decembro 18, 2013
Un Agasallo : un Libro
Velaquí tedes as nosas suxestións para este Nadal. Botádelle unha ollada e animádevos a incluir algún título nas vosas cartas. Se queredes coñecer máis a fondo os libros clicade enriba deles.
Dende a biblioteca do dragón..... BO NADAL e FELIZ ANINOVO.
decembro 17, 2013
O APALPADOR
Espero que vos guste!!!!!!
decembro 13, 2013
10 de decembro : Día dos Dereitos Humanos
Durante toda esta semana compartimos a lectura do libro sobre Nelson Mandela "Mi nombre es..Nelson Mandela". Falamos dos Dereitos Humanos, das desigualdades...Aprendimos palabras novas como Apartheid, e Segracionismo. Recoñecimos a importancia da figura de Madiba como Premio Nobel da Paz. E para rematar fixemos a nosa particular homenaxe con esta recopilación dalgunha das súas frases.
Ademáis colgamos polos corredores do colexio uns orixinais caligramas cos Dereitos Humanos.
Ademáis colgamos polos corredores do colexio uns orixinais caligramas cos Dereitos Humanos.
decembro 09, 2013
LECTURA COMPARTIDA : YO SOY...NELSON MANDELA
Dende a nosa biblioteca queremos despedir a Nelson Mandela coa lectura compartida, durante esta semana, da súa biografía.
A raíz da lectura do cartel de despedida que nos fixo Rosana do Ceip de Pazos os nenos e nenas de sexto tamén quixeron recordar a figura de Madiba facendo unha selección das súas frases. Están confeccionando un mural con todas elas, que logo colgaremos no blog. Aquí vos deixo un adianto.
"Se queres facer as paces co teu inimigo, tes que traballar co teu inimigo. Entón el vólvese o teu compañeiro".
"Despois de escalar un grande outeiro, un encóntrase só con que hai moitos máis outeiros que escalar".
"Sempre parece imposible ata que se fai"
"Ninguén nace odiando outra persoa pola cor da súa pel, ou a súa orixe, ou a súa relixión"
"A maior gloria non é nunca caer, senón erguerse sempre"
...
... ATA SEMPRE

novembro 24, 2013
25 de novembro : Contra a Violencia de Xénero
" ... - Que te aburriches!- berraba Artur indignado- Só os parvos se aburren"
"... A Clementina dáballe vergoña ser tan parva"
" ... _ Que vas tocar ti a frauta! Estou seguro que non vas ser capaz"
" ... - Pero que che pasa agora? outra idea ridícula. Non pensarás que es artista? Vaia parvada"
"...non vaia ser o demo que Artur se farte de ter unha esposa tan burra.Esforzareime por falar o menos posible"
"... -Que farías ti sen min?- dicíalle el.
...CANDO UNHA MAÑÁ DE PRIMAVERA CLEMENTINA DECIDIU QUE A SÚA VIDA NON PODÍA SEGUIR ASÍ.
...AS CRÍTICAS DE ARTUR XA TANTO LLE TIÑAN...
...E UN DÍA AO REGRESAR ARTUR ATOPOU A CASA BALEIRA.
novembro 22, 2013
O CÚ DA RAÍÑA
Para a maioría este rincón non precisa presentación, xa que é un dos máis pintorescos da vila de Mugardos. Pero para os que non o saibades, esta rocha que aparece en primeiro término é coñecida como o "Cú da Raíña". En 1690, a princesa Mariana de Neoburgo veu a contraer matrimonio co rei de España Carlos II. Por mor do mal tempo, tivo que desembarcar nesta pequena rocha redondeada, que desde entón se coñece por ese nome.
En recoñecemento á calurosa acollida dos mugardeses á futura raíña, o rei eximíu aos seus habitantes do servicio militar e concedeu o título de Real Villa ao pobo, descoñecendo que xa o seu avó, Felipe IV, o fixera antes. É por iso que Mugardos é Real Vila dúas veces e por iso luce dúas coroas no seu escudo.
Pois ben, esta foi a lenda escollida para conmemorar a Semana da Literatura de Tradición Oral e que foi recorrendo todos os recunchos do noso cole e os de Apelón.

novembro 14, 2013
Apadriñamentos para a semana da Literatura de tradición oral
Para conmemorar esta data imos compartir unhas xornadas ao máis estilo tradicional . Os rapaces de 3º e 4º van escoitar unha lenda tradicional de Mugardos da man da profe Pili .Van ter que estar moi atentos xa que van ser os encargados de contala de novo aos seus compañeiros de 5º e 6º , en pequenos grupos, igual que cando facemos os apadriñamentos. E os de 6º e 5º terán que contala aos máis pequenos do cole.
A DISFRUTAR!!!
novembro 11, 2013
8 de novembro: Celebramos o magosto
Con ARCIMBOLDO e o seu cadro de OUTONO comezamos a celebración da festa. Moitas papeletas acertadas no concurso pero...unha soa gañadora : Sabela Martínez de sexto.NORABOA Sabela, e sobre todo GRAZAS a todos os paticipantes.
Continuamos coa exposición de cabazas .Este ano o xurado o tivo mooooi complicado xa que o listón estaba altísimo como veredes nas fotos.
Presentamos a recopilación das cantigas, refráns, poemas... que formará parte dos fondos da nosa biblioteca.
E para rematar a festa xogos populares e degustación de castañas.!!!!!
Unha boa xornada de convivencia!!!!.
outubro 27, 2013
FESTA DE OUTONO
Comezamos a semana coa preparación da festa de outono. Este ano centrarémonos sobre todo nas actividades relacionadas con este tempo: vendima, esfollada, recolleitas...
Como todos os anos precisamos da túa colaboraración para.....
- Ambientar a biblioteca e a entrada ao cole .
- Seleccionar libros para a exposición temática.
- Participar no libro cooperativo.
e...CONCURSO
Cal o nome do autor e o nome do cadro que ilustra esta entrada?
Se sabes a resposta...PARTICIPA.

outubro 25, 2013
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
As CAIXAS DE AULA saen hoxe da biblioteca cargadiñas de libros relacionados coa ciencia. Durante unha semana estarán nas aulas para que poidades disfrutar dos máis sorprendentes experimentos, dos avances tecnolóxicos, dos distintos ecosistemas , do universo...en fin unha gran variedade de libros.
Cada aula fará unha selección dos tres libros máis interesantes e os presentaremos nunha exposición na biblio nas vindeiras semanas.
Os nosos compañeiros e compañeiras de Ed Infantil ademáis de ler libros xa puxeron en práctica algúns dos experimentos.Se queres botar unha ollada pincha no seguinte enlace: Ler ciencia en Ed.Infantil.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)