outubro 26, 2020

Cantamos e bailamos no Samaín

Creado por Anuska en Genially

outubro 25, 2020

outubro 16, 2020

outubro 12, 2020

outubro 05, 2020

MÓVETE

 Comezamos a semana con moito ritmo da man do noso queridísimo Paco Nogueiras. 

Así que  non teñas medo e ... 

                                                          MÓVETE


e non esquezas que 

                                     "se hai problema 

                                                            hai solución"

outubro 02, 2020

ATA SEMPRE QUINO!!

 




setembro 29, 2020

CHOVE EN GALICIA

Arroiada, ballón, basto, bátega, bategada, cebra, cebrina, chaparrada, chuvascada, chuvasco, chuvieira, cifra, ciobra, dioivo, treixada, xistra, zarracina, zorregar, ...

Con todas estas palabras os galegos e as galegas falamos da choiva , igual que fai Magín Blanco na canción desta semana , Chove en Galicia.

Pois imos desfrutar desta canción e ...

                                             tranquilos e tranquilas que

                                                      NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA!!!




setembro 24, 2020

TOCANDO EMOCIÓNS, SENTINDO CANCIÓNS

 

Leandro Lamas

    Un curso cunhas peculiaridades como o presente,   fai difícil deseñar un proxecto que cohesione o  cole, que xere vínculos emocionais entre o    alumnado de distintas aulas, e cree así mesmo comunidade educativa, implicando ás familias no  proceso. 

Por iso pensamos na música como eixo central do noso proxecto, a música móvenos, emociónanos, axúdanos a aprender, a crear, a imaxinar e a xogar. A nosa música, a música en galego, é o detonante perfecto para ler, escribir, coñecer, crear, e gozar do cole xunt@s.

Comezamos así , con música, este novo camiño...

...ESTE NOVO PROXECTO:

TOCANDO EMOCIÓNS, SENTINDO CANCIÓNS