febreiro 27, 2014
febreiro 26, 2014
24 de febreiro, DÍA DE ROSALÍA
Durante toda a semana celebramos na biblioteca "O Día de Rosalía". Comezamos o luns 24, data que conmemora o seu nacemento, escoitando na biblioteca o poema "Adiós ríos , adiós fontes" que recitaron os nenos e nenas de 2º de ed. Primaria, moitos deles de memoria.
O resto dos cursos están a traballar en distintos poemas que logo exporemos na biblioteca e daremos boa conta deles neste blog.
Sumámonos tamén a iniciativa da AELG de facer un graffiti nos nosos muros; actividade que realizaremos cando o tempo nolo permita.
febreiro 23, 2014
OMBRO CINEMA NA BIBLIO
O venres Uxía, coa axuda de Carla, contounos o conto "Nueva York en Pijamarama" de Michaël Leblond e Frédérique Bertrande
Nesta historia un neno vestido co seu pixama de raias sobrevoa a cidade de Nova York autoestradas, tráfico de vehículos, rúas iluminadas e cheas de xente ,impresionantes rañaceos que contrastan coas árbores de Central Park, todo enmarcado nun gran bulicio de sons.

As imaxes do libro cobran vida grazas a técnica cinematográfica denominada ombro-cinéma, desenvolvida en Francia no século XIX. Consiste en superpoñer unha lámina de acetato con raias verticais sobre a páxina ilustrada, de modo que, ao desprazala, crea unha sorprendente ilusión óptica de movemento. A mediados do século XX o sistema utilizouse para desenvolver pequenos xoguetes e aplicalo tamén aos libros. O artista visual Rufus Butler Seder foi un dos seus promotores, pero Michaël Leblond e Frédérique Bertrande elevan, neste libro,o listón da calidade con ilustracións a toda cor e un deseño moderno e atractivo.
Nesta historia un neno vestido co seu pixama de raias sobrevoa a cidade de Nova York autoestradas, tráfico de vehículos, rúas iluminadas e cheas de xente ,impresionantes rañaceos que contrastan coas árbores de Central Park, todo enmarcado nun gran bulicio de sons.

febreiro 18, 2014
Seguimos a pista das MOCHILAS VIAXEIRAS
Un dos obxectivos principais da mochila viaxeira é sobre todo disfrutar toda a familia.No ecuador desta viaxe vemos que este obxectivo estase a cumplir.Aquí vos deixo unhas fotos de dúas manualides que fixeron Noemí de 5 anos e Manuel de 3º de primaria coa axuda das súas familias e seguindo os pasos dos libros de manualidades que este ano formaban parte do material das mochilas.
Parabéns para todos.
| |
| Galiña feita por Noemí |
![]() |
| Avión de Manuel |
febreiro 17, 2014
MARÍA MENÉNDEZ VISITA A NOSA BIBLIO
A semana pasada nos "Contos na biblio" coñecimos a Pupi , un extraterrestre azul que chegou ó noso planeta dende Azulón, un planeta a miles de galaxias do noso. Escoitamos unha das súas aventuras "Pupi e as pantasmas" e rimos coas súas ocurrencias e o seu vocabulario tan particular. Pois ben, hoxe tivemos unha GRAAAN sorpresa xa que María Menéndez a creadora de Pupi estivo con todos nós na nosa biblio. Contounos moitísimas anécdotas e secretos do noso amigo azul.Pasamos unha hora moi entretida con ela; disfrutando da súa simpatía e da súa ilusión.
Moitísimas grazas María pola túa visita e polas túas fermosas dedicatorias.
febreiro 14, 2014
CON MOITO AMOR
CROCODILO NAMORADO
E neste 14 de febreiro aquí vos deixo un fermoso conto de amor entre Crocodilo e Xirafa. O conto está contado polos nenos e nenas de 3 anos do CPI Mondariz ós que lles damos as grazas por compartilo con todos nós.
Noraboa polo voso traballo.
febreiro 06, 2014
Hora de Ler...BIOGRAFÍAS
"Me llamo..." é unha colección de libros da editorial Parramon que chegou á nosa biblioteca moi caladiña e sen facer moito ruído. Presentada en sociedade , como toda novidade que se precie, pasou ó seu andel e alí quedou olvidada como o protagonista de " O Libro que se sentía so".
Un día dentro das caixas de aula chegou á clase de 6º e a partir deste momento foi tal a súa aceptación que rapidamente mercamos a colección completa e incluímola dentro do itinerario lector do 3º ciclo.
Neste curso, durante o primeiro trimestre, os rapaces e rapazas de 6º escolleron entre todos os títulos unha biografía e na Hora de Ler foron adentrándose na vida de cada un dos personaxes.
Logo fixeron uns fantásticos traballos sobre cada biografía e os presentaron na biblioteca en diversos formatos: Power Point , caracterizacións, murais, carteis... converténdose en expertos técnicos de imaxe e son e orixinais maquetadores.
Unha actividade moi gartificante.
Moitas grazas a todos e todas polo voso entusiasmo e esforzo.

xaneiro 23, 2014
DAMOS A LATA POLA PAZ
Durante a vindeira semana celebraremos no cole a Semana pola Paz e a non Violencia. A programación será a seguinte:
"HORA DE LER" POLA PAZ
. O luns Lola de 2º contará o conto "O segredo de Flora"
. O martes os nenos e nenas de 5º e 6º , despois de ver un video sobre a figura de Ana Frank , farán unha lectura colectiva dun fragmento do "Diario de Ana Frank".
. O mércores os nenos e nenas de 3º e 4º recitarán poemas sobre a paz.
. O xoves 6º de Ed. Infantil contará aos seus compañeiros e compañeiras de Infantil quen foi Mahatma Gandhi.
"CAIXAS DE AULA" con libros sobre a paz para ler nas aulas e EXPOSICIÓN na biblioteca.
"MURAIS SOBRE A PAZ"
"DAMOS A LATA POLA PAZ"
Durante o luns e o martes decoraremos latas de refresco con frases, debuxos...alusivos á paz. Faremos unha EXPOSICIÓN de todas elas na entrada do colexio.
O día 30 no patio cantaremos a canción "Latas pola paz" acompañandoa das nosas lata-maraca.
Representaremos os símbolos da paz cos nosos corpos e para rematar faremos un intercambio de latas que levaremos de recordo para as nosas casas.
Para ir quentando motores aquí vos deixo unha presentación realizado polos nosos compañeiros e compañeiras do Ceip de Ponzos de Ferrol ...
...e o video da canción "Latas pola Paz"( da ONG ADMUNDI) para ir afinando.
.... e en versión Karaoke polo cole Barrié de La Maza de Santa Comba.
GRAZAS a todos eles por compartir os seus traballos.

ANO NOVO, CONTOS NOVOS
"Había otra vez...La fea durmiente", este foi o conto que nos contou Ariadna de 6º o pasado xoves. Gustounos moito esta nova versión deste clásico e disfrutamos sobre todo moito con Ariadna e coa súa facilidade para contar historia.
Grazas Ariadna e esperamos verte de novo na túa nova faceta de contacontos.
Se queres ler mais contos ó revés, na biblio temos a colección de "Había otra vez..." con títulos como "Blancanieves y los siete gigantones" o "Caperucita descolorida".

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)