Esta semana na nosa biblioteca tivemos unha interesantísima charla impartida pola Garda Civil sobre os riscos en internet.Agora o que nos queda e relexionar sobre as couas que facemos mal, as que non facemos e as que deberiamos facer.
Dende aquí e en nome do colexio queremos agradecerlles a súa visita e contamos de novo con eles no terceiro trimestre con un tema tamén moi interesante : o acoso escolar..
febreiro 24, 2013
xaneiro 30, 2013
30 de xaneiro : Día da Paz
"ESTOY HECHO DE
DOS COLORES QUE SE AMAN"
Con esta frase do fermosísimo libro " Colores que se aman" de Paco Abril celebramos no noso cole o Dia da Paz. Escoitamos na biblioteca o conto, fixemos os nosos corazóns entrelazados con cores que se aman, e pintamos o muro do patio con multitud de corazóns de moitas e fermosísimas cores.
DOS COLORES QUE SE AMAN"
Con esta frase do fermosísimo libro " Colores que se aman" de Paco Abril celebramos no noso cole o Dia da Paz. Escoitamos na biblioteca o conto, fixemos os nosos corazóns entrelazados con cores que se aman, e pintamos o muro do patio con multitud de corazóns de moitas e fermosísimas cores.
xaneiro 24, 2013
XANEIRO 2013: UNHA ESCRITORA DE L.I.X. NA ACADEMIA
A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria.
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada, escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!
Vía Asesoría Bibliotecas Escolares
decembro 20, 2012
PARA LER E AGASALLAR
Aquí tedes unhas recomendacións para este Nadal . Se clicades nos debuxos seleccionados teredes acceso a máis información sobre os libros.
Dende a biblioteca do dragón " FELICES FESTAS"
decembro 16, 2012
12 - 12 - 2012
" ...PORQUE SI, PORQUE QUERO, PORQUE ME PETA E DAME A GAÑA..."
O 12 do 12 do 2012 , según o previsto, reunímonos todo o cole no patio de Apelón para recitar o poema " Deitados frente ao mar".
Acompañados polas badaladas do reloxio do Concello soaron os versos de Celso Emilio.
decembro 09, 2012
RECITANDOACELSOEMILIO
Co gallo do centenario de Celso Emilio Ferreiro a Coordinadora de equipos de Normalización e Dinamización Lingüística lanzou unha proposta para conmemorar todos xuntos os cen anos do nacemento do poeta de Celanova.
O 12 do 12 ás 12, os centros e colectivos que se sumen a esta iniciativa recitarán conxuntamente un dos seus poemas máis coñecidos e significativos : Deitados fronte ao mar.
O noso cole tamén se suma a esta iniciativa e así o vindeiro día 12 de decembro xuntaremonos todos no patio de Apelón ( sempre que o tempo nos acompañe) a recitar este poema.En caso de choiva recitaremos o poema na biblioteca.
Agora vos deixo cun video do IES AS BARXAS ( Moaña , Pontevedra) que elaboraron para promocionar este acto e un elaborado traballo da profesora Elvira Roiz do Concepción Arenal de Ferrol sobre a figura de Celso Emilio.
Noraboa polo traballo tan ben feito!
CEF1
View more presentations or Upload your own.
CEF2 (1)
CelsoEmilioFerreiro_3
,arial;height:26px;padding-top:2px;">View more presentations or Upload your own.View more presentations or Upload your own.
novembro 25, 2012
QUEN DIXO MEDO ?
Cabazas maléficas, arañas , gatos negros , árbores siniestras , pantasmas...
Cores negras, grises, laranxas...
Libros de antigas lendas, de conxuros, de meigas...
Todo o cole transformado para celebrar o SAMAÍN.
Pois a nosa biblio non podería quedarse atrás e así, no día de hoxe ,disfrutamos todos xuntos dunha terrorífica xornada.
Empezaron os máis peques escoitando unha nova aventura do noso amigo Dominicus, que un ano máis, parece que volta a ser o protagonista das divertidas aventuras que nos conta a nosa Contacontos, Pili.
Os nenos e nenas de quinto contáronnos unha antiga lenda galega "A Santa Compaña" e agasalláronnos cunha terrorífica sorpresa : A aparición en vivo e en directo da mismísima Santa Compaña. Foi un momento un pouco tenso , porque algún pasou algo de medo...Os nenos e as nenas de sexto representaron para todos nós "A figueira dos Pelostortos" rímonos moito e acabamos coreando todos:
Antes me leven as almas en pena,
que darvos un figo da miña figueira!
Para rematar a sesión cantamos todos a canción do Samaín e fíxose a entrega de premios do concurso.
E xa para rematar a festa comimos no patio as castañas.
Libros recomendados
outubro 25, 2012
OUTUBRO:MES DA BIBLIOTECA
Comezamos este ano coa primeira lectura colectiva na nosa biblio .
El secuestro de la bibliotecaria, foi o libro escollido para conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares.
As divertidas aventuras da señorita Laburnum , unha fermosa bibliotecaria, que vive unha disparatada aventura con un grupo de variopintos piratas.
Ademais do bo momento que pasamos, o libro deunos pé para recordar as normas da biblioteca e elaborar uns fermosos marcadores.
Para recordar a historia aquí vos deixo o video baseado no libro.
Queres participar no CONCURSO baseado neste divertido libro? Recolle as bases e os impresos na recepción da biblio.
Anímate e participa. Moita sorte.
El secuestro de la bibliotecaria, foi o libro escollido para conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares.
As divertidas aventuras da señorita Laburnum , unha fermosa bibliotecaria, que vive unha disparatada aventura con un grupo de variopintos piratas.
Ademais do bo momento que pasamos, o libro deunos pé para recordar as normas da biblioteca e elaborar uns fermosos marcadores.
Para recordar a historia aquí vos deixo o video baseado no libro.
Queres participar no CONCURSO baseado neste divertido libro? Recolle as bases e os impresos na recepción da biblio.
Anímate e participa. Moita sorte.
setembro 25, 2012
BENVIDOS A UN NOVO CURSO : 2012 - 2013
Ola amigos e amigas xa estamos de volta un curso máis . Estaba xa desexando a vosa volta.
E para comezar vou facer eu , Dominicus, a primeira recomendación lectora.
Eu teño a sorte de que Antón Cortizas, o noso gran amigo, escribira a miña historia : "Dominicus , o dragón" e quero, un ano máis, compartila con todos vos.
Durante o mes de outubro estará no expositor da biblioteca.
xuño 26, 2012
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

