|
Avispeiro de Velutina |
Durante a semana pasada os rapaces e rapazas do terceiro ciclo de primaria estivemos investigando sobre as velutinas, avispas asiáticas ou avispas asasinas.Elaboramos unha serie de preguntas sobre este insecto para facerllelas ós apicultores da Casa do mel de Goente que visitaron o venres o noso cole.
|
Construimos as trampas |
Escoitamos ós apicultores, aprendimos a distinguir esta especie de avispas doutras, os seus costumes...
Vimos de cerca un dos seus impresionantes avispeiros e para rematar construimos unhas trampas con botellas de plástico e saimos a colocalas polas árbores dos arredores.
La Voz de Galicia na edición do sábado recolle unha reportaxe sobre esta actividade.
Ademais se queres saber máis cousas podes visitar estoutras páxinas
La Voz de Galicia
Apicultores de Navarra
Blog da Casa do Mel de Goente
No hay comentarios:
Publicar un comentario