A Illa do Tesouro un clásico da literatura infantil volve ás nosas aulas nunhas sesións de lecturas compartidas .
Disfrutade moito con este libro de piratas, tesouros, mapas misteriosos...
e.....pronto teremos unha gran sorpresa relacionada con este libro.
novembro 15, 2015
novembro 06, 2015
CORRE, CORRE CABACIÑA
novembro 03, 2015
ARRIBA O TELÓN
"La ramita de Hierbabuena" conta as peripecias que ten que pasar Asterio para conseguir " una ramita de hierbabuena" que a súa nai precisa para facer un sabroso guiso. Deberá resolver enigmas, superar probas e andar por camiños e lugares descoñecidos.
Pois esta é a pequena reseña da obra de teatro que veremos esta semana no Teatro de Narón.
Disfrutade moito e....Xa nos contaredes !!!!
Pois esta é a pequena reseña da obra de teatro que veremos esta semana no Teatro de Narón.
Disfrutade moito e....Xa nos contaredes !!!!
outubro 30, 2015
NOVEMBRO...MES DAS CABAZAS!!!!!!
MOCHILAS VIAXEIRAS
Despois de por en marcha as bolsas viaxeiras , agora tócalle o turno ás mochilas. Libros e diversos materiais para compartir toda a familia.
Todas as mochilas levan ademais un caderno de avaliación para coñecer a vosa opinión sobre o seu contido e así saber se é do voso agrado.
Todas as mochilas levan ademais un caderno de avaliación para coñecer a vosa opinión sobre o seu contido e así saber se é do voso agrado.
outubro 26, 2015
QUE É UNHA VELUTINA?
![]() |
| Avispeiro de Velutina |
![]() |
| Construimos as trampas |
Vimos de cerca un dos seus impresionantes avispeiros e para rematar construimos unhas trampas con botellas de plástico e saimos a colocalas polas árbores dos arredores.
La Voz de Galicia na edición do sábado recolle unha reportaxe sobre esta actividade.
Ademais se queres saber máis cousas podes visitar estoutras páxinas
La Voz de Galicia
![]() |
Blog da Casa do Mel de Goente
LIBROS QUE VEÑEN E VAN
outubro 06, 2015
Ledicia Costas é noticia
Estamos moi, moi ledos.Enterámonos polo xornal que a nosa queridísima Ledicia Costas , que tivemos o gusto de coñecer o curso pasado, é Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil polo fantástico libro de Escarlatina.
Moitísimas felicidades de todos os nenos e nenas de Unión Mugardesa.
Máis información : La Voz de Galicia
E aquí tedes unha reportaxe de Desde Galicia para el Mundo sobre moitos aspectos do libro.
Moitísimas felicidades de todos os nenos e nenas de Unión Mugardesa.
Máis información : La Voz de Galicia
E aquí tedes unha reportaxe de Desde Galicia para el Mundo sobre moitos aspectos do libro.
outubro 01, 2015
ESTAMOS EN OBRAS!!!!
Como xa todos e todas sabedes estamos de reformas!!! A nosa biblioteca permanecerá pechada ata o segundo trimestre pero... seguiremos funcionando .
Continuaremos co servizo de préstamo dende as aulas a través das "caixas de aula" ; os libros de consulta e divulgación estarán polos corredores da primeira planta; habilitaremos un curruncho de lectura na entrada do cole cunha pequena exposición de libros; seguiremos coas mochilas viaxeiras, os libros que veñen e van, o club de lectura, as sesións de contacontos... en fin, con moitas dificultades pero...seguiremos VIVOS!!

xuño 18, 2015
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)