Os nenos e nenas de primeiro de primaria recibiron hoxe a mochila viaxeira para este curso. Unha mochila cargada de novidades e por suposto sorpresas sobre todo para as familia.Este ano a mochila recolle os libros feitos polos nenos e nenas na súa etapa de Ed. Infantil: "A pedra do cú da raíña" e "O libro das flores". Ademáis dun libro de aventuras con Pupi, un libro para os maiores da casa,unha peli moi divertida sobre o ratiño Pérez, o libro de animais "Camuflajes" e como non podía ser menos este curso un libro relacionado coas matemáticas.
Na mochila aparece unha enquisa para saber a vosa opinión sobre o material.
Esperamos que vos guste!
octubre 30, 2014
octubre 24, 2014
DÍA DAS BIBLIOTECAS ... MATEMÁTICO
"Biblioteca escolar...matemático" é o lema elixido para o cartel da campaña de comezos deste curso 2014-2015 nas bibliotecas escolares galegas e como fío condutor durante este mes de outubro ás actividades programadas na nosa biblio.
![]() |
Sofía, gañadora do concurso |
Hoxe 24 de outubro Dia das Bibliotecas Escolares resolvimos as preguntas do concurso :Que é un tangram? De que país é orixinario?. Despois da posta en común fixemos uns fermosos marcapáxinas con figuras do tangram.
Ahh e a gañadora do concurso foi Sofía de 4º de primaria que levou como agasallo o novo libro do Diario de Greg.


octubre 20, 2014
ATENCIOOOON.....CONCURSO!!!!!!!!!
Primeiro concurso do ano.
Que hai que facer?
Pois moi doado .
Na entrada da biblio atoparás as tarxetas para participar neste concurso. Terás que cubrilas coa resposta acertada e os teus datos persoais.
Que non sabes a resposta? Non hai ningún problema .Na biblioteca están toooodas as respostas.
Anímate a participar e moita sorte.
Que hai que facer?
Pois moi doado .
Na entrada da biblio atoparás as tarxetas para participar neste concurso. Terás que cubrilas coa resposta acertada e os teus datos persoais.
Que non sabes a resposta? Non hai ningún problema .Na biblioteca están toooodas as respostas.
Anímate a participar e moita sorte.
octubre 19, 2014
NOVIDADES
As primeiras novidades que traemos este curso son algúns dos libros que recomendabades mercar nas enquisas de xuño. Durante esta semana o expositor percorrerá as clases e a finais de mes xa estarán nos andeis da biblioteca para que os poidades levar para casa, para clase ou para ler na biblio.
Aquí vos deixamos unha referencia a algúns deles e...
.... esperamos as vosas novas suxerencias!!!!!
Aquí vos deixamos unha referencia a algúns deles e...
.... esperamos as vosas novas suxerencias!!!!!
octubre 10, 2014
octubre 05, 2014
2014-2015 :COMEZAMOS UN NOVO CURSO
Suscribirse a:
Entradas (Atom)