diciembre 11, 2019

CHARLAS NA BIBLIO : PLAN PROXECTA

Como ben sabedes, este ano no noso colexio estamos a participar no “Plan Proxecta:
Recíclate con Sogama”. Por iso, dentro deste programa tivemos unha xornada de formación para o alumnado de 5º  e 6º de Ed. Primaria aquí na biblioteca.
Nesta sesión, Julia, recordounos cousas que xa coñeciamos e ensinounos outras que nos
sorprenderon moito. Por exemplo, que xa non falamos do 3R senón de 5R: Reducir, Reparar, Recuperar, Reutilizar e Reciclar, aínda que xa se está a falar de máis como o Recuperarenerxicamente a parte non reciclable.
Tamén nos resolveu moitas dúbidas que tiñamos con respecto ao que podemos tirar ou non no noso composteiro e nos diferentes contedores do lixo. E que pasa despois de que veña o camión a baleirar os contedores.
Por último, e non menos importante, aprendemos que hai moitos máis contedores dos que estamos acostumados a ver na rúa, temos o minicontedor das pilas (como o que hai no cole),o punto SIGRE (atopámolo nas farmacias), os puntos limpos...
FOI MOI INTERESANTE!!
 Se queredes ter máis información podedes entrar en
http://www.sogama.gal/es/info/reciclate-con-sogama

No hay comentarios:

Publicar un comentario