abril 10, 2016

SEMANA DA PRENSA

Que é unha portada? e un pé de páxina ? unha editorial? e unha edición?

Estas e moitas preguntas máis tiveron que contestar durante esta semana os rapaces e rapazas sobre os xornais.
A partir dun caderniño, elaborado polo Equipo de Biblioteca , traballaron cos xornais e coñeceron un pouco máis a fondo o mundo do xornalismo.




abril 08, 2016

Lectura de Haikus na biblio




Despois da homenaxe a Lorena os seus compañeiros e compañeiras tamén quixeron ler as súas creacións a todo o cole.

PARABÉNS PARA TODOS E TODAS POLO BO TRABALLO.
   







                                                                                                                                                                                                                                                                 

abril 07, 2016

En abril, poemas mil

Pois si, en abril poemas mil e ademais estamos de celebración .Lorena Álvarez de 6º foi a gañadora do Certame de poesía do Concello de Mugardos e o pasado sábado 2 de abril recolleu o premio no Concello. Ó acto tamén asistiron moitos dos seus compañeiros e compañeiras a recoller o seu diploma por ter participado no concurso.
Pois como non íamos ser menos, no cole tamén tivo a súa homenaxe.
Escoitamos encantados o seu poema e recibiu as nosas felicitacións.

MOITÍSIMAS FELICIDADES LORENA E QUE SE CUMPLA O TEU SOÑO DE SER ESCRITORA. ESTE XA É UN BO COMEZO!!!!!!

febreiro 29, 2016

XA TEMOS CÓDIGO QR

Metidos de cheo este curso na Realidade Aumentada , xa temos por fín o código QR da nosa biblio!!!

Seguimos a traballar neste tema e agárdanvos moitas  máis sorpresas, estade moi atentos!!!!

febreiro 24, 2016

LEMBRANDO A ROSALÍA

Hoxe lembramos a Rosalía de Castro  enviando a todas as familias unha tarxeta postal co poema  escrito e ilustrado por cada neno e nena do cole "Canta, paxariño alegre".
Esta actividade surxe trala proposta da AELG.


Ademais do envío de postais fixemos un recitado de poemas e cantamos unha cantiga.

febreiro 12, 2016

Coñecemos os riscos de internet?

Un ano máis da man da Garda Civil o alumnado de 6º e 5º de primaria tiveron unhas charlas sobre os riscos de internet e como navegar seguros pola rede.
Para non esquecer todas  as recomendación lembramos a recopilación de vídeos que fixemos o curso pasado e que sería convinte volver a ver .

febreiro 01, 2016

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

Para conmemorar esta data realizamos diversas actividades :

  • Sesión de contacontos : Os nenos e nenas de 6º prepararon o conto de Paula Carballeira " O Principio"  para contárllelo a todo o alumnado do colexio.Ó rematar ensináronos a montaxe que elaboraron cos debuxos que os nenos e nenas dos campamentos de refuxiados sirios fixeron sobre a súa visión da guerra.Todas estas  fotografías as foron recopilando, seleccionando  e clasificando  da prensa, e que nos presentaron baixo o título "Soños de Paz".
    • Na clase de música prepararon "O Rap sobre a Paz" acompañado con percusión e co que disfrutamos todo ó colexio.


  • Ademais deste fantástico rap, todo o cole cantamos e bailamos a canción de O sonoro maxín : "Quérote máis".





  • Tivemos durante esta semana un taller de plástica para aprender a facer muíños de papel, que logo decoramos con frases e desexos de paz. Na celebración do día da paz limos os nosos desexos e fixemos xirar os nosos muíños.


E como xa é costume no cole, decoramos os corredores e a entrada  con murais alusivos elaborados con distintas técnicas.


xaneiro 28, 2016

CONCURSO DE POESÍA CONCELLO DE MUGARDOS

Un ano máis o Concello de Mugardos convoca un novo Certame de Poesía.
Os alumnos e alumnas de 6º van participar nesta convocatoria presentando os haikus elaborados no taller de poesía.
Moita sorte a todos.

xaneiro 17, 2016

TALLER DE POESÍA : OS HAIKUS

QUE SON OS HAIKUS?
Esta foi a pregunta coa que se encontraron os rapaces e rapazas de sexto nada máis entrar na biblioteca.
Pois postos os grupos a funcionar, en libros e ordenadores,puxéronse mans á obra na procura de información sobre os haikus.
Despois dunha posta en común, recopilaron haikus, analizáronos, comentáronos... e xa coñecedores da técnica puxéronse a crear.
Que ainda non sabes do que estamos a falar? Pois pincha no seguinte enlace e ponte ó día.
Que son os haikus?



PROCURA EN INTERNET : INFOGRAFÍAS A TER EN CONTA

Engadimos ó noso muro sobre "ALFIN para profes" estas dúas infografías que elaboraron os compañeiros e compañeiras do Ceip de Canosa- Rus.

PARABENS E GRAZAS POR COMPARTIR!!!