Comezamos a semana coa preparación da festa de outono. Este ano centrarémonos sobre todo nas actividades relacionadas con este tempo: vendima, esfollada, recolleitas...
Como todos os anos precisamos da túa colaboraración para.....
- Ambientar a biblioteca e a entrada ao cole .
- Seleccionar libros para a exposición temática.
- Participar no libro cooperativo.
e...CONCURSO
Cal o nome do autor e o nome do cadro que ilustra esta entrada?
Se sabes a resposta...PARTICIPA.
octubre 27, 2013
octubre 25, 2013
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
As CAIXAS DE AULA saen hoxe da biblioteca cargadiñas de libros relacionados coa ciencia. Durante unha semana estarán nas aulas para que poidades disfrutar dos máis sorprendentes experimentos, dos avances tecnolóxicos, dos distintos ecosistemas , do universo...en fin unha gran variedade de libros.
Cada aula fará unha selección dos tres libros máis interesantes e os presentaremos nunha exposición na biblio nas vindeiras semanas.
Os nosos compañeiros e compañeiras de Ed Infantil ademáis de ler libros xa puxeron en práctica algúns dos experimentos.Se queres botar unha ollada pincha no seguinte enlace: Ler ciencia en Ed.Infantil.
octubre 20, 2013
A VOLTA Ó MUNDO EN 80 DÍAS
No mes de novembro o terceiro ciclo iremos ó teatro a Narón a ver a obra "A volta ó mundo en 80 días"
Un protagonista, Philes Fogg, o seu criado e unha aposta descabellada : dar a volta ó mundo en 80 días, son os principais ingredientes desta obra de teatro baseada na gran obra de Julio Verne.
A compañía Gorakada creará no escenario esta fantástica aventura con bo humor, imaxinación e con música en directo. Acompañados os actores e actrices dunhas orixinais marionetas e unha curiosa escenografía baseada en maletas para realizar as viaxes en ferrocarril, barco ou elefante.
Durante esta semana teremos na biblioteca varias sesións de lecturas compartidas desta fantástica obra.

octubre 16, 2013
As mochilas viaxeiras
octubre 06, 2013
Marcapáxinas divertidos
octubre 04, 2013
XA ESTAMOS DE VOLTA
Xa estamos aquiiiiiiii! Un curso máis a biblioteca do dragón abre as súas portas e convida a todos a pasar un montón de horas divertidas. Benvidos!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)