maio 10, 2013
7 de maio : " O GATO SOL"
O Gran Teatro Dominicus preséntanos neste día unha fantástica historia co Kamishibai que prepararon os nenos e nenas de 4º de primaria e que leva por título " O gato Sol".
maio 02, 2013
2 de maio : "OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE"
abril 30, 2013
30 DE ABRIL : ARRIBA O TELÓN!!!!
O Gran Teatro Dominicus estrea hoxe a súa primeira obra , un fragmento de Fuenteovejuna escrita no 1610 por Lope de Vega .
Xa tes a túa invitación? Pois prepárate para disfrutar dun anaquiño dunha das obras máis representativas do teatro español.
Xa tes a túa invitación? Pois prepárate para disfrutar dun anaquiño dunha das obras máis representativas do teatro español.
abril 29, 2013
TEATROS DO MUNDO
Esta é unha pequena mostra dos marabillosos teatros que hai en todo o mundo, dende os máis clásicos e antigos como o Teatro romano de Mérida ata ós máis modernos como o de Sidney.
Cal é o teu preferido ? Neste gloster tes información dos dez seleccionados pola biblio. Deixa o teu comentario de cal é o que máis che gusta desta lista ou outro que ti prefiras e que aquí non apareza.

ARRIBA O TELÓN !
" O Gran Teatro Dominicus" ten o pracer de convidarvos durante todo o mes de maio a un montón de espectáculos e actividades.Estamos instalados na entrada principal do cole, ao lado da biblioteca. Estade moi atentos porque as invitacións para os distintos actos xa están empezando a circular polo cole.
abril 26, 2013
abril 22, 2013
En abril, libros mil : Xuntanza na biblio
O vindeiro 23 de abril reunirémonos toda primaria na biblioteca para celebrar o Día do Libro.A programación para este día será a seguinte:. Comezaremos escoitando o monólogo "Só un libro"( texto de Paula Carballeira)
. Contacontos: "El libro que se sentía solo".
. Visita á exposición dos nosos libros favoritos e presentación de cada un deles polos nenos/as e profes.
. Agasallo dun marcapáxinas.
abril 19, 2013
EN ABRIL, LIBROS MIL : EXPOSICIÓN DE LIBROS
Disfrutaremos dunhas xornadas moi entretidas, divertidas e emotivas escoitando o que tedes que contar acerca do voso libro.
abril 01, 2013
Día da poesía 2013
Durante toda a semana disfrutamos das máis fermosas poesías grazas ao expositor que durante estes días percorreu as nosas clases. Un ano máis reunímonos na biblioteca para conmemorar o dia da Poesía e ,desta volta, limos as nosas propias creacións. Escoitamos poemas adicados as nosas mascotas, a nosa familia, aos nosos medos...
febreiro 24, 2013
24 de febreiro, día de Rosalía
Este ano a celebración do Día de Rosalía de Castro ten unha especial relevancia ao se cumpriren 150 anos da publicación de Cantares Gallegos .Durante esta semana realizaremos distintos actos conmemorativos na nosa biblioteca.
Para empezar, e despois de ler os datos sobre a súa vida e obra , serías quen de contestar a este cuestionario?
Agradecemos á biblioteca Soños de Andel do Ceip de Andrade compartir con todos nós este estupendo cuestionario e a Rosana Rodiles do Ceip de Pazos o diseño do cartel. Parabéns!!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)