Dende a biblioteca non podemos estar máis contentos. Comezamos a nosa andaina e xa contamos cunha familia disposta a agasallarnos cun conto.
Hoxe visitounos Susana, a nai de Pepe de 1º de Ed. Primaria e Lidia a tía de Iciar de 2º .
Así "As orellas de bolboreta" fixéronnos valorar as nosas diferenzas e "Unha chea de familias" achegounos a un edificio cargado de familias moi diferentes e peculiares.
Os nenos e nenas disfrutaron moitísimos coa súa visita e quixeron agradexcerllelo cun orixinal cadro otoñal elaborado por eles mesmos.
Dende a biblioteca moitísimas grazas a Lidia e Susana.
outubro 14, 2016
outubro 13, 2016
CARTA DE DOMINICUS
Hoxe recibimos nas clases unha carta do noso amigo Dominicus, a mascota da biblioteca , na que nos convida a visitar durante toda a semana a nova biblioteca do cole.Puxémonos todos e todas moi contentos xa que estabamos esperando moi impacientes a apertura da biblio.
A ver que novas nos trae este curso Dominicus!!!!
outubro 12, 2016
BIBLIOTECA ESCOLAR : TERRITORIO DAS ARTES
Co cartel diseñado por Minia Regos e co lema deste curso : Biblioteca escolar, territorio das Artes abrimos as portas da nosa biblioteca un ano máis.
Como moi ben recolle o blog de Bibliotecas Escolares:
"Biblioteca Escolar, Territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza. o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais ( cine, cómic, fotografía,videocreacións, videoxogos)
Ademais desta fermosísima ilustración o cartel agocha o último vídeo de Agustín Fernández Paz para as Bibliotecas Escolares. Poderás velo a través da aplicación Aurasma de Realidade Aumentada.

xuño 19, 2016
xuño 15, 2016
maio 13, 2016
maio 02, 2016
abril 21, 2016
"D QUIJOTE" EN REALIDADE AUMENTADA
abril 18, 2016
SEMANA DO LIBRO
Co gallo da celebración do Día do Libro durante esta semana realizaremos diversas actividades para conmemorar esta data.
Coñeceremos os aspectos máis relevantes da vida de Miguel de Cervantes a través de actividades Lim, lecturas na biblio e na aula, exposición de traballos, concursos...
Na "Hora de Ler" a través de lecturas compartidas , coñeceremos a figura e as aventuras e desventuras de "D. Quijote" , con sorpresa final!!!
O mércores, sesión de contacontos para todo o alumnado. A compañía "Os Sete Magníficos máis un" baixo a dirección de Avelino González achégase ata o noso cole co espectáculo "A Historia de Brancaflor", un conto máxico sobre a forza do amor.
O venres, actividades conxuntas para todos os nenos e nenas , na que realizaremos un taller cervantino onde elaboraremos unhas fantásticas gorgueras. Traballaremos en pequenos grupos mesturando as idades e nas que os maiores farán de guías ós máis pequenos/as.
E para o resto da comunidade educativa, estades todos e todas invitados a facer "Un selfie con D.Quijote" e que o compartades nas vosas redes sociais.
"El que lee mucho y anda mucho, ve mucho y sabe mucho" Miguel de Cervantes.
FELIZ SEMANA DO LIBRO

abril 15, 2016
Máis poemas en abril
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)