country coa música folk, rock e o blues, en colaboración cunha banda de músicos veteranos formada por: Iago Jorge (batería), Lolo Arincón (baixo), Paco Montoto (teclado) e Julián Gullón (guitarra).

No 2022 actuou na película de Ángel de la Cruz O home e o can, na que tamén é a autora da canción orixinal.

(https://gl.wikipedia.org/wiki/Pauliña)

abril 22, 2024

"CARACOL E FORMIGA" , A CANCIÓN DA SEMANA

 


E para continuar coa nosa temática de bechos, esta semana cantaremos e traballaremos cunha canción de  "Cantos CONTOS en CANTOS" que leva por título "Caracol e formiga".


Prema na imaxe para escoitar a canción

outubro 22, 2023

CANCIÓN DA SEMANA : PARA CANDO EU MORRA


Queres coñecer  a Sés? Pois clica na súa foto e na súa páxina web atoparás moitos datos interesantísimos sobre a súa vida e a súa discografía.