abril 30, 2013

30 DE ABRIL : ARRIBA O TELÓN!!!!

  O Gran Teatro Dominicus estrea hoxe a súa primeira obra , un fragmento de      Fuenteovejuna  escrita no 1610 por  Lope de Vega .
Xa tes a túa invitación? Pois prepárate para disfrutar dun anaquiño dunha das obras máis representativas do teatro español.



abril 29, 2013

TEATROS DO MUNDO

Esta é unha pequena mostra dos marabillosos teatros que hai en todo o mundo, dende os máis clásicos e antigos como o Teatro romano de Mérida ata ós máis modernos como o de Sidney.
 Cal é o teu preferido ? Neste gloster tes información dos dez seleccionados pola biblio. Deixa o teu comentario de cal é o que máis che gusta desta lista ou outro que ti prefiras e que aquí non apareza.

ARRIBA O TELÓN !

" O Gran Teatro Dominicus" ten o pracer de convidarvos durante todo o mes de maio a un montón de espectáculos e actividades.Estamos instalados na entrada principal do cole, ao lado da biblioteca. Estade moi atentos porque as invitacións para os distintos actos xa están empezando a circular polo cole.

abril 26, 2013

23 de abril : A festa dos libros!!!!

Try our slideshow creator at Animoto.

abril 22, 2013

En abril, libros mil : Xuntanza na biblio

O vindeiro 23 de abril reunirémonos toda primaria na biblioteca para celebrar o Día do Libro.A programación para este día será a seguinte:
. Comezaremos escoitando o monólogo "Só un libro"( texto de Paula Carballeira)
. Contacontos: "El libro que se sentía solo".
. Visita á exposición dos nosos libros favoritos e presentación de cada un deles polos nenos/as e profes.
. Agasallo dun marcapáxinas.

abril 19, 2013

EN ABRIL, LIBROS MIL : EXPOSICIÓN DE LIBROS



Co gallo da celebración do Día do Libro ( o vindeiro martes 23 de abril) gustaríanos facer unha exposición na biblioteca cos libros preferidos de todos nós , profes e alumnos/as. Para iso precisamos que acheguedes ao cole o voso libro preferido da casa. Nos vos esquezades de poñerlle algunha identificación.
Disfrutaremos dunhas xornadas moi entretidas, divertidas e emotivas escoitando o que tedes que contar acerca do voso libro.

abril 01, 2013

Día da poesía 2013

 Durante toda a semana disfrutamos das máis fermosas poesías grazas ao expositor que durante estes días percorreu as nosas clases. Un ano máis reunímonos na biblioteca para conmemorar o dia da Poesía e ,desta volta, limos as nosas propias creacións. Escoitamos poemas adicados as nosas mascotas, a nosa familia, aos nosos medos...




febreiro 24, 2013

24 de febreiro, día de Rosalía

Este ano a celebración do Día de Rosalía de Castro ten unha especial relevancia ao se cumpriren 150 anos da publicación de Cantares Gallegos .Durante esta semana realizaremos distintos actos conmemorativos na nosa biblioteca.
Para empezar, e despois de ler os datos sobre a súa vida e obra , serías quen de contestar a este cuestionario?







Agradecemos á biblioteca Soños de Andel do Ceip de Andrade compartir con todos nós este estupendo cuestionario e a Rosana Rodiles do Ceip de Pazos o diseño do cartel. Parabéns!!

RISCOS DE INTERNET

Esta semana na nosa biblioteca tivemos unha interesantísima charla impartida pola Garda Civil sobre os riscos en internet.Agora o que nos queda e relexionar sobre as couas que facemos mal, as que non facemos e as que deberiamos facer.
Dende aquí e en nome do colexio queremos agradecerlles a súa visita e contamos de novo con eles no terceiro trimestre con un tema tamén moi interesante : o acoso escolar..







xaneiro 30, 2013

30 de xaneiro : Día da Paz

"ESTOY HECHO DE

DOS COLORES QUE SE AMAN" 

Con esta frase do fermosísimo libro  " Colores que se aman" de Paco Abril celebramos no noso cole  o Dia da Paz. Escoitamos na biblioteca o conto, fixemos os nosos corazóns entrelazados con cores que se aman, e pintamos o muro do patio con multitud de corazóns de moitas e fermosísimas cores.