Durante a vindeira semana celebraremos no cole a Semana pola Paz e a non Violencia. A programación será a seguinte:
"HORA DE LER" POLA PAZ
. O luns Lola de 2º contará o conto "O segredo de Flora"
. O martes os nenos e nenas de 5º e 6º , despois de ver un video sobre a figura de Ana Frank , farán unha lectura colectiva dun fragmento do "Diario de Ana Frank".
. O mércores os nenos e nenas de 3º e 4º recitarán poemas sobre a paz.
. O xoves 6º de Ed. Infantil contará aos seus compañeiros e compañeiras de Infantil quen foi Mahatma Gandhi.
"CAIXAS DE AULA" con libros sobre a paz para ler nas aulas e EXPOSICIÓN na biblioteca.
"MURAIS SOBRE A PAZ"
"DAMOS A LATA POLA PAZ"
Durante o luns e o martes decoraremos latas de refresco con frases, debuxos...alusivos á paz. Faremos unha EXPOSICIÓN de todas elas na entrada do colexio.
O día 30 no patio cantaremos a canción "Latas pola paz" acompañandoa das nosas lata-maraca.
Representaremos os símbolos da paz cos nosos corpos e para rematar faremos un intercambio de latas que levaremos de recordo para as nosas casas.
Para ir quentando motores aquí vos deixo unha presentación realizado polos nosos compañeiros e compañeiras do Ceip de Ponzos de Ferrol ...
...e o video da canción "Latas pola Paz"( da ONG ADMUNDI) para ir afinando.
.... e en versión Karaoke polo cole Barrié de La Maza de Santa Comba.
GRAZAS a todos eles por compartir os seus traballos.
xaneiro 23, 2014
ANO NOVO, CONTOS NOVOS
"Había otra vez...La fea durmiente", este foi o conto que nos contou Ariadna de 6º o pasado xoves. Gustounos moito esta nova versión deste clásico e disfrutamos sobre todo moito con Ariadna e coa súa facilidade para contar historia.
Grazas Ariadna e esperamos verte de novo na túa nova faceta de contacontos.
Se queres ler mais contos ó revés, na biblio temos a colección de "Había otra vez..." con títulos como "Blancanieves y los siete gigantones" o "Caperucita descolorida".

decembro 18, 2013
Un Agasallo : un Libro
Velaquí tedes as nosas suxestións para este Nadal. Botádelle unha ollada e animádevos a incluir algún título nas vosas cartas. Se queredes coñecer máis a fondo os libros clicade enriba deles.
Dende a biblioteca do dragón..... BO NADAL e FELIZ ANINOVO.
decembro 17, 2013
O APALPADOR
Espero que vos guste!!!!!!
decembro 13, 2013
10 de decembro : Día dos Dereitos Humanos
Durante toda esta semana compartimos a lectura do libro sobre Nelson Mandela "Mi nombre es..Nelson Mandela". Falamos dos Dereitos Humanos, das desigualdades...Aprendimos palabras novas como Apartheid, e Segracionismo. Recoñecimos a importancia da figura de Madiba como Premio Nobel da Paz. E para rematar fixemos a nosa particular homenaxe con esta recopilación dalgunha das súas frases.
Ademáis colgamos polos corredores do colexio uns orixinais caligramas cos Dereitos Humanos.
Ademáis colgamos polos corredores do colexio uns orixinais caligramas cos Dereitos Humanos.
decembro 09, 2013
LECTURA COMPARTIDA : YO SOY...NELSON MANDELA
Dende a nosa biblioteca queremos despedir a Nelson Mandela coa lectura compartida, durante esta semana, da súa biografía.
A raíz da lectura do cartel de despedida que nos fixo Rosana do Ceip de Pazos os nenos e nenas de sexto tamén quixeron recordar a figura de Madiba facendo unha selección das súas frases. Están confeccionando un mural con todas elas, que logo colgaremos no blog. Aquí vos deixo un adianto.
"Se queres facer as paces co teu inimigo, tes que traballar co teu inimigo. Entón el vólvese o teu compañeiro".
"Despois de escalar un grande outeiro, un encóntrase só con que hai moitos máis outeiros que escalar".
"Sempre parece imposible ata que se fai"
"Ninguén nace odiando outra persoa pola cor da súa pel, ou a súa orixe, ou a súa relixión"
"A maior gloria non é nunca caer, senón erguerse sempre"
...
... ATA SEMPRE

novembro 24, 2013
25 de novembro : Contra a Violencia de Xénero
" ... - Que te aburriches!- berraba Artur indignado- Só os parvos se aburren"
"... A Clementina dáballe vergoña ser tan parva"
" ... _ Que vas tocar ti a frauta! Estou seguro que non vas ser capaz"
" ... - Pero que che pasa agora? outra idea ridícula. Non pensarás que es artista? Vaia parvada"
"...non vaia ser o demo que Artur se farte de ter unha esposa tan burra.Esforzareime por falar o menos posible"
"... -Que farías ti sen min?- dicíalle el.
...CANDO UNHA MAÑÁ DE PRIMAVERA CLEMENTINA DECIDIU QUE A SÚA VIDA NON PODÍA SEGUIR ASÍ.
...AS CRÍTICAS DE ARTUR XA TANTO LLE TIÑAN...
...E UN DÍA AO REGRESAR ARTUR ATOPOU A CASA BALEIRA.
novembro 22, 2013
O CÚ DA RAÍÑA
Para a maioría este rincón non precisa presentación, xa que é un dos máis pintorescos da vila de Mugardos. Pero para os que non o saibades, esta rocha que aparece en primeiro término é coñecida como o "Cú da Raíña". En 1690, a princesa Mariana de Neoburgo veu a contraer matrimonio co rei de España Carlos II. Por mor do mal tempo, tivo que desembarcar nesta pequena rocha redondeada, que desde entón se coñece por ese nome.
En recoñecemento á calurosa acollida dos mugardeses á futura raíña, o rei eximíu aos seus habitantes do servicio militar e concedeu o título de Real Villa ao pobo, descoñecendo que xa o seu avó, Felipe IV, o fixera antes. É por iso que Mugardos é Real Vila dúas veces e por iso luce dúas coroas no seu escudo.
Pois ben, esta foi a lenda escollida para conmemorar a Semana da Literatura de Tradición Oral e que foi recorrendo todos os recunchos do noso cole e os de Apelón.

novembro 14, 2013
Apadriñamentos para a semana da Literatura de tradición oral
Para conmemorar esta data imos compartir unhas xornadas ao máis estilo tradicional . Os rapaces de 3º e 4º van escoitar unha lenda tradicional de Mugardos da man da profe Pili .Van ter que estar moi atentos xa que van ser os encargados de contala de novo aos seus compañeiros de 5º e 6º , en pequenos grupos, igual que cando facemos os apadriñamentos. E os de 6º e 5º terán que contala aos máis pequenos do cole.
A DISFRUTAR!!!
novembro 11, 2013
8 de novembro: Celebramos o magosto
Con ARCIMBOLDO e o seu cadro de OUTONO comezamos a celebración da festa. Moitas papeletas acertadas no concurso pero...unha soa gañadora : Sabela Martínez de sexto.NORABOA Sabela, e sobre todo GRAZAS a todos os paticipantes.
Continuamos coa exposición de cabazas .Este ano o xurado o tivo mooooi complicado xa que o listón estaba altísimo como veredes nas fotos.
Presentamos a recopilación das cantigas, refráns, poemas... que formará parte dos fondos da nosa biblioteca.
E para rematar a festa xogos populares e degustación de castañas.!!!!!
Unha boa xornada de convivencia!!!!.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)