... e aquí temos xa a lista de suxestións para este verán. Por suposto hai todo un mundo para ler por aí adiante, pero podemos suxerirvos estes poucos... por se vos apetece lelos ao sol ou á sombra, no mar ou na montaña, en días de festa e a diario, con choiva ou sen ela... le como che veña en gana.
xuño 26, 2010
maio 06, 2010
UXIO NOVONEYRA
O CPI Progreso de Catoira realizou esta fermosa presentación con textos de Uxío Novoneyra, o poeta do Courel. Con ela queremos sumarnos á celebración o próximo día 17 do día das Letras Galegas.
No colexio temos xa expostos os caligramas e o conto con pictogramas realizados por todos os alumnos.
Tamén podedes ver unha pequena exposición de libros de todo tipo en galego: EN GALEGO TEMOS DE TODO...
UXÍO NOVONEYRA
No colexio temos xa expostos os caligramas e o conto con pictogramas realizados por todos os alumnos.
Tamén podedes ver unha pequena exposición de libros de todo tipo en galego: EN GALEGO TEMOS DE TODO...
UXÍO NOVONEYRA
View more presentations or Upload your own.
OS PAIS TAMÉN PODEN AXUDAR A BUSCAR INFORMACIÓN NA REDE.
Para buscar información na internet, non é preciso únicamente saber manexar o ordenador... tamén é preciso saber que se busca e como atopalo... este video ilústrao perfectamente.
PARA QUE LES?
Xa podemos ler todas as respostas que os nenos do cole e algúns personaxes coñecidos e descoñecidos deron a esta pregunta.Nesta actividade participamos conxuntamente con outros 132 colexios e institutos de toda galicia. Próximamente colgaremos algunhas fotos da exposición completa neste mismo espazo. Se queredes participar podedes enviar as vosas respostas á pregunta E TI, PARA QUE LES? nos comentarios deste post... recorda por o teu nome, para que vaian identificadas como todas as que xa hai colgadas.
abril 23, 2010
DÍA DO LIBRO. E TI, PARA QUE LES?
No cole tamén celebramos o Día do Libro: os nenos de infantil viñeron e trouxéronnos as súas respostas á pregunta PARA QUE LES? Con eles comezamos a montar o grande mural con todas as respostas.
Logo na biblioteca escoitaron e participaron nun conto sobre a orde dos libros na biblioteca.
Logo na biblioteca escoitaron e participaron nun conto sobre a orde dos libros na biblioteca.
abril 20, 2010
CÓNTANOS: ÁLVARO E RUBÉN.
abril 19, 2010
Conferencia Ernesto Naveira
Hoxe, aínda que cun pouco de retraso traemos unhas fotos da conferencia dada por Ernesto Naveira a principios de marzo. Falounos sobre as escolas construidas polas asociacións de emigrantes e sobre a escola Unión Mugardesa de Instrucción Pública (escola laica) que estivo anteriormente no solar onde agora está o noso cole.
Este ano celébrase o centenario da apertura da escola.Comenzáronse a impartir as clases no salón Pelayo, situado na Avenida de Galicia.
Este ano celébrase o centenario da apertura da escola.Comenzáronse a impartir as clases no salón Pelayo, situado na Avenida de Galicia.
Conferencia Ernesto Naveira
View more presentations from paqchapb.
abril 07, 2010
CÓNTANOS: NURIA, SARA E RAQUEL
abril 05, 2010
COÑECES O BOOK?
E na era das novas tecnoloxías aquí tedes a novedosa presentación dun dispositivo revolucionario.
marzo 25, 2010
LUCÍA E CARLA
Hoxe Lucía e Carla de 6º léronos o primeiro poema do libro Historias e algún percance todas ditas en romance de Antón Cortizas. O poema trataba sobre o grandísimo problema que ocasionou atopar unha mosca morta nun prato de sopa de langosta e como se solucionou.
A biblioteca, como podedes ver nas fotos, estaba chea, e pasamos todos un bo rato, a pesares dos nervios das nosas contadoras.
Estade atentos porque seguiremos contando e escoitando historias.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)