maio 06, 2010

OS PAIS TAMÉN PODEN AXUDAR A BUSCAR INFORMACIÓN NA REDE.

Para buscar información na internet, non é preciso únicamente saber manexar o ordenador... tamén é preciso saber que se busca e como atopalo... este video ilústrao perfectamente.

PARA QUE LES?

Xa podemos ler todas as respostas que os nenos do cole e algúns personaxes coñecidos e descoñecidos deron a esta pregunta.Nesta actividade participamos conxuntamente con outros 132 colexios e institutos de toda galicia. Próximamente colgaremos algunhas fotos da exposición completa neste mismo espazo. Se queredes participar podedes enviar as vosas respostas á pregunta E TI, PARA QUE LES? nos comentarios deste post... recorda por o teu nome, para que vaian identificadas como todas as que xa hai colgadas.

abril 23, 2010

DÍA DO LIBRO. E TI, PARA QUE LES?

No cole tamén celebramos o Día do Libro: os nenos de infantil viñeron e trouxéronnos as súas respostas á pregunta PARA QUE LES? Con eles comezamos a montar o grande mural con todas as respostas.
Logo na biblioteca escoitaron e participaron nun conto sobre a orde dos libros na biblioteca.


abril 20, 2010

CÓNTANOS: ÁLVARO E RUBÉN.


Álvaro e Rubén leronnos o pasado 14 de abril o conto "Miña nai é fantástica". Aqui podedes ver unha foto dos dous contándonos o estupendas e diferentes que poden chegar a ser as nosas nais e cada un de nós poidemos dicir con eles que A MIÑA NAI É FANTÁSTICA!!!!!

abril 19, 2010

Conferencia Ernesto Naveira

Hoxe, aínda que cun pouco de retraso traemos unhas fotos da conferencia dada por Ernesto Naveira a principios de marzo. Falounos sobre as escolas construidas polas asociacións de emigrantes e sobre a escola Unión Mugardesa de Instrucción Pública (escola laica) que estivo anteriormente no solar onde agora está o noso cole.
Este ano celébrase o centenario da apertura da escola.Comenzáronse a impartir as clases no salón Pelayo, situado na Avenida de Galicia.

abril 07, 2010

CÓNTANOS: NURIA, SARA E RAQUEL



Hoxe as contadoras de historias foron Nuria, Sara e Raquel, e a súa historia titulábase Cito, el ratón. Polo que poidemos escoitar Cito, un rato moi emprendedor, decidiu sair a ver mundo ... e pasou por mil e unha aventuras ata que encontrou uns novos amigos.

abril 05, 2010

COÑECES O BOOK?

E na era das novas tecnoloxías aquí tedes a novedosa presentación dun dispositivo revolucionario.


marzo 25, 2010

LUCÍA E CARLA



Estes días a nosa biblioteca está moi animada.
Hoxe Lucía e Carla de 6º léronos o primeiro poema do libro Historias e algún percance todas ditas en romance de Antón Cortizas. O poema trataba sobre o grandísimo problema que ocasionou atopar unha mosca morta nun prato de sopa de langosta e como se solucionou.
A biblioteca, como podedes ver nas fotos, estaba chea, e pasamos todos un bo rato, a pesares dos nervios das nosas contadoras.

Estade atentos porque seguiremos contando e escoitando historias.

marzo 20, 2010

A ESCOLA DAS NOSAS AVOAS

O mércores pasado tivemos con nós a catro das mulleres que participan nos Talleres da Memoria organizados polo Concello de Mugardos. Estiveron contándonos como era a escola cando elas eran pequenas e tamén un pouco como era Mugardos entón. Foron unhas charlas moi interesantes e divertidas, incluso ensináronnos algúns dos xogos que elas xogaban nos recreos. Aquí nas fotos, anque dunha calidade bastante mala, vemos a Manuela Boyo Bastida, Mari Concha Cortizas Martínez, Manuela Domínguez Franco e Loli Vázquez contándonos as súas anécdotas.


febreiro 24, 2010