xullo 07, 2017
xuño 21, 2017
abril 27, 2017
Abril, mes dos libros con Pere Tobaruela
Esta semana , grazas a editorial Embora, contamos na nosa biblioteca coa visita do escritor catalán afincado xa en Galicia, Pere Tobaruela.
Pere visitounos para charlar sobre o seu libro "Cinco horas con Mauro" que formaba parte do programa de libros de lectura compartida para este curso en 5º e 6º de Ed. Primaria.
Falamos do acoso escolar , da súa vida como escritor e da importancia de valorar e utilizar a nosa lingua. En fin unha sesión moi enriquecedora na que todos , alumnos e profes , disfrutamos moitísimo.
Nós tiñámoslle preparada unha sorpresa, un BOOKTRAILER sobre o seu libro:
Gustoulle tanto o booktrailer que ata nos pedíu unha copia para el!!!!!
E tamén en REALIDADE AUMENTADA co programa Aurasma enlazado á portada do libro
Pere visitounos para charlar sobre o seu libro "Cinco horas con Mauro" que formaba parte do programa de libros de lectura compartida para este curso en 5º e 6º de Ed. Primaria.Falamos do acoso escolar , da súa vida como escritor e da importancia de valorar e utilizar a nosa lingua. En fin unha sesión moi enriquecedora na que todos , alumnos e profes , disfrutamos moitísimo.
Nós tiñámoslle preparada unha sorpresa, un BOOKTRAILER sobre o seu libro:
Gustoulle tanto o booktrailer que ata nos pedíu unha copia para el!!!!!
E tamén en REALIDADE AUMENTADA co programa Aurasma enlazado á portada do libro
marzo 10, 2017
"Aló onde agroman as herbas" : Semana da Igualdade
Nesta semana adicada á igualdade da muller contamos na nosa biblio coa presenza da cantautora mugardesa Sofía Espiñeira.
Con ela pasamos unha fantástica mañá na que ademais de disfrutar escoitando as súas cancións, de poder cantar con ela acomañados da súa guitara, tivemos a oportunidade de charlar con ela sobre as vantaxes e desvantaxes de ser muller no mundo da música.marzo 06, 2017
febreiro 03, 2017
SE BUSCAN VALIENTES
Con este vídeo de Langui "Se buscan Valientes" presentamos este curso as charlas sobre o acoso escolar na biblioteca en colaboración co Departamento de Orientación. Estas sesións, como en anos anteriores, están dirixidas polo equipo da Garda Civil encargado de achegar ós nosos nenos e nenas esta problemática.
Dende a Biblioteca seguiremos traballando este tema coa lectura do libro "Cinco Horas con Mauro" do que falaremos máis adiante,
xa que contaremos coa visita do seu escritor.
E como en cursos pasados co noso taller de escritura "El Diario de Max".
decembro 20, 2016
decembro 04, 2016
O NOSO PRIMEIRO "BOOKTRAILER"
As nosas felicitacións para os nenos e nenas de quinto Ed. Primaria por este sensasional traballo en equipo.
E dende aquí animamos ao resto do alumnado a facer os "booktrailers" dos seus libros favoritos.
novembro 25, 2016
novembro 15, 2016
Cóntame unha lenda : A lenda do mago Antón
Os nenos e nenas de quinto , xunto coas mestras encargadas da biblioteca, prepararon a representación "A lenda do Mago Antón" baseada no libro "O señor Mago e a folla" de Toño Núñez.
Deseñaron e pintaron os escenarios...
Prepararon os textos...
...recopilaron todos os materiais necesarios para a representación
... e ensaiaron moito
e gustounos moitiiiiisimo.
Grazas a todos e todas polo esforzo.
Deseñaron e pintaron os escenarios...
Prepararon os textos...
...recopilaron todos os materiais necesarios para a representación
... e ensaiaron moito
e gustounos moitiiiiisimo.
Grazas a todos e todas polo esforzo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






