xaneiro 31, 2011

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

"...NUNCA EXISTIU UNHA BOA GUERRA, NIN TAMPOUCO UNHA MALA PAZ" ( B.FRANKLYN)

decembro 31, 2010

BO NADAL

¡Feliz, feliz Navidad, la que hace que nos acordemos de las ilusiones de nuestra infancia, le recuerde al abuelo las alegrías de su juventud, y le transporte al viajero a su chimenea y a su dulce hogar! (Charles Dickens)

decembro 23, 2010

HISTORIAS EN NADAL...

...PARA LER E AGASALLAR.

decembro 15, 2010

CONCURSO: PERO...DE QUEN ESTAMOS A FALAR?

Aquí temos xa reunidas todas as pistas que ó longo da semana foron aparecendo na entrada da biblioteca.Xunta todos os datos e cubre a ficha do concurso e deposítaa no buzón.
MOITA SORTE.

PISTA 1.- NIN POR SANTOS NIN POLO SAN XULIÁN, SO APARECE POLO NADAL.
PISTA 2- PARA UN AGASALLO RECIBIR UNHA CARTA TERÁS QUE ESCRIBIR.
PISTA 3- É GRANDE E BONACHÓN E VAI TIZNADO COMO O CARBÓN.
PISTA 4- GÚSTALLE VIVIR NO INTERIOR, AS SERRAS DO CEBREIRO E O COUREL SON O MELLOR.
PISTA5- O 31, FIN DE ANO, APÁLPANOS A BARRIGA A CAMBIO DUN AGASALLO.
PISTA 6- SE AINDA NON SABES QUEN É SERÍA BO QUE VISITASES ESTA WEB http://es.wikipedia.org/wiki/Apalpador

NADAL NO MUNDO

" - ... e o 31 de decembro todo o mundo remata o ano comendo as doce uvas?
- Todo o mundo? Estás seguro?
Con esta pequena discusión chegaron á biblioteca os nenos e as nenas de sexto.Querían saber como se despide o ano nas distintas partes do mundo.E aquí estiveron varias sesións buscando información para logo elaborar un precioso mural que podes ver a partir de hoxe na biblioteca.




Create your own video slideshow at animoto.com.

decembro 02, 2010

SE TES UN MALTRATO, MALTRÁTANTE

O noivo de dona Rata

era un rato moi galante,

levaba un cordón na pata

e un chaquetón elegante.

Cando xa levaban meses

e estaban comprometidos

ela puxo un traxe verde

e el retorceu o fociño.

como sen dar importancia

díxolle:non poñas iso!!!

ela creu que era confianza

e foi...e caso lle fixo!

Máis tarde, nun frío día,

berroulle el por pintarse,
...
Sucédense a chantaxes,

as ameazas, as queixas...

a rata quere marchar

pero o rato non a deixa.
...

Fragmento do poema de Azucena Arias




novembro 08, 2010

KONRAD OU O NENO QUE SAIU DUNHA LATA DE CONSERVAS

“ El muchacho salió de la lata de conservas y entregó un sobre azul claro a la señora Bartolotti. La señora Bartolotti tomó el sobre, que era de plástico con sus bordes soldados herméticamente. Impreso en letras negras ponía: DOCUMENTOS. La señora Bartolotti cogió las tijeras de cortar cebolletas y rasgó el sobre por la línea de puntos. En el sobre había una partida de bautismo, un documento de ciudadanía y algunos certificados de vacunación. En la partida de bautismo decía: Padre: Konrad August Bartolotti Madre: Berti Bartolotti Nacido el: 23-10-1967 Lugar de nacimiento: desconocido”. ( Christine Nöstlinger, "Konrad, o el niño que salió de una lata de conservas" )
Os nenos e nenas de cuarto, quinto e sexto irán ó próximo martes ao Auditorio Municipal de Narón que acolle a representación de “Konrad, ou o neno que saíu dunha lata de conservas” da man de Sarabela Teatro e baseada na obra da escritora austriaca Christine Nöstlinger .
Trátase dunha comedia infantil, con sesenta minutos de duración, dirixida por Ánxeles Cuña Bóveda e interpretada por Elena Seijo, Sabela Gago, Fernando Dacosta, Tito R. Asorey e Nate Borrajo. Na mesma cóntase a historia da señora Bartolotti que un día recibe por correo un fillo de sete anos chamado Konrad, que sae dunha lata de conservas. Nesta obra cóntase con moito humor as emocionantes e divertidas situacións na que se ve envolta a señora Bartolotti pola presenza deste neno e cómo o defende cando se descobre que houbo unha equivocación e o envío non era para ela.

novembro 02, 2010

CONTOS DE MEDOS

"... Lo primero que haría, desde luego, sería sentarse sobre su pecho, para producirles la sensación asfixiante de una pesadilla...y al final se despojaría de la mortaja, arrastrándose por el cuarto con sus blancos huesos descoloridos y un ojo dando vueltas en su órbita..." (Óscar Wilde,"El fantasma de Canterville).
NORABOA!!!! a todos os participantes neste concurso de contos de medo e unha "noraboa especial" ós contos que todos vós escollíchedes como os mellores das vosas clases : "A clase escura" de Sofía de terceiro;"A lenda do neno tolo" de Jere de cuarto;"O maníaco" de Christian R. de quinto e "O monstro de ácido" de Carlos de sexto.
Aquí tedes os contos gañadores; os demáis podedes lelos na biblioteca do cole. Feliz e terrorífico Samaín.






Create your own video slideshow at animoto.com.











outubro 31, 2010

SAMAIN 2010

Create your own video slideshow at animoto.com.

outubro 10, 2010

CELEBRACIÓN DOS ACTOS DO CENTENARIO

TEATRO...




Create your own video slideshow at animoto.com.



EXPOSICIÓNS




Create your own video slideshow at animoto.com.



E... FESTA,UNHA GRAN FESTA.




Create your own video slideshow at animoto.com.