abril 18, 2011

EN ABRIL...CONTOS MIL

Cando os animais falaban...
En certa ocasión...

Nun lonxano pais...
Érase que se era...
Érase unha vez...
Érase unha vez e mentira no é...
Esto era...
Había unha vez...
Face máis de mil anos...
Pois, señor...
Este conto vai de ...








Pois sí, durante este mes continuamos con máis contos e máis contacontos...








Da man da Editorial Galaxia, visita a nosa biblioteca Iván e a súa caixa máxica da que sacou un fermoso conto co que disfrutamos.




abril 11, 2011

2 de abril con Xoán Farias

Noraboa a todos os nenos e nenas, mozos e mozas
que participaron e encheron de vida os libros
de Xoán Farias.

marzo 30, 2011

CLUBE DE LECTURA DOMINICUS


Por fin na biblioteca do dragón xa temos un clube de lectura. Empezamos un pequeno grupo , nenos e nenas de quinto, que esperamos ir ampliando no vindeiro curso. O primeiro libro do noso clube é "Palabras de Caramelo " de Gonzalo Moure. Temos un fermoso diario onde imos anotando o que máis e o que mo
enos nos gusta do libro, as palabras máis fermosas , os recordos que nos trae...en fin unha chea de cousas que logo imos contar nas próximas reunións .
Non podiamos empezar con máis entusiasmo.....!

marzo 01, 2011

IV CERTAME DE POESÍA "CONCELLO DE MUGARDOS"

O Concello de Mugardos, a través da Biblioteca Pública Municipal, convoca a cuarta edición do Certame de Poesía "Concello de Mugardos", co gallo do Día da Poesía , o 21 de marzo. Podes consultar as bases no taboleiro da biblio do cole ou na biblio do concello. Nas caixas de aula e no expositor tes unha selección de libros de poemas. Anímate e participa!

febreiro 15, 2011

CÓNTAME


Den que é este ovo? Con esta pregunta estivemos moi ,moi atentos a sesión de contacontos que a editorial Kalandraka trouxo ao noso cole. Non soubemos quen vivía alí dentro pero de seguro pasamos un rato moi, moi divertido.

xaneiro 31, 2011

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

"...NUNCA EXISTIU UNHA BOA GUERRA, NIN TAMPOUCO UNHA MALA PAZ" ( B.FRANKLYN)

decembro 31, 2010

BO NADAL

¡Feliz, feliz Navidad, la que hace que nos acordemos de las ilusiones de nuestra infancia, le recuerde al abuelo las alegrías de su juventud, y le transporte al viajero a su chimenea y a su dulce hogar! (Charles Dickens)

decembro 23, 2010

HISTORIAS EN NADAL...

...PARA LER E AGASALLAR.

decembro 15, 2010

CONCURSO: PERO...DE QUEN ESTAMOS A FALAR?

Aquí temos xa reunidas todas as pistas que ó longo da semana foron aparecendo na entrada da biblioteca.Xunta todos os datos e cubre a ficha do concurso e deposítaa no buzón.
MOITA SORTE.

PISTA 1.- NIN POR SANTOS NIN POLO SAN XULIÁN, SO APARECE POLO NADAL.
PISTA 2- PARA UN AGASALLO RECIBIR UNHA CARTA TERÁS QUE ESCRIBIR.
PISTA 3- É GRANDE E BONACHÓN E VAI TIZNADO COMO O CARBÓN.
PISTA 4- GÚSTALLE VIVIR NO INTERIOR, AS SERRAS DO CEBREIRO E O COUREL SON O MELLOR.
PISTA5- O 31, FIN DE ANO, APÁLPANOS A BARRIGA A CAMBIO DUN AGASALLO.
PISTA 6- SE AINDA NON SABES QUEN É SERÍA BO QUE VISITASES ESTA WEB http://es.wikipedia.org/wiki/Apalpador

NADAL NO MUNDO

" - ... e o 31 de decembro todo o mundo remata o ano comendo as doce uvas?
- Todo o mundo? Estás seguro?
Con esta pequena discusión chegaron á biblioteca os nenos e as nenas de sexto.Querían saber como se despide o ano nas distintas partes do mundo.E aquí estiveron varias sesións buscando información para logo elaborar un precioso mural que podes ver a partir de hoxe na biblioteca.




Create your own video slideshow at animoto.com.