O noivo de dona Rata
era un rato moi galante,
levaba un cordón na pata
e un chaquetón elegante.
Cando xa levaban meses
e estaban comprometidos
ela puxo un traxe verde
e el retorceu o fociño.
como sen dar importancia
díxolle:non poñas iso!!!
ela creu que era confianza
e foi...e caso lle fixo!
Máis tarde, nun frío día,
berroulle el por pintarse,
...
Sucédense a chantaxes,
as ameazas, as queixas...
a rata quere marchar
pero o rato non a deixa.
...
Fragmento do poema de Azucena Arias
No hay comentarios:
Publicar un comentario