Este curso, por primeira vez, a ANPA do colexio organizou un obradoiro de poesía para os nenos e nenas e as súas familias.
O obxectivo foi acadado con creces : pasar unha tarde divertida escoitando,lendo e creando poesía nun ambiente tan familiar para os rapaces como é a biblioteca do cole e ademais acompañados dos seus pais, nais irmáns...
Parabéns para a organización e grazas ás familias por achegarse ata a biblioteca.
marzo 22, 2018
marzo 21, 2018
POEMANDO : TENDAL POÉTICO
POEMANDO : CARREIRA DE RELEVOS
GÚSTANOS CORRER
GÚSTANOS LER
GÚSTANOS CREAR
GÚSTANOS ESCRIBIR
GÚSTANOS DEBUXAR
GÚSTANOS COMPARTIR...
...pois estaba claro que esta actividades "Carreira de relevos poética· tiña que ser un éxito xa que tiña todos os ingredientes necesarios para selo.
GÚSTANOS LER
GÚSTANOS CREAR
GÚSTANOS ESCRIBIR
GÚSTANOS DEBUXAR
GÚSTANOS COMPARTIR...
...pois estaba claro que esta actividades "Carreira de relevos poética· tiña que ser un éxito xa que tiña todos os ingredientes necesarios para selo.
marzo 18, 2018
CROMA NA BIBLIOTECA
Xa podemos gravar en croma ,unha técnica que nos vai permitir facer uns vídeos super chulos. Aquí podedes ver os primeiros vídeos que gravaron os nenos e nenas de 6º de Ed. Primaria para o proxecto.
marzo 16, 2018
ROBÓTICA NA BIBLIOTECA
O equipo de mestras do cole estamos a realizar un curso de formación en robótica.
E.....xa chegaron á nosa biblio os primeiros robots.
Durante esta semana estivemos aprendendo o seu funcionamento e as súas aplicacións dentro do noso programa educativo.
Comezamos a diseñar, profesorado e alumnado, as nosas primeiras plantillas e...

Teremos que buscarlles un sitio permanente na bilio para o vindeiro curso!!!!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)