marzo 20, 2010

A ESCOLA DAS NOSAS AVOAS

O mércores pasado tivemos con nós a catro das mulleres que participan nos Talleres da Memoria organizados polo Concello de Mugardos. Estiveron contándonos como era a escola cando elas eran pequenas e tamén un pouco como era Mugardos entón. Foron unhas charlas moi interesantes e divertidas, incluso ensináronnos algúns dos xogos que elas xogaban nos recreos. Aquí nas fotos, anque dunha calidade bastante mala, vemos a Manuela Boyo Bastida, Mari Concha Cortizas Martínez, Manuela Domínguez Franco e Loli Vázquez contándonos as súas anécdotas.


febreiro 24, 2010

xaneiro 17, 2010

FALANDO DE LINGUAS...

Traemos hoxe este estupendo traballo realizado por Mónica Múñoz da biblioteca do CEIP Frián, Teis sobre o Decálogo para ser lingüisticamente sostible elaborado polas Universidades Catalanas no ano 2008 e con traducción de Adelia Troncoso.
Estamos a falar de respeto, tolerancia, sintonía... de verdadeira comunicación.

Decálogo para ser lingüísticamente sostibles

decembro 22, 2009

SUXESTIÓNS DE LECTURAS PARA ESTE NADAL.

Aquí podedes consultar as lecturas que dende a biblioteca vos suxerimos para este nadal. ¡Que as disfrutedes... as lecturas e as festas!

outubro 17, 2009

LINGUAS

Sabes contar ata dez en galego, en castelán, en inglés... e en portugués? Conta e canta ata dez coa Mariana.


outubro 12, 2009

XA ESTOU DE VOLTA.

Despois dunhas boas vacacións de verán, o noso Dominicus xa está de volta! Aquí o tedes coa súa mochila preparándose para abrir a biblioteca na próxima semana.

Dominicus espéravos!

xuño 30, 2009

PECHADO POR VACACIÓNS.


Como xa todos sabedes o cole, e a biblioteca con el, está de vacacións. Esperamos que pasedes todos un bo verán e recordarvos que en setembro estaremos de volta.

xuño 03, 2009

TARZAN

O pasado xoves 28 de maio a face2face theatre company, representou no salón de actos do instituto para todos os nenos de Primaria do concello a obra Tarzan. Os actores foron Lisa Krosniki e Aaron Ziobrowski, coa colaboración de nenos e nenas dos colexios Unión Mugardesa, Santiago Apostolo de Franza e Loyola. Aquí tedes unhas fotiños do evento:


maio 21, 2009

ISTO É... A GUERRA:


No xardín do cole varios exércitos están a disputar unha forte batalla, se queres enterarte dos detalles... na biblioteca xa temos as revistas deste mes de REPORTERO DOC e MUY INTERESANTE JUNIOR.

maio 09, 2009

ORGANIZACIÓN DA BIBLIOTECA

Unha pequena descripción de cómo está organizada a nosa biblioteca...