abril 24, 2012

Semana do libro: A SEREA DAS ILLAS MIRANDAS

O CONTO VIAXEIRO
Durante esta semana ímonos convertir en ilustradores!!!!.
Escoitamos todos moi atentos a  lenda  " A Serea das Illas Mirandas" que os nenos de sexto nos relataron. Despois cada clase ilustraremos unha das súas páxinas e logo faremos un precioso libro conxunto.
Seguro que vai sair moi chulo!!!

abril 23, 2012

23 de abril. Día do libro

Abrir un libro e deixarse levar pola fervenza de voces, de linguas , de recendos, de paisaxes...Unha maxia secreta e inesgotable, que a nós nos corresponde descubrir




Abrimos a semana adicada ao Dia de Libro con este pequeno agasallo que Agustín Fernández Paz escribiu para as bibliotecas escolares galegas co gallo desta celebración. Podedes disfrutar do texto completo" Os ríos da vida" no blogue das Bibliotecas Escolares Galegas.
Grazas á Asesoría de Bibliotecas Escolares por compartilo con todos nós.

abril 02, 2012

RAP DO LIBRO PARA O 2 DE ABRIL

Día do Libro Infantil e xuvenil

abril 01, 2012

CLUB DE LECTURA

Dende o  proxecto "Coñecernos para querernos" no que estamos a traballar  durante este curso, achegamos ao club de lectura a historia de Twala, unha nena saharaui que ven pasar o verán a Galicia, como moitos que nos visitan en Mugardos, e que descobre a súa paixón pola auga.

marzo 21, 2012

JACOBO FERNÁNDEZ

Hoxe, 21 de marzo, visitou o noso cole Jacobo Fernández. Foi unha gran sorpresa para todos pero tiñamos os deberes ben feitos : o libro "Mil cousas poden pasar" requetelido e comentado no Clube de lectura, as nosas preguntas preparadas, e unha selección das revistas Golfiño onde Jacobo participou e que ollamos uns días antes.
O tempo pasousenos moi rápido, pois Jacobo resultou ser unha persoa encantadora :respostou a todas as nosas preguntas, ensinounos os seus debuxos, dedicounos os libros e fíxonos un fermoso agasallo para a nosa biblioteca: o retrato do porco Issais.
GRAZAS Jacobo e que saibas que xa empezamos a ler a segunda parte do teu libro ( xa ten lista de espera).

febreiro 28, 2012

AS VIAXES DE GULLIVER


O 28 de marzo os nenos e nenas de 4ª, 5º e 6º farán unha viaxe a A Coruña para disfrutar do concerto didáctico "As viaxes de Gulliver" no Teatro Rosalía de Castro.A Banda Municipal de Música de A Coruña será a encargada de dar vida á música que Maxime Aulio escribiu inspirada na popular novela homónima de Jonathan Swift.
O departamento didáctico da Orquestra Sinfónica puxo á nosa disposición unha guía didáctica da obra.
Guía didáctica "As viaxes de Gulliver"

febreiro 07, 2012

TALLER : AS ENERXIAS RENOVABLES

Durante a primeira semana de febreiro os nenos e nenas de 5º e 6º estivemos investigando sobre os tipos de enerxía. Primeiro traballamos por aulas; puxemos en común un rebumbio de ideas de todo o que sabiamos sobre os tipos de enerxía ; logo buscamos información na bibloteca, en pequenos grupos,sobre os aspectos nos que tiñamos dúbidas .
A finais de semana todo o grupo asistimos a un taller na biblio , organizado en colaboracion con Gas Natural Fenosa, onde participamos de forma moi activa.Reforzamos os contidos que xa sabiamos e aprendimos moitísimas cousas sobre as enerxías renovables e sobre todo como coidar o noso planeta.
Resultou unha experiencia moi enriquecedora!!

febreiro 01, 2012

DOMINICUS INFORMA



.
O Concello de Mugardos convoca o IV Certame de Poesía. Dende a biblioteca...        ¡¡ animámoste a participar!!!
Dende hoxe e durante todo o mes de marzo terás na biblioteca unha exposición de libros de poesía para que te inspires cos grandes poetas e poetisas.
As bases do concurso están no taboleiro da biblioteca , na biblioteca do Concello e na oficina de Información Xuvenil.Tamén podes acceder á información entrando na páxina do Concello de Mugardos

xaneiro 30, 2012

30 de xaneiro: DÍA DA PAZ

Hoxe, día 30 de xaneiro, data do aniversario da morte de Mahatma Gandhi (1869-1948), celébrase o "Día escolar da non violencia e da Paz" (DENIP) e nesta data o proxecto "Coñecernos para querernos" que estamos a levar a cabo cos rapaces e rapazas dos campamentos de refuxiados sahararuis en Tinduf fainos sentir, se cabe, máis preto de todos aqueles que como eles están a ser vítimas desas guerras esquecidas, eses conflitos ignorados pola comunidade internacional.


Cando eliximos este título para o noso proxecto, fixémolo convencidos do que ese "lema" significaba, fixémolo con plena conciencia do noso obxectivo principal, coñecer a quen está a loitar polos seus dereitos e, na medida das nosas posibilidades, loitar para que eses dereitos algún día, non moi lonxano, sexan recoñecidos e ese exilio ao que levan sometidos 35 anos cese dunha vez e consigan alcanzar un acordo definitivo de paz que permita a libre determinación do pobo saharaui.

E para que nos vaiamos coñecendo velaí tedes "101 imaxes, 101 abrazos para coñecernos, para aprender a querernos" chegados dende Smara para tod@s nós, para tod@s vós.

xaneiro 15, 2012

CLUB DE LECTURA


Para este segundo trimestre imos ler o libro dun escritor e magnífico ilustrado , Jacobo Fernández. O libro titúlase " Mil cousas poden pasar I ".
SINOPSIS
Os fillos do rei do mar, Neda e Mercurín, caen na conta de que se achega o aniversario do seu pai, Pindo IV o Tratable, e aínda non teñen agasallo. Na procura dese galano desencadéanse as mil cousas que dan título a obra de Jacobo Fernández Serrano, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2009. A partir de aí, a narración vainos levando ao encontro dunha serie de personaxes insólitos e á sucesión de situacións imaxinativas e disparatadas na cidade de Nil, onde todo é posible, onde o surrealismo é o normal e o absurdo convértese en lóxico. O xurado do Premio Merlín de literatura infantil 2009 sinalou que Mil cousas poden pasar. Libro I vainos amosando unha serie de pezas que acaban conformando de maneira totalmente natural un mosaico fermoso e único, construíndo un imaxinario propio e un mundo fantástico orixinal e novidoso, sólido e sen fisuras. Grazas ás pequenas (ou grandes) historias das personaxes que habitan a cidade de Nil, descubrimos un universo que trascende os límites desta novela e que non recorre a tópicos anteriores da literatura infantil.