Esta semana as rapazas e rapaces do 1º ciclo recibiron unha invitación para asistir a unha sesión de contacontos na biblio.
Sabela e Clara de 3º de Primaria contaron aos seus compañeiros o conto "A que sabe a Lúa?" acompañado dunhas fermosas ilustracións do libro proxectadas.
Parabéns Sabela!!
Parabéns Clara!!
abril 15, 2015
abril 01, 2015
ABRIL, mes dos libros : Contacontos
Para comezar este mes contamos , un ano máis, na nosa biblio con Iván. Desta volta contounos a historia de "Augusta e os seus medos" e a súa superación enfrontándose a eles.
Pasamos un rato moi agradable, como sempre.
Grazas Iván e grazas a Xerais.
Pasamos un rato moi agradable, como sempre.
Grazas Iván e grazas a Xerais.
marzo 27, 2015
Contacontos en familia
Estamos seguras de que será unha experiencia que non esqueceredes, nin esquecerán os vosos fillos/as,netos/as,sobriños/as...
marzo 15, 2015
Semana da astronomía
Co gallo do próximo eclipse solar teremos durante esta semana unha exposición de libros relacionados co mundo da astronomía.
Por que se producen os eclipses? e os días e as noites?
Quen xira a Terra ou o Sol?
Estas preguntas e moitísimas máis poderemos respostar durante esta semana na biblio.
Ademais contamos cun pequeno planetario co que poderemos por en práctica todo o aprendido.
A disfrutar coa ciencia!!!

marzo 03, 2015
Ledicia Costas visita a nosa biblio
"Escarlatina , a cociñeira defunta" foi un dos libros escollidos para o Club de Lectura neste curso. Contamos coa visita da súa autora, Ledicia Costas, e compartimos con ela durante unha hora a súa experiencia durante a creación do libro.O final adicounos uns marcapáxinas que diseñamos na clase.
Moitíiisimas grazas Ledicia!!!!
marzo 02, 2015
MARZO coa poesía
Comezamos o mes , no tempo das lecturas compartidas do 1º ciclo,co libro de Helena Villar "As señoras cousas".
"Sabores de auga" foi o poema escollido . Inventamos palabras novas para os versos e plasmámolo nun mural na biblio.
e...quedounos así de chulo!!!
"Sabores de auga" foi o poema escollido . Inventamos palabras novas para os versos e plasmámolo nun mural na biblio.
e...quedounos así de chulo!!!
febreiro 27, 2015
FEBREIRO, lembrando a Rosalía
O 24 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía.
Limos, cantamos, representamos gráfica e musicalmente o poema "O Moucho "... elaboramos murais, fixemos mandalas e fermosos marcapáxinas de mouchos.
Elaboramos tamén un libro Lim sobre o moucho.
A disfrutalo!!!

febreiro 10, 2015
Separemos ben.Reciclaremos mellor
Durante o mes de xaneiro o alumnado do 2º Ciclo estivo traballando o tema da reciclaxe.
Dende a biblioteca fixemos unha selección dos libros que lles poderían axudar a coñecer mellor o tema e facer os seus traballos de investigación.
Ademais contamos na nosa biblioteca cunha charla interactica que forma parte da Campaña de Concienciación e Educación Ambiental sobre residuos domésticos "Separemos ben, reciclaremos mellor" promovida pola Xunta de Galicia, Sogama, Ecoembes,Ecovidrio e os SIG de pilas.

febreiro 05, 2015
XANEIRO, pola PAZ
...e así celebramos o Día da Paz no cole:
Realizamos murais nas distintas clases : en música, en inglés, coa profe de relixión, na Hora de Ler na biblioteca, coas titoras na aula...
Representamos no patio unha "pomba humana", bailamos unha danza todos collidos das mans e logo soltamos uns globos cos nosos desexos de paz.
Realizamos murais nas distintas clases : en música, en inglés, coa profe de relixión, na Hora de Ler na biblioteca, coas titoras na aula...
Interpretamos os de quinto e cuarto unha fermosa canción para o resto dos nosos compañeiros e compañeiras.
Representamos no patio unha "pomba humana", bailamos unha danza todos collidos das mans e logo soltamos uns globos cos nosos desexos de paz.
decembro 22, 2014
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)