xuño 08, 2011

VISITA AO MUSEO DO HUMOR


"HUMOR é líquido , só por iso Galicia onde chove boa parte dos días do ano , onde hai ríos , regatos,arroios, fervenzas, mares, represas...está chea de humor ( Xaquín Marín).

Único do seu xénero que hai no país. Centrado no humor gráfico, nas súas salas pode contemplarse unha ampla mostra de orixinais de humoristas contemporáneos galegos e de todo o mundo.

O Museo do Humor de Fene abriu as súas portas en 1984. Conta con máis de tres mil fondos nos que se pode atopar unha ampla representación do humorismo galego e internacional contemporáneo así como coa colección dos traballos premiados no concurso estatal "Paleta Agromán", que se celebraba en Madrid. Entre os seus fondos encóntranse orixinais de humoristas como Xaquín Marín, Siro, Chumy Chúmez, Máximo, René de la Nuez, Mort Walker ou Fontanarrosa.
( Fene cidadán).

Se desfrutaches coa visita e queres seguir mergullándote no mundo da banda deseñada pásate pola biblio e alí atoparás a vellos amigos como Obelix, Mortadelo, TinTin... e outros novos como Thom, Fiz... A que esperas?

Create your own video slideshow at animoto.com.

xuño 02, 2011

A INSOPORTABLE LEVEDADE DAS BIBLIOTECAS GALEGAS

Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros queremos manifestar o seguinte:

Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente. Con todo, esa é a principal razón da súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un número crecente de persoas que senten que é posible compartir e facer viable o proxecto xuntos. Así naceu o movemento que cristalizou na iniciativa que todos coñecemos como PLAMBE. De xeito que dende hai algúns anos, esa iniciativa levou o mellor da creatividade e o esforzo de moitos docentes que xenerosamente regalaron o seu tempo e a súa capacidade de formar equipos e ilusionar a outros docentes en centros e centros de toda a nosa comunidade. Xuntos aprendemos a ser rigorosos e esixentes nos nosos proxectos, a crear espazos de aprendizaxe colaborativo, de cambios de estratexia, de achegamento ás novas tecnoloxías, de racionalización na xestión da información. Que ninguén se equivoque: os responsables das bibliotecas escolares non son seres evanescentes perdidos en vanas quimeras que tentan “roubar” horas a materias “importantes” para que o alumnado esmoreza entre mundos de ficción. Nada máis lonxe da realidade. Nun centro onde hai un equipo que xestiona a biblioteca de forma eficaz nótase. Os fondos adquírense con criterio, establécense acordos para xestionar a información, créanse espazos de colaboración e docencia compartida. Non é doado porque a maquinaria educativa ten unhas inercias difíciles de combater. A pesar de todo, estes docentes fórmanse e exercen a súa dura misión en horas non retribuídas, roubadas ás súas familias, ao descanso, ao lecer. Fomos coordinados con rigor e seriedade pola Asesoría de Bibliotecas Escolares pero sempre nos faltou o marco legal axeitado. A nosa misión é dura porque queda moito por definir. Na nosa inxenuidade e boa fe esperabamos conseguir progresivamente tempos e formación para seguir mellorando na nosa función se demostrabamos que eramos rigorosos e eficaces. Os nosos méritos como colectivo son dabondo coñecidos polos nosos gobernantes e acreditados por diferentes administracións e ámbitos a nivel estatal. Os numerosos e constantes premios anuais de boas prácticas concedidos polo Ministerio de Educación y Ciencia non caeron do ceo. Durante todos estes anos a formación recibida foi fundamental para levar a cabo actuacións rigorosas e enfocadas na dirección correcta.

Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas. Non sería tamén interesante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser? Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos?. O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas de innovación e excelencia. Non entendemos este novo e repentino xiro na política de formación desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable. Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal. Onde quedou ese entusiamo? Que interpretación debemos facer? O noso país pode permitirse tirar pola borda todo este traballo? E nós?. En que situación quedaremos agora diante das nosas comunidades educativas se despois de tanta insistencia é a propria Consellería a que nos invisibiliza?.

Colectivo dos equipos das bibliotecas escolares integradas no PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares Galegas)

maio 29, 2011

ATA SEMPRE WILLIAM

Esta semana despedimos a William nun acto moi sinxelo pero moi , moi, emotivo.Dende aquí queremos desexarlle moitísima sorte e sobre todo darlle as grazas por todo o que nos ensinou e por todos os bos momentos que compartiu con todos nós.

Create your own video slideshow at animoto.com.

ESTE CONTO...NON É O MEU CONTO


Noelia, Mónica, Judith, Michelle, Marica, Cristina, María e Vanessa son as protagonistas deste divertido conto dramatizado co que os nenos e nenas de Educación Infantil pasaron un rato moi divertido.

Durante este mes representaranna de novo na nosa biblioteca durante o primeiro recreo.

Se che gustan os contos de enredos na biblio podes ler da editorial Everest a colección " Había otra vez".

maio 13, 2011

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS

Fixemos uns fermosos carteis conmemorativos,visitamos, na entrada da biblioteca, a exposición sobre os libros de Lois Pereiro e os carteis sobre a súa vida e obra e por último limos os contos que fixemos nas aulas , recitamos poemas deste autor...e aquí están as fotos de mostra.

Create your own video slideshow at animoto.com.



Create your own video slideshow at animoto.com.

maio 01, 2011

LETRAS GALEGAS 2011


Este ano o Día das Letras Galegas está adicado á figura de LOIS PEREIRO . Durante esta semana realizaremos no cole varias actividades para coñecer a súa obra e para conmemorar esta data tan sinalada.
Se queredes disfrutar de actividades variadas sobre Lois Pereiro, o Seminario Galán ofrécenos unha oferta moi variada
Aquí vos deixamos o enlace.

http://www.seminariogalan.org/


abril 18, 2011

EN ABRIL...CONTOS MIL

Cando os animais falaban...
En certa ocasión...

Nun lonxano pais...
Érase que se era...
Érase unha vez...
Érase unha vez e mentira no é...
Esto era...
Había unha vez...
Face máis de mil anos...
Pois, señor...
Este conto vai de ...








Pois sí, durante este mes continuamos con máis contos e máis contacontos...








Da man da Editorial Galaxia, visita a nosa biblioteca Iván e a súa caixa máxica da que sacou un fermoso conto co que disfrutamos.




abril 11, 2011

2 de abril con Xoán Farias

Noraboa a todos os nenos e nenas, mozos e mozas
que participaron e encheron de vida os libros
de Xoán Farias.

marzo 30, 2011

CLUBE DE LECTURA DOMINICUS


Por fin na biblioteca do dragón xa temos un clube de lectura. Empezamos un pequeno grupo , nenos e nenas de quinto, que esperamos ir ampliando no vindeiro curso. O primeiro libro do noso clube é "Palabras de Caramelo " de Gonzalo Moure. Temos un fermoso diario onde imos anotando o que máis e o que mo
enos nos gusta do libro, as palabras máis fermosas , os recordos que nos trae...en fin unha chea de cousas que logo imos contar nas próximas reunións .
Non podiamos empezar con máis entusiasmo.....!

marzo 01, 2011

IV CERTAME DE POESÍA "CONCELLO DE MUGARDOS"

O Concello de Mugardos, a través da Biblioteca Pública Municipal, convoca a cuarta edición do Certame de Poesía "Concello de Mugardos", co gallo do Día da Poesía , o 21 de marzo. Podes consultar as bases no taboleiro da biblio do cole ou na biblio do concello. Nas caixas de aula e no expositor tes unha selección de libros de poemas. Anímate e participa!