O Gran Teatro Dominicus estrea hoxe a súa primeira obra , un fragmento de Fuenteovejuna escrita no 1610 por Lope de Vega .
Xa tes a túa invitación? Pois prepárate para disfrutar dun anaquiño dunha das obras máis representativas do teatro español.
abril 30, 2013
abril 29, 2013
TEATROS DO MUNDO
Esta é unha pequena mostra dos marabillosos teatros que hai en todo o mundo, dende os máis clásicos e antigos como o Teatro romano de Mérida ata ós máis modernos como o de Sidney.
Cal é o teu preferido ? Neste gloster tes información dos dez seleccionados pola biblio. Deixa o teu comentario de cal é o que máis che gusta desta lista ou outro que ti prefiras e que aquí non apareza.

Cal é o teu preferido ? Neste gloster tes información dos dez seleccionados pola biblio. Deixa o teu comentario de cal é o que máis che gusta desta lista ou outro que ti prefiras e que aquí non apareza.
ARRIBA O TELÓN !
" O Gran Teatro Dominicus" ten o pracer de convidarvos durante todo o mes de maio a un montón de espectáculos e actividades.Estamos instalados na entrada principal do cole, ao lado da biblioteca. Estade moi atentos porque as invitacións para os distintos actos xa están empezando a circular polo cole.
abril 26, 2013
abril 22, 2013
En abril, libros mil : Xuntanza na biblio

. Comezaremos escoitando o monólogo "Só un libro"( texto de Paula Carballeira)
. Contacontos: "El libro que se sentía solo".
. Visita á exposición dos nosos libros favoritos e presentación de cada un deles polos nenos/as e profes.
. Agasallo dun marcapáxinas.
abril 19, 2013
EN ABRIL, LIBROS MIL : EXPOSICIÓN DE LIBROS
Disfrutaremos dunhas xornadas moi entretidas, divertidas e emotivas escoitando o que tedes que contar acerca do voso libro.
abril 01, 2013
Día da poesía 2013
Durante toda a semana disfrutamos das máis fermosas poesías grazas ao expositor que durante estes días percorreu as nosas clases. Un ano máis reunímonos na biblioteca para conmemorar o dia da Poesía e ,desta volta, limos as nosas propias creacións. Escoitamos poemas adicados as nosas mascotas, a nosa familia, aos nosos medos...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)