marzo 27, 2015

Contacontos en familia

Lembramos a todas as familias que,un ano máis,están invitadas a participar nas sesións de contacontos na biblioteca.Porque os nosos nenos e nenas necesitan das historias e da literatura para medrar, para que un día comecen a contar as súas propias historias.
Estamos seguras de que será unha experiencia que non esqueceredes, nin esquecerán os vosos fillos/as,netos/as,sobriños/as...

marzo 15, 2015

Semana da astronomía

Co gallo do próximo eclipse solar teremos durante esta semana unha exposición de libros relacionados co mundo da astronomía.
Por que se producen os eclipses? e os días e as noites?
Quen xira a Terra ou o Sol?
Estas preguntas e moitísimas máis poderemos respostar durante esta semana na biblio.
Ademais contamos cun pequeno planetario co que poderemos por en práctica todo o aprendido.
A disfrutar coa ciencia!!!

marzo 03, 2015

Ledicia Costas visita a nosa biblio

"Escarlatina , a cociñeira defunta" foi un dos libros escollidos para o Club de Lectura neste curso. Contamos coa visita da súa autora, Ledicia Costas, e compartimos con ela durante unha hora a súa experiencia durante a creación do libro.
O final adicounos uns marcapáxinas que diseñamos na clase.
Moitíiisimas grazas Ledicia!!!!

marzo 02, 2015

MARZO coa poesía

Comezamos o mes , no tempo das lecturas compartidas do 1º ciclo,co libro de Helena Villar "As señoras cousas".
"Sabores de auga" foi o poema escollido . Inventamos palabras novas para os versos e plasmámolo nun mural na biblio.
e...quedounos así de chulo!!!
                                                                        

febreiro 27, 2015

FEBREIRO, lembrando a Rosalía

O 24 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía.
Limos, cantamos, representamos gráfica e musicalmente o poema "O Moucho "... elaboramos murais, fixemos mandalas e fermosos marcapáxinas de mouchos.
Elaboramos tamén un libro Lim sobre o moucho.
A disfrutalo!!!

febreiro 10, 2015

Separemos ben.Reciclaremos mellor

Durante o mes de xaneiro o alumnado do 2º Ciclo estivo traballando o tema da reciclaxe.
Dende a biblioteca fixemos unha selección dos libros que lles poderían axudar a coñecer mellor o tema e facer os seus traballos de investigación.
Ademais contamos na nosa biblioteca cunha charla  interactica que forma parte da Campaña de Concienciación e Educación Ambiental sobre residuos domésticos "Separemos ben, reciclaremos mellor" promovida pola Xunta de Galicia, Sogama, Ecoembes,Ecovidrio e os SIG de pilas.


febreiro 05, 2015

XANEIRO, pola PAZ

...e así celebramos o Día da Paz no cole:

 Realizamos murais nas distintas clases : en música, en  inglés, coa profe de relixión, na Hora de Ler na biblioteca, coas titoras na aula...
Interpretamos os de quinto e cuarto unha fermosa canción para o resto dos nosos compañeiros e compañeiras.


Representamos no patio unha "pomba humana", bailamos unha danza todos collidos das mans e logo soltamos uns globos cos nosos desexos de paz.

decembro 12, 2014

decembro 11, 2014

PODCAST : O MAGOSTO


Como ben sabedes o proxecto no que nos embarcamos con moitísima ilusión  este curso xira entorno ó mundo da radio.
Tomamos como punto de partida unha das celebracións máis emblemáticas da nosa terra , o magosto.
Visitamos a nosa biblio, preguntamos ás nosas familias....e recopilamos unha morea de información sobre as castañas, os castiñeiros, refráns, cantigas, lendas... Traballamos con toda esa información nas aulas coordinados/as polas  mestras ; seleccionamos, recortamos engadimos, opinamos...e elaboramos uns completos traballos que expuxemos na biblioteca o Día do Magosto e que estarán expostos nas corcheiras dos corredores do cole durante este curso.
 Un grupo de alumnos e alumnas de 3ª, 4º, 5º e 6º coordinados por Tonecho e Iván ( o presidente do ANPA) refundiron todo este traballo nun formato de guión radiofónico.
O resultado xa o temos aquí neste podcast.