abril 28, 2014
abril 27, 2014
UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA
abril 23, 2014
DÍA DO LIBRO 2014
Comezamos a celebración do Día do Libro cunha fermosa historia na que os libros teñen ás e fan que todos aqueles que os lean poidan tamén voar. Unha homenaxe para todos os que disfrutamos da lectura e amamos os libros.
Gañador do Oscar ó mellor corto animado en 2012.
Gañador do Oscar ó mellor corto animado en 2012.
abril 20, 2014
abril 18, 2014
abril 10, 2014
"UN PESADELO NO MEU ARMARIO" EN KAMISHIBAI
![]() |
María e Paola |
María e Paola de 6º foron as encargadas da montaxe da música, e da narración do conto ós nenos e nenas de Ed. Infantil.

abril 03, 2014
O microscopio dixital na biblio

A lenda remóntase ó ano 2698 ac, á época do emperador Huang Ti, o famoso Emperador Amarelo, e de como descubriu a seda.
Despois co miscroscopio dixital vimos na pantalla , aumentados, os pequenos vermes comendo nas follas da moreira e os seus ovos que parecían fermosas pedras preciosas.

abril 02, 2014
2 de abril, Dia do Libro Infantil :Contacontos en familia
Para celebrar este día contamos coa presenza de Bea, a nai de Saúl. Bea escolleu un dos libros preferidos do seu fillo" A figueira dos pelos tortos".
PelosTortos non quería compartir os figos da súa figueira, pero uns rapaces disfrazados de pantasmas, déronlle unha boa lección...
E gustounos tanto a historia, que Bea animouse e contounos outra máis dun neno que non quería aprender a ler.
¡Moitas grazas tamén a ti, Bea!¡ Encantounos que viñeras! Grazas por compartir con todos un conto tan especial para vós.

abril 01, 2014
En abril, contos mil : Contacontos en familia
Como non podía ser doutra maneira, comezamos o mes de abril con contos. Desta volta contamos coa colaboración da familia de Endika, concretamente con Nerea a súa irmá.Contounos unha historia"La mariquita de Apelón".Unha historia moi bonita na que os protagonistas foron os nenos e nenas de 6º de Ed Infantil.
Resulta que esta xoaniña perdera todos os seus puntos durante o inverno: ¡claro, con tanto vento...! Pero deixounos un libro de pistas e entre todos tivemos que adiviñar a que neno/a correspondía cada punto para poder pegarllo novamente á xoaniña.
Ademais, Nerea agasallounos a todos/as cunha xoaniña: moitas grazas Nerea, encantounos a historia, o xogo de adiviñar as pistas,..., a verdade é que nos fixeches pasar unha mañá superentretida. ¡Grazas!
Resulta que esta xoaniña perdera todos os seus puntos durante o inverno: ¡claro, con tanto vento...! Pero deixounos un libro de pistas e entre todos tivemos que adiviñar a que neno/a correspondía cada punto para poder pegarllo novamente á xoaniña.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)