Nesta semana adicada á igualdade da muller contamos na nosa biblio coa presenza da cantautora mugardesa Sofía Espiñeira. Con ela pasamos unha fantástica mañá na que ademais de disfrutar escoitando as súas cancións, de poder cantar con ela acomañados da súa guitara, tivemos a oportunidade de charlar con ela sobre as vantaxes e desvantaxes de ser muller no mundo da música.
E para rematar os máis pequenos fixéronlle entrega dun agasallo moi especial...
Con este vídeo de Langui "Se buscan Valientes" presentamos este curso as charlas sobre o acoso escolar na biblioteca en colaboración co Departamento de Orientación. Estas sesións, como en anos anteriores, están dirixidas polo equipo da Garda Civil encargado de achegar ós nosos nenos e nenas esta problemática.
Dende a Biblioteca seguiremos traballando este tema coa lectura do libro "Cinco Horas con Mauro" do que falaremos máis adiante,
xa que contaremos coa visita do seu escritor.
E como en cursos pasados co noso taller de escritura "El Diario de Max".
As nosas felicitacións para os nenos e nenas de quinto Ed. Primaria por este sensasional traballo en equipo.
E dende aquí animamos ao resto do alumnado a facer os "booktrailers" dos seus libros favoritos.
Os nenos e nenas de quinto , xunto coas mestras encargadas da biblioteca, prepararon a representación "A lenda do Mago Antón" baseada no libro "O señor Mago e a folla" de Toño Núñez.
Deseñaron e pintaron os escenarios...
Prepararon os textos...
...recopilaron todos os materiais necesarios para a representación
... e ensaiaron moito
e gustounos moitiiiiisimo.
Grazas a todos e todas polo esforzo.
Hoxe celebramos o "Dia das Bibliotecas Escolares" e que mellor comezo que con este anaquiño do pregón de Ledicia Costas,
(...)Alguén me contou que o 24 de outubro é o Día das Bibliotecas. Sería xenial organizar unha festa con confeti e pompas de xabón. Celebrala ao grande. Encantaríame vestirme para tal ocasión como o personaxe dalgún libro, sentarme na mesa dunha biblioteca da cidade onde vivo e esperar a que fosen visitarme. Nas bibliotecas podes ser quen ti queiras. Desde Mary Poppins ata Matilda, Atreyu, Drácula ou mesmo Pippilotta Viktualia Rullgardina Krusmynta Efraimsdotter Långstrump. Podes poñer botas de pelo, plumas, zancos e chapeus. Chapeus! Iso é! Imaxino a unha pequena lectora achegándose a min discretamente, atraída polas cores e formas do meu chapeu(...)
E para continuar coa celebración pasamos unha mañá moi especial e divertida disfrutando dos contos da nosa biblioteca cos nosos padriños e madriñas lectoras.