maio 21, 2009

ISTO É... A GUERRA:


No xardín do cole varios exércitos están a disputar unha forte batalla, se queres enterarte dos detalles... na biblioteca xa temos as revistas deste mes de REPORTERO DOC e MUY INTERESANTE JUNIOR.

maio 09, 2009

ORGANIZACIÓN DA BIBLIOTECA

Unha pequena descripción de cómo está organizada a nosa biblioteca...


abril 30, 2009

UNHA CANCIÓN.

Hoxe traio unha fermosa canción, xa tradicional, nas voces de FUXAN OS VENTOS: O carro. O poema orixinal foi escrito por Manuel María para o seu libro "Os soños na gaiola". Tédelo na biblioteca (signatura PGL/MAN/soñ)

abril 08, 2009

LITTLE RED RIDING HOOD.

Aquí queda unha nova versión do conto clásico Carrapuchiña Vermella. A primeira versión impresa deste conto foi a de Charles Perrault, pero a máis coñecida débese ós irmáns Grimm, que suavizaron o conto e déronlle un final feliz.

marzo 17, 2009

TREASURE HUNT

¿Queres enterarte de como se celebran algunhas festas moi populares nos Estados Unidos, Irlanda e Gran Bretaña? Pois proba con esta caza do tesouro en inglés:
Click here.

marzo 10, 2009

HORA DE ADIVIÑAR.

Escoita a adiviña desta rapaza. ¿Eres quen de contestala? ¿Que será? ¿Que será?




Deixa a túa resposta nos comentarios... se te atreves.

febreiro 26, 2009

BENVIDOS



















Benvidos a Biblodominicus, o blogue da biblioteca do CEIP "Unión Mugardesa" de Mugardos.
A través destas páxinas esperamos poder mantervos informados de tódalas novidades e actividades relacionadas coa nosa biblioteca.
Tamén poderedes atopar aquí curiosidades, historias... en fin o que se nos poida ir ocurrindo.