diciembre 22, 2014
diciembre 12, 2014
diciembre 11, 2014
PODCAST : O MAGOSTO
Como ben sabedes o proxecto no que nos embarcamos con moitísima ilusión este curso xira entorno ó mundo da radio.
Tomamos como punto de partida unha das celebracións máis emblemáticas da nosa terra , o magosto.
Visitamos a nosa biblio, preguntamos ás nosas familias....e recopilamos unha morea de información sobre as castañas, os castiñeiros, refráns, cantigas, lendas... Traballamos con toda esa información nas aulas coordinados/as polas mestras ; seleccionamos, recortamos engadimos, opinamos...e elaboramos uns completos traballos que expuxemos na biblioteca o Día do Magosto e que estarán expostos nas corcheiras dos corredores do cole durante este curso.
Un grupo de alumnos e alumnas de 3ª, 4º, 5º e 6º coordinados por Tonecho e Iván ( o presidente do ANPA) refundiron todo este traballo nun formato de guión radiofónico.
O resultado xa o temos aquí neste podcast.
octubre 30, 2014
Arranca a primeira Mochila Viaxeira
Os nenos e nenas de primeiro de primaria recibiron hoxe a mochila viaxeira para este curso. Unha mochila cargada de novidades e por suposto sorpresas sobre todo para as familia.Este ano a mochila recolle os libros feitos polos nenos e nenas na súa etapa de Ed. Infantil: "A pedra do cú da raíña" e "O libro das flores". Ademáis dun libro de aventuras con Pupi, un libro para os maiores da casa,unha peli moi divertida sobre o ratiño Pérez, o libro de animais "Camuflajes" e como non podía ser menos este curso un libro relacionado coas matemáticas.
Na mochila aparece unha enquisa para saber a vosa opinión sobre o material.
Esperamos que vos guste!
Na mochila aparece unha enquisa para saber a vosa opinión sobre o material.
Esperamos que vos guste!
octubre 24, 2014
DÍA DAS BIBLIOTECAS ... MATEMÁTICO
"Biblioteca escolar...matemático" é o lema elixido para o cartel da campaña de comezos deste curso 2014-2015 nas bibliotecas escolares galegas e como fío condutor durante este mes de outubro ás actividades programadas na nosa biblio.
![]() |
Sofía, gañadora do concurso |
Hoxe 24 de outubro Dia das Bibliotecas Escolares resolvimos as preguntas do concurso :Que é un tangram? De que país é orixinario?. Despois da posta en común fixemos uns fermosos marcapáxinas con figuras do tangram.
Ahh e a gañadora do concurso foi Sofía de 4º de primaria que levou como agasallo o novo libro do Diario de Greg.

octubre 20, 2014
ATENCIOOOON.....CONCURSO!!!!!!!!!
Primeiro concurso do ano.
Que hai que facer?
Pois moi doado .
Na entrada da biblio atoparás as tarxetas para participar neste concurso. Terás que cubrilas coa resposta acertada e os teus datos persoais.
Que non sabes a resposta? Non hai ningún problema .Na biblioteca están toooodas as respostas.
Anímate a participar e moita sorte.

octubre 19, 2014
NOVIDADES
As primeiras novidades que traemos este curso son algúns dos libros que recomendabades mercar nas enquisas de xuño. Durante esta semana o expositor percorrerá as clases e a finais de mes xa estarán nos andeis da biblioteca para que os poidades levar para casa, para clase ou para ler na biblio.
Aquí vos deixamos unha referencia a algúns deles e...
.... esperamos as vosas novas suxerencias!!!!!
Aquí vos deixamos unha referencia a algúns deles e...
.... esperamos as vosas novas suxerencias!!!!!
octubre 10, 2014
octubre 05, 2014
2014-2015 :COMEZAMOS UN NOVO CURSO
junio 16, 2014
junio 13, 2014
CONTACONTOS EN FAMILIA
varios contos: uns contos que inventa, xunto con Eneas, para a noite (un do Samaín e outro duns nenos que caeron por un túnel do tempo e que ademais Eneas ilustrou), e os contos "A vella na botella" e "Orellas de bolboreta".
Pero ademais de contarnos un conto, agasallounos cun "dente" chulísimo onde gardar os dentes cada vez que nos caen e non perdelos pola cama cando os deixamos debaixo da almofada para o rato Pérez.
MOITIIIIIISIMAS GRAZAS!!!!!!!
junio 10, 2014
junio 08, 2014
PROXECTO DOCUMENTAL : OS IRMANDIÑOS
Os alumnos e alumnas de sexto curso de primaria traballaron durante o terceiro trimestre nun proxecto documental sobre os irmandiños. Aquí tedes o resultado.
Noraboa rapaces/as polo traballo ben feito!!
Noraboa rapaces/as polo traballo ben feito!!
mayo 27, 2014
Contacontos bilingüe
mayo 19, 2014
mayo 18, 2014
OS NOSOS LIBROS VOADORES
Libros voadores!!!!! O soño do Sr.Lesmore feito realidade na nosa biblioeca.
Soños de princesas e de cabaleiros...
Soños de amor e desamor.
Soños longos e soños curtos.
Soños fantásticos e de todos os días.
Soños, moitos soños!!!!
Pois con todos estes soños imos disfrutar durante as vindeiras semanas.
Temos agochados nestes fermosos globos moitas actividades coas que difrutaremos da nosa biblioteca.

mayo 15, 2014
mayo 12, 2014
Contacontos na biblio: Qué desastre de flautista!!!!

Contáronnos unha divertida historia sobre un flautista que non coñecía as normas de circulación.
Entre os seus veciños do pobo e todos nós fumos ensinándolle os principais sinais.Claro que para todos nós foi moi doado xa que recordabamos a charla sobre Educación Vial que recibimos aquí na biblio a cargo do xefe da Policía Municipal.
mayo 03, 2014
NAVEGA SEGURO POR INTERNET
No mes de febreiro os rapaces e rapazas do terceiro ciclo participaron no proxecto da Xunta e do CEPEIG" Navega con Rumbo".
Participaron nunha xornada na que coñeceron os riscos de navegar pola internet e como facelo de forma segura.
A partir desta charla organizamos na biblio varias sesións durante todo o trimestre nas que fumos analizando mais polo miúdo os aspectos mais significativos dos que temos que ter conta cando navegamos pola rede.
Fixemos un resumo e selecionamos os videos mais significativos que aquí vos deixamos.

abril 28, 2014
abril 27, 2014
UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA
abril 23, 2014
DÍA DO LIBRO 2014
Comezamos a celebración do Día do Libro cunha fermosa historia na que os libros teñen ás e fan que todos aqueles que os lean poidan tamén voar. Unha homenaxe para todos os que disfrutamos da lectura e amamos os libros.
Gañador do Oscar ó mellor corto animado en 2012.
Gañador do Oscar ó mellor corto animado en 2012.
abril 20, 2014
abril 18, 2014
abril 10, 2014
"UN PESADELO NO MEU ARMARIO" EN KAMISHIBAI
![]() |
María e Paola |
María e Paola de 6º foron as encargadas da montaxe da música, e da narración do conto ós nenos e nenas de Ed. Infantil.

abril 03, 2014
O microscopio dixital na biblio

A lenda remóntase ó ano 2698 ac, á época do emperador Huang Ti, o famoso Emperador Amarelo, e de como descubriu a seda.
Despois co miscroscopio dixital vimos na pantalla , aumentados, os pequenos vermes comendo nas follas da moreira e os seus ovos que parecían fermosas pedras preciosas.

abril 02, 2014
2 de abril, Dia do Libro Infantil :Contacontos en familia
Para celebrar este día contamos coa presenza de Bea, a nai de Saúl. Bea escolleu un dos libros preferidos do seu fillo" A figueira dos pelos tortos".
PelosTortos non quería compartir os figos da súa figueira, pero uns rapaces disfrazados de pantasmas, déronlle unha boa lección...
E gustounos tanto a historia, que Bea animouse e contounos outra máis dun neno que non quería aprender a ler.
¡Moitas grazas tamén a ti, Bea!¡ Encantounos que viñeras! Grazas por compartir con todos un conto tan especial para vós.

abril 01, 2014
En abril, contos mil : Contacontos en familia
Como non podía ser doutra maneira, comezamos o mes de abril con contos. Desta volta contamos coa colaboración da familia de Endika, concretamente con Nerea a súa irmá.Contounos unha historia"La mariquita de Apelón".Unha historia moi bonita na que os protagonistas foron os nenos e nenas de 6º de Ed Infantil.
Resulta que esta xoaniña perdera todos os seus puntos durante o inverno: ¡claro, con tanto vento...! Pero deixounos un libro de pistas e entre todos tivemos que adiviñar a que neno/a correspondía cada punto para poder pegarllo novamente á xoaniña.
Ademais, Nerea agasallounos a todos/as cunha xoaniña: moitas grazas Nerea, encantounos a historia, o xogo de adiviñar as pistas,..., a verdade é que nos fixeches pasar unha mañá superentretida. ¡Grazas!
Resulta que esta xoaniña perdera todos os seus puntos durante o inverno: ¡claro, con tanto vento...! Pero deixounos un libro de pistas e entre todos tivemos que adiviñar a que neno/a correspondía cada punto para poder pegarllo novamente á xoaniña.
marzo 24, 2014
Máis manualidades da Mochila Viaxeira
marzo 21, 2014
COMPARTIMOS POEMAS
Poemas seleccionados...
Poemas representados, ilustrados e decorados...
Poemas compartidos nunha xornada conxunta no patio...
Hoxe, Día da poesía ....
AGASALLO: UN POEMA
Poemas representados, ilustrados e decorados...
Poemas compartidos nunha xornada conxunta no patio...
Hoxe, Día da poesía ....
AGASALLO: UN POEMA
marzo 10, 2014
8 DE MARZO : DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
CONTOS VELLOS, NOVOS FINAIS
Ademais hoxe contamos na nosa biblio coa visita da Garda Civil cos que reflexionamos sobre moitos aspectos referidos á muller , prestando unha especial atención á violencia de xénero.
marzo 03, 2014
BUÑO máis preto de NÓS

O pasado xoves tivemos no cole un obradoiro de barro a cargo dun grupo de alfareiros de Buño. Durante toda a mañá os nenos e nenas de Ed. Infantil e Primaria disfrutaron moldeando as súas propias figuras coas máns, coa axuda de moldes e sobre todo co torno.
Queremos agradecer a ANPA a súa colaboración para realizar esta actividade e a este grupo de profesionais por compartir con todos nós todos os seus coñecementos.
Se queres coñecer máis sobre este fantástico pobo, Buño, ou sobre o traballo e segredos dos alfareiros prema na imaxe.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)