setembro 29, 2020

CHOVE EN GALICIA

Arroiada, ballón, basto, bátega, bategada, cebra, cebrina, chaparrada, chuvascada, chuvasco, chuvieira, cifra, ciobra, dioivo, treixada, xistra, zarracina, zorregar, ...

Con todas estas palabras os galegos e as galegas falamos da choiva , igual que fai Magín Blanco na canción desta semana , Chove en Galicia.

Pois imos desfrutar desta canción e ...

                                             tranquilos e tranquilas que

                                                      NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA!!!




setembro 24, 2020

TOCANDO EMOCIÓNS, SENTINDO CANCIÓNS

 

Leandro Lamas

    Un curso cunhas peculiaridades como o presente,   fai difícil deseñar un proxecto que cohesione o  cole, que xere vínculos emocionais entre o    alumnado de distintas aulas, e cree así mesmo comunidade educativa, implicando ás familias no  proceso. 

Por iso pensamos na música como eixo central do noso proxecto, a música móvenos, emociónanos, axúdanos a aprender, a crear, a imaxinar e a xogar. A nosa música, a música en galego, é o detonante perfecto para ler, escribir, coñecer, crear, e gozar do cole xunt@s.

Comezamos así , con música, este novo camiño...

...ESTE NOVO PROXECTO:

TOCANDO EMOCIÓNS, SENTINDO CANCIÓNS

      

xuño 19, 2020

O COLE , UNHA FÁBRICA DE LUZ



E.... ainda hai máis!!!

xuño 14, 2020

SOFÁ E MANTA . TEATRO CON LUCÍA E IRENE

Hoxe Lucía e a súa nai Irene vannos contar e representar o conto " Chibos Chibóns". Fixádevos que espectacular teatriño montaron. 
Moitísimas grazas por compartilo con nós.


xuño 12, 2020

xuño 11, 2020

SOFÁ E MANTA . COIDADO DO MEDIO AMBIENTE



                                                                           Vídeo de Ventura Alejandro David

xuño 06, 2020

SOFÁ E MANTA :8 de XUÑO , DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS




Por que celebramos o Día Mundial dos Océanos? 

Para lembrar a todo o mundo o gran papel que os océanos xogan nas nosas vidas. Son os pulmóns do noso planeta, que xeran a maioría do osíxeno que respiramos.

Para informar á opinión pública das consecuencias que a actividade humana ten para os océanos.

Para poñer en marcha un movemento mundial cidadán a favor dos océano.

Para mobilizar e unir á poboación mundial arredor ao obxectivo da xestión sostible dos océanos. Son unha fonte importante de alimentos e medicinas, e unha parte esencial da biosfera.

Para celebrar xuntos a beleza, a riqueza e o potencial dos océanos.

( Adaptación do texto "8 de junio: Día Mundial de los Océanos .El Tiempo.com)



                                                                      Vídeo de Ecología Verde



  


 E para rematar unha fermosa composición de Nani García : Soños de auga ( De Profundis)


xuño 05, 2020