maio 25, 2018

Celebramos "As Nosas Letras"





  • Aprendimos a ler e escribir en Braille







  • Completamos o cómic que fixeron os compañeiros e compañeiras de 1º e 2º. Colocamos os bocadillos!!!!






  •  Realizamos a nosa popular" Xincana das Letras Galegas" 

  • Escribimos e ilustramos poemas de Mª Victoria e colgámolos polas árbores, farolas, roseiras... do exterior do colexio e invitamos a todos os viandantes a levar os nosos agasallos por todo o pobo ou incluso máis aló.

maio 21, 2018

CONTACONTOS NA BIBLIO

Flora ten un segredo!!!!!!!!
Un segredo que coñecen mooooi ben os nenos e nenas de 2º de Ed. Primaria.
Ti queres coñecelo? Pois esta semana na biblio vánnolo contar.
Os nenos e nenas de 1º xa o coñecen!!!!!

maio 09, 2018

LETRAS GALEGAS 2018

                                                                                                                                                                    LETRAS GALEGAS 2018                        MARÍA VICTORIA MORENO       


maio 04, 2018

Un curso máis, Plan Director na biblioteca

Un curso máis o noso centro e a nosa biblioteca acolle o Plan Director  para 5º e 6º de Educación Primaria e un ano máis abordamos o tema do acoso escolar.
Este é un dos vídeos que comentamos na sesión  e que queremos compartir  con todos vós.


maio 03, 2018

AÍ VÉN O MAIO: CONTAMOS O QUE INVESTIGAMOS

O alumnado de sexto de Ed. Primaria escolleu a biblioteca para contarnos a todos e todas o que estiveron investigando acerca da festa dos Maios.
Formularon todas as preguntas que querían investigar; fixeron unha listaxe de posibles fontes de información, ademais das facilitadas na biblioteca; elaboraron un informe e finalmente fixeron unha exposición en formato mural.


Parabéns a todo o alumnado polo traballo ben feito!!

abril 26, 2018

AÍ VÉN O MAIO : ENCONTRO COS NOSOS MAIORES

En Mugardos celebrábase a festa dos Maios? Pois quen mellor que os nosos maiores para contalo.

O xoves 26 de abril tivemos o gusto de contar na nosas biblioteca coa visita de cinco persoas maiores, algunhas delas avós e avoas de alumnas do cole, para contarnos como celebraban elas de nenas a festa dos Maios. Ademais contáronnos como era o colexio da súa nenez e a que xogos xogaban na escola e nas rúas.

Queremos agradecer á Asociación Cultural Apelón que fixeran posible este entrañable, interesante e enriquecedor encontro.
Esperamos que non sexa o último.

Moitísimas grazas a todos e todas.

abril 25, 2018

AÍ VÉN O MAIO : Na procura de información

Que son os Maios? Cando se celebran os Maios? Dende cando existe esta festa? En Mugardos tamén se celebraba?...
Todas estas preguntas e moitas máis andan estes días de abril percorrendo todas as aulas do noso colexio.
Na biblioteca temos na mesa de exposicións unha selección de material relacionado cos Maios para encontrar respostas a todas esas preguntas que roldan nas nosas cabezas sobre esta celebración.

abril 24, 2018

DÍA DO LIBRO : APADRIÑAMENTOS LECTORES

Un ano máis sacamos os libros ó patio e disfrutamos dun espectacular día cos nosos compañeiros e compañeiras e dunhas fantásticas historias.

Ademais contamos cunha sorpresa....un agasallo mooooi especial!!!!

Feliz día a todos e todas!!!!

abril 23, 2018

ENCONTROS NA BIBLIOTECA : BEATRIZ MACEDA

Hoxe , día do libro, contamos na nosa biblioteca coa visita da escritora e antiga mestra deste colexio, Beatriz Maceda.
Beatriz estivo cos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria para charlar sobre o seu libro "O album de Garrincha" que tanto gustou a todo o noso alumnado.
Neste encontro tivemos a oportunidade de coñecer mellor a Beatriz na súa faceta de escritora así como ós personaxes do seu libro.

Grazas, Beatriz ,
por compartir con todos nós un día tan especial na nosa biblioteca que sempre será tamén un pouquiño túa.

abril 22, 2018

DÍA DO LIBRO 2018 : MANIFESTO POR FRAN ALONSO

Díptico enviado pola Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia