Metidos de cheo este curso na Realidade Aumentada , xa temos por fín o código QR da nosa biblio!!!
Seguimos a traballar neste tema e agárdanvos moitas máis sorpresas, estade moi atentos!!!!
febrero 29, 2016
febrero 24, 2016
LEMBRANDO A ROSALÍA
febrero 12, 2016
Coñecemos os riscos de internet?
Un ano máis da man da Garda Civil o alumnado de 6º e 5º de primaria tiveron unhas charlas sobre os riscos de internet e como navegar seguros pola rede.
Para non esquecer todas as recomendación lembramos a recopilación de vídeos que fixemos o curso pasado e que sería convinte volver a ver .
Para non esquecer todas as recomendación lembramos a recopilación de vídeos que fixemos o curso pasado e que sería convinte volver a ver .
febrero 01, 2016
DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA
Para conmemorar esta data realizamos diversas actividades :
- Sesión de contacontos : Os nenos e nenas de 6º prepararon o conto de Paula Carballeira " O Principio" para contárllelo a todo o alumnado do colexio.Ó rematar ensináronos a montaxe que elaboraron cos debuxos que os nenos e nenas dos campamentos de refuxiados sirios fixeron sobre a súa visión da guerra.Todas estas fotografías as foron recopilando, seleccionando e clasificando da prensa, e que nos presentaron baixo o título "Soños de Paz".
- Na clase de música prepararon "O Rap sobre a Paz" acompañado con percusión e co que disfrutamos todo ó colexio.

- Ademais deste fantástico rap, todo o cole cantamos e bailamos a canción de O sonoro maxín : "Quérote máis".
- Tivemos durante esta semana un taller de plástica para aprender a facer muíños de papel, que logo decoramos con frases e desexos de paz. Na celebración do día da paz limos os nosos desexos e fixemos xirar os nosos muíños.
E como xa é costume no cole, decoramos os corredores e a entrada con murais alusivos elaborados con distintas técnicas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)