xuño 10, 2024

MUGARDOS O NOSOS ECOSISTEMA : ANIMAIS INVERTEBRADOS, AS FORMIGAS

 Continuamos cos animais invertebrados da nosa contorna e desta volta os nenos e nenas de terceiro e cuarto estiveron investigando sobre o fascinante mundo das formigas.




xuño 09, 2024

Mugardos, o noso ecosistema : ANIMAIS INVERTEBRADOS, OS DESCOMPOÑEDORES

Este curso,  como ben sabedes, o noso proxecto do cole é sobre os animais invertebrados . Os nenos e nenas de quinto e sexto estiveron durante este primeiro trimestre investigando sobre o grupo dos descompoñedores. 
Queredes coñecelos? 
Pois estade moi atentos e atentas .












xuño 07, 2024

maio 14, 2024

LENDA DO VOTO DE CHANTEIRO




No ano 1404 a epidemia da peste afecta á comarca de Ferrolterra, o que conleva un gran número de mortes na zona. Esta traxedia só podía ser vencida por intercesión divina e é así como piden á Virxe de Chanteiro que cese a mesma. Esta virxe era de gran devoción para os pobos mariñeiros. De feito, a devandita ermida era a que vían os pescadores tanto ao entrar como ao saír da ría e saudábana cos remos no alto.

Dise que a esta Virxe acudiron os representantes dos pobos da comarca para implorar a desaparición da epidemia. Isto sucedía nos días inmediatos á Pascua de Pentecostés. A epidemia remitiu e as xentes da zona decidiron realizar unha ofrenda (voto) de agradecemento. A ofrenda era entregar seis libras de cera para iluminar a capela, así como renovar o voto anualmente. Ofrecíanlle á Virxe unha flor e colocábase nas súas mans: a flor de Chanteiro. O voto era ofrecido por Ferrol, A Graña, Ares e Mugardos.

Unha vez efectuada a ofrenda relixiosa comezaba a festa profana e a romaría propiamente dita. Co tempo a celebración profana foi tendo cada vez máis fama. Ferrol pediu a conmutación do Voto en 1839, máis tarde Ares abandonou esta ofrenda despois da Desamortización e foi recuperada en 1954. En canto a Mugardos, as autoridades deixaron de celebralo durante a II República, recuperándose despois da Guerra Civil.

Os que nunca deixaron de asistir a Chanteiro, o martes de Pentecostés, foron as xentes das diversas aldeas da comarca, que continuaron coa devoción á Virxe milagrosa, nunha tradición que xa cumpriu máis de 600 anos. Na actualidade o día do Voto de Chanteiro, é festa local en Ares e Mugardos.

https://concellodeares.gal/ares-mitoloxico/

 

LETRAS GALEGAS 2024

maio 01, 2024

VÍSTELO MAIO?

 

abril 22, 2024

DÍA DO LIBRO 2024