![]() |
Recomendacións lectoras |
diciembre 20, 2017
diciembre 16, 2017
CONTACONTOS NA BIBLIO...HOXE EN INGLÉS
diciembre 15, 2017
Contacontos na biblio
Hoxe temos contacontos na biblioteca. Un contacontos moi querido por todos nós , bueno máis ben unha contacontos.
Hoxe estará con nós Aida , a nai de Xoel, que ataviada co seu mandil máxico vainos contar a historia de Martiño, e o seu peculiar problema na noite de Reis.
Disfrutade moito e...
Moitísimas grazas Aida!!!!
Hoxe estará con nós Aida , a nai de Xoel, que ataviada co seu mandil máxico vainos contar a historia de Martiño, e o seu peculiar problema na noite de Reis.
Disfrutade moito e...
Moitísimas grazas Aida!!!!
noviembre 27, 2017
DEREITOS DAS NENAS E NENOS
"Xunt@s polos dereitos d@s nen@s" con este slogan celebramos este curso o Día dos Dereitos dos Nenas e os Nenos e cunha divertida xornada intercentros .
Queredes saber que fixemos?
Pois non tes máis que clicar no blogue de Ed. Infantil Os Milicroques .
noviembre 26, 2017
CEIP UNIÓN MUGARDESA , EN NEGRO
CEIP UNIÓN MUGARDESA, en NEGRO contra a VIOLENCIA DE XÉNERO
Nestas datas ...
Lecturas compartidas, contacontos, dramatizacións, debuxos....
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Nestas datas ...
Lecturas compartidas, contacontos, dramatizacións, debuxos....
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
noviembre 03, 2017
octubre 26, 2017
Contacontos na biblio :"Es un libro"
Seguindo co programa da celebración do Día das Bibliotecas Escolares , Laura e Olalla contaron e dramatizaron o fantástico libro de Lane Smith
"Es un libro".
Fantástica interpretación!!!!
"Es un libro".
Fantástica interpretación!!!!
octubre 23, 2017
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
"O Día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. Van xa máis de dúas décadas desde que a Asociación Amigos del Libro Infantil y Juvenil propuxera esta data para facer fincapé nos beneficios destas institucións ao servizo da lectura, da cultura e da cidadanía. Posteriormente, o Ministerio de Cultura apoiou esta celebración e todos os anos edítase un cartel cun texto conmemorativo e realízase un acto de celebración oficial.
O departamento de Educación da Consellería de Cultura, Educación e O.U vén publicando desde 2008 uns carteis que pretenden facer visibles as distintas oportunidades e posibilidades da biblioteca escolar, porque o Día 24 de outubro é tamén o DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR, por ser esta unha biblioteca esencial xa que por ela pasa toda a poboación escolar dun país. Cada ano proponse un lema e encárgase a súa interpretación a un creador ou a unha creadora do fértil mundo da ilustración en Galicia. Xosé Tomás é o ilustrador que este ano achega a súa creación a todas as bibliotecas escolares do territorio galego. Aprender a pensar coa biblioteca escolar, o lema elixido nesta ocasión, convida ao aproveitamento dos recursos, dos espazos, dos tempos e das actividades que a biblioteca facilita a toda a comunidade educativa"
E nós tamén imos conmemorar esta data ó longo da semana co seguinte programa:
.TEATRO NO COLE
O grupo A tropa de Trapo representará no noso cole a obra "Ti tamén contas"
. ENCONTROS NA BIBLIO CON: VÍCTOR RODRÍGUEZ
O pintor Víctor Rodríguez visitará a nosa biblioteca para falarnos dos seus cadros sobre "As Meninas".
.Primeira sesión de contacontos na biblio
.TEATRO NO COLE
O grupo A tropa de Trapo representará no noso cole a obra "Ti tamén contas"
. ENCONTROS NA BIBLIO CON: VÍCTOR RODRÍGUEZ
O pintor Víctor Rodríguez visitará a nosa biblioteca para falarnos dos seus cadros sobre "As Meninas".
.Primeira sesión de contacontos na biblio

.TALLER DE MARCAPÁXINAS
.ENTREGA DAS MOCHILAS VIAXEIRAS
.PRESENTACIÓN DE NOVIDADES
octubre 22, 2017
TÍ TAMÉN CONTAS
Grazas ao Fondo Galego de Cooperación e
Solidariedade disfrutamos, xunto cos
compañeiros e compañeiras do cole de Franza ,do grupo A Tropa de Trapo co
espectáculo "Ti tamén contas"
A actividade consistiu en diferentes contacontos,
acompañados de xogos e dinámicas participativas.
TI TAMÉN CONTAS é máis ca un espectáculo de
contos. Hai contos pero tamén hai debate. Porque nós temos cousas que contar,
pero o público tamén.
Arrincamos primeiro cuns contos que porán enriba da mesa
diferentes cuestións. E despois xogaremos a debatir todos e todas a través de
dinámicas activas e participativas.
E de que falaremos?
Entendemos que para a sensibilización sobre a cooperación e
a solidariedade é preciso primeiro unha reflexión sobre o mundo. Comezando polo
mundo que nos rodea, no que a nosa acción é máis directa e tanxible.
Por iso, cos contos, cuestionaremos :
- a abundancia de cousas materiais, os xoguetes que temos,
os que precisamos e os que non usamos,
- a relación entre ter moito é ser feliz, o que pensa a
xente, o que pensan eles
- as consecuencias que ten esta abundancia de cousas para
unha parte do mundo, as consecuencias do traballo en condicións de explotación,
o traballo infantil
- a importancia de axudarse e colaborar para mellorar o
mundo no que vivimos, os efectos das nosas accións sós e en comunidade
Nós poñemos as historias e o público pon as reflexións.
Compartirémolas xogando, entre todos e todas. Porque todos contamos.
Os Contos :
- O home feliz
Nun reino había un príncipe que non era feliz. Enfermou de
tristura e seu pai, o rei, intentouno todo para curalo. O único remedio era
atopar un home feliz, quitarlle a camisa e vestir con ela ao príncipe.
Partiu entón o rei en busca do home máis feliz do reino...
pero, quen podía ser?
Comezou entón unha viaxe cuestionando a felicidade, as
comodidades, o que pensamos que nos fai felices e o que nos fai felices de
verdade.
- A pelota
Ailé xogaba sempre cunha pelota. A súa pelota preferida. Un
invento marabilloso.
Pero un día preguntouse quen sería a mente brillante que
faría esa pelota. Imaxinou que sería alguén moi importante. Pero a realidade
era outra. Noutro país, moito máis pobre có seu, era un neno coma el o que
facía as pelotas. Un neno que nin tan sequera tiña unha das pelotas que
fabricaba.
- Tumbé
Un furacán tropical arrasou coa vila ribeirana de Tumbé e a
xente quedou sen nada. Lonxe dalí, un home cunha avioneta xuntou comida e
medicinas e levounas, pero caeulle unha mochila. E Tumbé quedaba moi lonxe.
Era imposible que a mochila chegase a Tumbé.
Comezou entón para esta mochila unha viaxe de ombreiro en
ombreiro, por terra e por mar, cun vello, cun corvo, cunha sardiña... para
demostrar que, se non nos rendemos, o imposible tamén pode ser posible.
E aínda que pareza imposible, a mochila chegou a Tumbé. Pero
este non era o final da historia...
octubre 01, 2017
Presentación do cadro "As Meninas"
Desvelamos por fin o misterio do noso proxecto ...
Durante este trimestre traballaremos arredor do cadro "A familia de Felipe IV" máis coñecida como "As Meninas" do pintor Diego Velázquez.
Esta semana , na biblioteca, teremos a presentación do cadro da man dun divertido vídeo do Museo do Prado.
Estades todos convidados/as...
septiembre 29, 2017
Novo curso....novos proxectos
COMENZAMOS...
Un ano máis comezamos un novo curso coa formación de usuarios e a posta en marcha da nosa biblioteca.
Contamos cunha chea de novidades que pouco a pouco irás coñecendo.
Adiantamos que temos unha nova sinalización nos andeis dos libros de narrativa para que sexa moito máis doado localizalos.
Estamos todos , tanto profesorado como alumnado , moooi preparados para comezar!!!!!!
![]() |
julio 07, 2017
junio 21, 2017
abril 27, 2017
Abril, mes dos libros con Pere Tobaruela
Esta semana , grazas a editorial Embora, contamos na nosa biblioteca coa visita do escritor catalán afincado xa en Galicia, Pere Tobaruela.
Pere visitounos para charlar sobre o seu libro "Cinco horas con Mauro" que formaba parte do programa de libros de lectura compartida para este curso en 5º e 6º de Ed. Primaria.
Falamos do acoso escolar , da súa vida como escritor e da importancia de valorar e utilizar a nosa lingua. En fin unha sesión moi enriquecedora na que todos , alumnos e profes , disfrutamos moitísimo.
Nós tiñámoslle preparada unha sorpresa, un BOOKTRAILER sobre o seu libro:
Gustoulle tanto o booktrailer que ata nos pedíu unha copia para el!!!!!
E tamén en REALIDADE AUMENTADA co programa Aurasma enlazado á portada do libro

Falamos do acoso escolar , da súa vida como escritor e da importancia de valorar e utilizar a nosa lingua. En fin unha sesión moi enriquecedora na que todos , alumnos e profes , disfrutamos moitísimo.
Nós tiñámoslle preparada unha sorpresa, un BOOKTRAILER sobre o seu libro:
Gustoulle tanto o booktrailer que ata nos pedíu unha copia para el!!!!!
E tamén en REALIDADE AUMENTADA co programa Aurasma enlazado á portada do libro
marzo 10, 2017
"Aló onde agroman as herbas" : Semana da Igualdade


marzo 06, 2017
febrero 03, 2017
SE BUSCAN VALIENTES
Con este vídeo de Langui "Se buscan Valientes" presentamos este curso as charlas sobre o acoso escolar na biblioteca en colaboración co Departamento de Orientación. Estas sesións, como en anos anteriores, están dirixidas polo equipo da Garda Civil encargado de achegar ós nosos nenos e nenas esta problemática.
Dende a Biblioteca seguiremos traballando este tema coa lectura do libro "Cinco Horas con Mauro" do que falaremos máis adiante,
xa que contaremos coa visita do seu escritor.
E como en cursos pasados co noso taller de escritura "El Diario de Max".
Suscribirse a:
Entradas (Atom)