novembro 19, 2024

novembro 18, 2024

Canción da semana : Nais e avoas

Clica na imaxe e escoita a canción

 Paula Chaves, coñecida polo seu nome artístico Pauliña, é unha cantante, compositora e actriz galega de Cambados ( Pontevedra )

Empezou a cantar e compoñer xa de nova en Cambados e arredores e despois marchou unha tempada a Inglaterra onde tamén continuou a súa carreira musical. Volveu tempo despois a Galicia onde se afincou en Santiago de Compostela. Na capital conseguiu subirse aos escenarios xunto a Vituco Neira (Ruxe Ruxe), Fosi (DeLombaos) ou Zënzar. Cando xa comezaba a ter éxito nas redes sociais a banda NAO propúxolle colaborar no seu disco Cartas no caderno que a levou a tocar con eles en grandes festivais. Despois de marchar a Ourense por motivos laborais, en 2018 lanzou o seu primeiro disco De -Xeneración coa discográfica Xonix Records e a finais dese mesmo ano lanzou o EP Decideu non ser de ninguén, no que colaborou con Valtònyc.

Tras o éxito dos primeiros proxectos, no 2020 lanzou o seu segundo disco A Malfalada, mesturando o country coa música folk, rock e o blues, en colaboración cunha banda de músicos veteranos formada por: Iago Jorge (batería), Lolo Arincón (baixo), Paco Montoto (teclado) e Julián Gullón (guitarra).

No 2022 actuou na película de Ángel de la Cruz O home e o can, na que tamén é a autora da canción orixinal.

(https://gl.wikipedia.org/wiki/Pauliña)

novembro 10, 2024

TERCEIRO RETO DO MISTERIO DO MAR

 


LEMBRADE ENTREGAR A SOLUCIÓN ANTES DO 22 DE NOVEMBRO.

 INVESTIGADE MOITO E ... SORTE!!!!

novembro 08, 2024

outubro 21, 2024

SEGUNDO RETO DO MISTERIO DO MAR

 


Entregar a solución ao reto antes do 8 de novembro.

A ESFOLLA : AS NOSAS TRADICIÓNS

outubro 18, 2024

outubro 17, 2024

FESTAS DE OUTONO : RADIO CATRO CAMIÑOS INFORMA

A CANCIÓN DA SEMANA :

 

outubro 02, 2024

O MISTERIO DO MAR 1

 Comezamos un curso máis  con : O MISTERIO DE ... 

Este curso como xa ben sabedes será sobre o MAR.

Le atentamente as pistas e descubre a afirmación que é FALSA.

MOITA SORTE!!!!!

setembro 25, 2024

BENVIDAS E BENVIDOS AO NOVO CURSO

                                    Ola a todas e a todos 
como ben sabedes eu son Dominicus ,o dragón da biblio do cole. 
Son un dragón moooi viaxeiro e percorro o mundo enteiro na procura de libros e boa música para tod@s vós.
Este ano o noso proxecto  vai sobre un ecosistema moi especial : O MAR .
Investigaremos sobre  as plantas, os animais, os traballos, as lendas, as cancións... 
E falando de cancións, comezamos este blog cunha canción relacionada co mar.
Queredes coñecela ? 
Pois moi atentos e atentas que os nosos compañeiros e compañeiras de 6º  poñen de estrea a radio do cole ...
                                                              Radio Catro Camiños